La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

Categoría: Ofertas, cursos e demais propostas

18 Mayo 2008

Traballo de directivos

Aquí deixo unhas ofertas de traballo interesantes... Estas campañas de publicidade estilo Aficionado Profesional gustanme.

servido por Pontevedra 1 comentario compártelo

11 Febrero 2008

Programa "Primavera Activa"

Como non teño moito tempo corto e pego a información e deixo o link por se vos interesa:

É un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo.

Poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da súa participación. A asignación de cuartos será a libre disposición.

Meses de Marzo, Abril e Maio.

O programa inclúe:

· Aloxamento en casas de turismo rural.

·Manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, xantar e cea, domingo: almorzo). ·Transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado.

· Programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas)

O desprazamento ata as casas de turismo rural o día de incorporación e o día de abandono da actividade será por conta dos participantes. Durante o programa, os desprazamentos do sábado realizaranse por conta da organización do programa.

A incorporación realizarase o venres pola tarde e o abandono da actividade o domingo antes de xantar.

60 € por praza. Os posuidores do carné xove Euro <26 e do carné Máis (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%.

Os interesados neste programa poderán facer a reserva da súa praza mediante chamada telefónica, a partir do 11 de febreiro, aos números que aparecen relacionados neste folleto para cada unha das opcións, en horario de 9 a 14 horas, todos os días laborables agás os sábados.

O número máximo de prazas que se poderán reservar por cada chamada telefónica será de dúas.

servido por Pontevedra 1 comentario compártelo

7 Febrero 2008

De concursos para diversos festivais


Recentemente (e se foi aí tempo, é o mesmo) abríase o prazo para presentar distintos materiais a dous dos festivais máis sobranceiros que temos en Galicia. Por unha banda o Festival de Cans e, pola outra, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira. Como non me aparece moito escribir, deixo as ligazóns para que os que esteades interesados lle botedes un ollo. No de Ortigueira é para presentar posibles carteis para o certame (adaptable ás campañas de publicidade exterior e todo o merchandising da cita) e no de Cans son documentais e videoclips de grupos galegos ou música de autores galegos.

Hala, xa podedes sacar a pasear a vosa creatividade para que despois poda presumir e dicir: anda, levas unha camiseta co logo que fixo un amigo meu.

Saúde.

Mighelinho

servido por Pontevedra sin comentarios compártelo

28 Noviembre 2007

Programa Leonardo Da Vinci Movilidad

35 becas de 12 semanas de duración para formación profesional de jóvenes titulados universitarios. Las prácticas se realizarán en sectores de turismo ecológico, agricultura biológica y desarrollo sostenible y estarán distribuidas en Portugal, Italia, Malta, Polonia y Reino Unido.

Los candidatos deberán tener los siguientes requisitos:
1) Licenciados/diplomados en los últimos 3 años, en las especialidades arriba descritas y estar in situación de desempleo o no haber trabajado más de 1 año en este sector y tener una edad entre 20 y 30 años.
2) Tener un buen conocimiento de alguna de las siguientes lenguas: inglés, portugués, italiano o polaco.
3) Residir en Galicia o ser gallego.
4) No haber participado en el Programa Leonardo Da Vinci.

COSTES CUBIERTOS POR LA BOLSA
1. Gastos de viaje y manutención: hasta un máximo de 450 €
2. Gastos de seguro de responsabilidad civil y cobertura laboral.
3. Preparación lingüística, cultural y pedagógica en España o en el país de destino.
4. Soporte organizacional en España y en el extranjero.
5. Certificado Europass.
6. Gastos de alojamiento (pago de alquiler, agua, luz, gas) para las 12 semanas, gestionado por los entes transnacionales del proyecto.

Periodo de inscripción: hasta el 15 de diciembre de 2007
Periodo de selección: diciembre 2007
Periodo de estancia en el extranjero: salida en enero 2008

+info

servido por Pontevedra 6 comentarios compártelo

5 Septiembre 2007

Interesantes préstamos para facer másters

O Goberno, a través do seu Ministeria de Educación e Ciencia, vén de poñer en marcha uns préstamos moi interesantes, para que todos os acabados de licenciar poidan facer o máster dos seus sonos. Parece ser que están tendo unha gran acollida entre o estudantado.

