Queren trasladar o botellón do Campillo

Foto: La Voz de Galicia.
Parece ser que cada vez se está tomando máis en serio a idea de reformar o Campillo de Pontevedra. Ese sitio mítico no que moitos dos que pululamos por este blog temos pasado bos e malos momentos, situacións simpáticas, outras non tanto, incluso frío en moitas noites, etc, etc.
Esta un pequeno resume dunha nova que aparecía na edición dixital da Voz de Galicia. A verdade é que entendo e paréceme lóxico que queiran recuperar esa zona, porque ten que ser moi desagradable ir a misa os domingos, por moito que a limpan antes de que a xente que asiste aos oficios relixiosos entre. Incluso, para os máis novos, xa que o pequeno parque que hai no Campillo sempre sufre algún que outro golpe despois das noites de botellón. Eu se tivese fillos, pensaríame, e moito, levar aos meus fillos a aquel parque, porque moi facilmente podería atopar cristais e outros obxetos que prefiro pensar que nunca se tiveran atopado, pero que mete que si que ocorreu algunha vez.
Non sei, se cadra me estou volvendo conservador, pero penso que é loxico e esperable que eso se fixera e se tente eliminar o botellón daquela zona. A pregunta é, se finalmente se leva a cabo esta reformar, a onde irá o botellón de Pontevedra? Pregunta complicada, non se me ocorren moitos sitios no centro onde se poida facer como se facía no Campillo. Aínda que bueno, vendo unha das novas relacionadas coa principal fálase da Alameda, que si que sería un sitio bastante axeitado (dios, estou quedando como un puto borracho, pero estou seguro de que todos vedes coma mín o fenómeno do botellón, unha reunión de amigos para charlar, ejem...) e do Recinto Feiral. Eu pensara en toda a zona dos institutos, campus, pavillón e recinto feiral, pero como dicía antes, non as incluía porque estaba pensando no casco urbano.
Saúde.
Mighelinho