Trátase de préstamos de ata 22.800 euros sen ningún tipo de interés, cos que os estudantes poderán financiar estudios de máster oficiais que só se devolverán cando o beneficiario supere os 22.000 euros anuais de renda anual (creo que bruta). E creo que esta devolución poderíase facer a prazos. Se en quince anos, o beneficiario non supera esta cantidade de renda, a obriga de reintegrar os cartos extinguiríase e pasaría a asumila o estado. Hai lanzada unha importante campaña publicitaria, así que aínda que tentarán que entren todos os demandante, creo que, en principio, hai establecido un presuposto a partir do cal non se concederán máis préstamos. Digo esto, por se alguén está interesado en pedir un destes préstamos.

Podédesvos informar a fondo destes préstamos na páxina do Ministerio de Educación e Ciencia.

Saúde.
Mighelinho

servido por Pontevedra 1 comentario compártelo

7 Julio 2007

A Toda Mecha_Curtas Express (Festival On&Off Ribadeo: do 1 ao 5 de agosto)

Como non me apetece escribir gran cousa, aquí vos deixo unha información que atopei toda. Corto e pego e arranxo só poñendo os espazos. Seguro que algún pode estar interesado. Podedes vir pasar unhas pequenas vacacións pola fermosa Mariña Luguesa, aínda que esto sexa en Ribadeo (Asturias, vamos).


A Toda Mecha _Curtas Express

Proxecto aberto de Produción de Dixital

IDEA MR MISTO FILMS coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia pon en práctica o segundo proxecto de produción dixital e independente de Galicia.
No marco do Festival ON & OFF que organiza MR MISTO FILMS na localidade lucense de Ribadeo, desenvolverase un proxecto de produción orientado á gravación instantánea de curtametraxes.
A toda mecha – Curtas exprés representa un proxecto de produción conxunta no que a organización pretende poñer ó dispor de mozos creadores todos os elementos precisos para a gravación e produción de varias curtas.
Desde o material técnico ata mesmo a intendencia, a organización poñerá todos os medios necesarios para o bo fin dos proxectos seleccionados na súa gravación e produción.
No marco da celebración do III Festival On & Off, preténdese que Ribadeo se converta nun plató xigante
no que producir varias curtas dixitais.

BASES DE PARTICIPACIÓN

1.Obxetivo

Curtas exprés

O obxectivo dos grupos participantes debe ser a creación instantánea de curtametraxes. Búscanse novos
talentos premiando a rapidez e o orixinalidade das obras. De tódolos xeitos, preténdese sacar o
audiovisual á rúa fomentando a participación cidadá, premiando as rodaxes en exteriores

2. Datas e horarios

1, 2, 3 e 4 de agosto

Dende o mércores 1 de agosto ás 00:00 horas, no que se dará a saída á gravación, ata o sábado 4 de
agosto ás 12:00, que rematará o prazo, os grupos participantes deberán guionizar, gravar e montar as
súas curtametraxes nun máximo de 60 horas.

3. Seleción

20 proxectos de curtametraxe

Selecionaránse un máximo de 20 proxectos de curtametraxe.
A duración das pezas debe ser inferior a 5 minutos (sen créditos).
O proceso de seleción levarase a xeito mediante o envío por parte dos participantes dun guión previo.
Este guión deberá estar aberto ós condicionantes que se entregarán o día de inicio do concurso.
Poderán participar creadores individuais non profesionais, con proxectos en galego, sempre e cando non
representen a ningunha empresa audiovisual.

4. Prazos

25 de xullo

O prazo para inscribirse remata o día 25 de xullo, cando se selecionarán os 15 primeiros proxectos. Os 5
restantes daranse a coñecer no momento da inaguración e a saída das gravacións, o mércores 1 de
agosto ás 00:00 horas.

5. Condicións

Horarios e condicionantes

Tódolos participantes deberán gravar e editar as súas obras nun prazo máximo de 60 horas dende o
comezo da actividade.
A organización entregará ós participantes unha serie de condicionantes en sobre pechado para a
gravación das súas respectivas curtametraxes no momento do inicio do concurso, con motivo de incidir
na imparcialidade das gravacións.
Estes condicionantes refírense ós seguintes aspectos: 1 elemento de atrezzo + 1 localización.
Igualmente fárase entrega dunha cinta de vídeo DV onde deberán grabar e editar as súas curtametraxes.

6. Material técnico

Equipo propio/ equipo compartido

Os grupos seleccionados poderán optar por dúas modalidades:
A- Traballar cos seus propios equipos.
A organización porá a disposición dos participantes un centro de produción onde preparar, gardar e
montar os propios equipos de gravación e edición1.
B- Traballar con equipos cedidos pola organización.
A organización porá a disposición dos participantes un centro de produción onde se poderán solicitar e
empregar os medios técnicos2 cedidos pola organización.
O emprego destes equipos estará suxeito a uns horarios compartidos ós que os grupos participantes
deberán amoldarse.

7. Intendencia

Comida e durmida

A intendencia será levada a cargo da organización, poñendo a disposición dos participantes a tradicional
Escola, habilitada a modo de albergue para durmir durante os días que se precisen.
Tódolos grupos disporán tamén dunha comida ó día, que se realizará dentro dos horarios establecidos na
mesma escola, habilitada para elo.
A organización terá unha oficina de produción para a resolución de dúbidas e consultas os días que dure
o Certame, así como persoal de produción para axudar e resolver cuestións das rodaxes.

8. Premios xurado

3000 €

O sábado 4 de agosto celebrarase a gala de entrega de premios do Festival ON Off.
Tódolas curtametraxes creadas poderanse visionar durante esta gala, e o finalizar terá lugar a
deliberación do xurado e a entrega de premios.
Establécese un único premio do xurado de 3000 € á Mellor Curtametraxe A Toda Mecha – Curtas
Expréss. A organización designará un xurado, formado por profesionais do sector que serán os
encargados de nomear á mellor peza audiovisual do Festival On Off.
O fallo do xurado será inapelable.

9. Participación

Ficha de inscrición + guión

Para poder participar os aspirantes deberán facilitar a seguinte información:

Ficha de inscripción
Guión previo da curtametraxe (non debe superar os 5 minutos de duración)
1 Documentos anexos: centro de produción
2 Documentos anexos: material técnico
10. Envíos e información
Direcións de contacto

Toda a información para aseleción deberá remitirse á seguinte direción:
Por correo postal:
Mr Misto Films
ON & OFF 3_ A TODA MECHA, CURTAS EXPRES
Avd Alcalde Electo Carballo
25 A_15189_ Culleredo
A Coruña (Galicia - Spain)

Por correo electrónico:
ASUNTO: A TODA MECHA, CURTAS EXPRES
Cont: info@mrmisto.com – producion@mrmisto.com
Para calquer información ou aclaración
Teléfonos de contacto:
+0034 981 667 665
+0034 986 189 496

11. Normas de participación

A produción das curtametraxes recaerá en todo caso nos grupos participantes.
Os directores e guionistas das obras selecionadas autorizan á organización o emprego de imaxes
gravadas para a súa explotación en calquera canle de distribución e exhibición.
A organización levará os gastos que ocasionen estas explotacións e a súa posterior distribución.
Tódolos participantes polo feito de selo aceptan estas bases así como a resolución da organización de
calquera problema non recollido nestas bases.

O que estea interesado en inscribirse que me avise que lle mando o pdf onde ven o anexo coa ficha de inscrición, ou que o busque na páxina de Mr. Misto Films.

Aquí vos queda unha creación do ano pasado.

Saúde.

Mighelinho

servido por Pontevedra 2 comentarios compártelo

14 Junio 2007

Concertos de verán en Galicia.

Xa que algúns habitantes desta comuna saben da existencia do meu blog particular, gustaríame -se me permitides e non vos parece mal- seguir facéndolle un pouco de publicidade neste noso blog comúne abrilo a todos aqueles que non tedes mensamanía.

Para elo, aquí vos queda unha ligazón a el, na que podedes atopar unha serie de concertos, que creo que para algún pode ser de interés.

Saúde.

servido por Pontevedra 1 comentario compártelo

31 Mayo 2007

Volve Mensamanía

Como sei que por aquí pulula algún que outro mensamaníaco, aquí vos queda o aviso para que lle saquedes o maior rendemento.

Dende mañá 1 de xuño ata o 31 de xullo, poderedes ter 100 sms e outros tantos mms "gratis" ao día. O custo da activación é de 9€ (10,44 IVA inc., que ponna letra pequena) e podédelo facer a través de tres vías:
- Mensaxe gratuita ao 136, no que debedes poñer MM ON.
- Chamando, tamén gratuitamente, ao 136.
- Entrando en www.vodafone.es, dentro de Mi Vodafone.

Así que xa sabedes. Por certo, para ir testando a xente que o vai facer e ver se me compensa, quen se vai apuntar desta vez?

Saúde!

servido por Pontevedra sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera