Supoño que a maioría xa sodes conscientes desto, pero aproveitando que por aquí hai algún que outro proxecto de xornalista, gustaríame recordar o necesario que é, en moitas ocasións contrastar as informacións. Quero recalcar o de contrastar porque a maioría das veces non se fai. E, aínda que pareza mentira, sobre todo en medios, chamémoslle, grandes. Entendo que sempre se traballa a mil por hora, hai que dar a exclusiva para vender máis (esto é unha pena, pero bueno, vén sendo o que hai), pero hai meteduras de pata que un non pode aturar. Chamade quisquilloso, pero as informacións sobre o lugar onde se atopa a casa onde finou Luciano Pavarotti eran de broma. E o peor é quea maioría dos medios copiaron da mesma fonte e todos a"cagaron" vilmente (permítaseme a expresión).Deixo constancia duns exemplos.
Diario La República de Perú:
El reconocido cantante de ópera Luciano Pavarotti falleció hoy a los 71 años a causa de un cáncer de páncreas en su casa de la región de Toscana, informó su representante, Terry Robson.
Cadena SER:
El conocido tenor italiano Luciano Pavarotti falleció hoy a los 71 años de un cáncer de páncreas en su casa de la región de Toscana, según informó su representante, Terry Robson.
Wikio.es:
El tenor italiano, considerado uno de los mejores de su generación, ha muerto a los 71 años en su casa de la Toscana.
Actualidad Terra: Arteta mostró su "tristeza enorme" ante la pérdida de Pavarotti, que falleció hoy a los 71 años de edad en su casa de la Toscana.
El Mundo: Luciano Pavarotti falleció el 6 de septiembre a los 71 años en su casa de la Toscana italiana, tras sufrir un cáncer de páncreas detectado en 2006.
Univisión: Luciano Pavarotti falleció en su casa de Toscana la madrugada del jueves 5 de septiembre, según ha confirmado su representante, Terri Robson.
etimes.com: Muere a los 71 años en su casa de la Toscana. Sufría un cáncer de páncreas. El tenor italiano italiano Luciano Pavarotti ha muerto a los 71 años en su casa de la Toscana de un cáncer de páncreas, según ha confirmado su representante, Terri Robson. Chilevision: De luto se encuentra el mundo del espectáculo, por muerte de Luciano Pavarotti a los 71 años de edad y víctima de un cáncer de páncreas, contra el cual estaba luchando desde el año pasado. Falleció acompañado de sus hijas en su casa en la Toscana, Italia. La Voz de Galicia: El conocido tenor italiano Luciano Pavarotti ha fallecido a los 71 años de un cáncer de páncreas en su casa de la región de Toscana, ha informado su representante, Terry Robson.
Noticias24.com: El tenor italiano italiano Luciano Pavarotti, considerado uno de los mejores de su generación,ha muerto a los 71 años en su casa de Modena, según ha confirmado su representante esta madrugada en Italia. Ayer se informó que su estado era gravísimo.
A Galega tamén informou nos mesmos termos, xa que foi o primeiro sitio onde escoitei e vin a metedura de pata dunha persoa que fixo que medio mundo coloque Módena na Toscana.
Ben, como a maioría saberedes, Pavarotti morreu na súa casa de Módena, que está na rexión da Emilia-Romagna(Módena, Bologna, Parma, Ravenna, Rimini,...) e non na Toscana (onde están as cidades de Pisa, Firenze, Siena,...), como se vén dicindo. O máis simpático de todo é que a maioría dos medios aínda non se deron conta do erro. Que importante é contrastar a información. Algunha información incluso (agora non a din atopado) rizou o rizo e puxo Toscana na entradilla e Emilia-Romagna no texto. Si me gustaría botar unha lanza en favor de El Progreso, que a pesar de non ter enviados especiais polo mundo adiante, si soubo colocar Módena na rexión que lle corresponde (na edición impresa, porque na dixital tamén se apresuraron a situala onde non era). Ben por eles.
Esta entrada, se cadra, non ten moito que ver convosco. Máis ben vai dirixida aos meus compañeiros de aventura italiana. Pero como este noso blog naceu para que cada un fose contando as súas experiencias, tanto profesionais coma vitais, aquí vos deixo esto.
Custoume moito buscarlle un título. O de ci vediamo presto vai dirixido tanto a Italia como aos meus compañeiros de travesía, os que me axudaron e aguantaron estes tres meses.
20 de abril do 2007 12:20 horas
Sobrevoamos o Mar di Liguria e o ceo de Portofino (si, Santi, quello luogo que te piace tanto). Gustaríame botar unha cabezada porque sei que o necesito, logo da despedida desta noite pasada e do pouco que durmín. Mais, non sei o porqué, pero non podo. Se cadra, os recordos, as ganas de seguir en Firenze... Non sei. Supoñíame e sabía que hoxe sería un día de moitos sentimentos. Sentimentos encontrados. Por unha banda de –xa- saudade do que deixo atrás e, por outra banda, de ganiñas de volver ver a familia, aos amigos, de regresar –en definitiva- á casa. Sen embargo, teño que admitir que chegado o momento , os primeiros
gánanlle aos segundos por bastante. Xamais o pensaría. Os que me coñecedes máis, sabedes da miña querencia especial polo meu pobo e Galicia en xeral. Mais é así. Creo que significa moito, e deixa ben ás claras cómo foi a etapa que pasei en Italia.
O tempo de espera no Aeroporto foi, ademais de aburrido (o avión retrasouse unha hora e cuarto, aínda recordo as palabras dunha que dicía que Meridiana destacaba pola súa puntualidade –seguro que si le esto se da conta que vai por ela), moi duro. E si, algo chorei. Aínda que creo que o cansazo e o seco que debo ter os ollos, conseguiron que non fose gran cousa. Agora semella que algunha bágoa volve arrimarse. Será o Tiziano que me pon sentimental.
Non sei, retorno a casa contento. Non, perdón, moi contento. A experiencia foi moi gratificante. Foron tres meses que pasaron moi rápido e de xeito moi intenso. Moitos momentos que non
esquecerei, moitas vivencias inesquecíbeis. Aprendín algo dun novo idioma, xa sei algo máis da cultura italiana, coñecín moitos lugares preciosos como “Cinque Terre”, cidades con encanto como Siena, decadentes (sic) como Genova, Arezzo onde la vita è bella, o Carnevale de Venecia e Viareggio, etc.Pero, sobre todo, quédome coa xente. De veras agardo que non perdamos o contacto. Sei que será difícil, máis... quén sabe. Sodes todos grandes, moi grandes!!!
Sinceramente, non me esperaba pasar e vivir todo o que vivín con vós. Foi incrible o ben que o pasamos, pero sobre todo o ben que nos levamos. Repítome, quédome con esto. Grazie a tutti. Chapeau!!! Me quito el sombrero.
Dos que compartiron piso comigo, que podo dicir que non saibades. Simplemente, ESPECTACULAR. Sodes a hostia (perdón), un auténtico espectáculo. Só me gustaría pedirvos perdón se, nalgún momento, me comportei mal ou fun un pouco cascarrabías (ou rosmón como vos gusta dicir). Sabedes que moitas veces non o facía con mala intención e só eran ganas de picar.
Botarei de menos esos despertares que me ofrecíades (esto último vai dirixido a Santi e Miguel). Que grandes eran os aires da Toscana. Tamén botarei de menos as chegadas da serata spagnola e os cantares de Bruno. Que grande é Grace Kelly, jeje.
E, por suposto, tamén botarei de menos á señora da casa. Aínda que estou seguro de que nos vai botar ela de menos, porque a tiñamos como unha auténtica reina. Ten que recoñecelo, jeje. E a Papu tamén xa a botamos de menos desde que marchou. Parece mentira, pero só pasaron dous meses dende aquela. O que eu dicía, pasaron rápido e moi intensamente.
En canto ás de Masaccio, pouco máis podo dicir. Gracias polas celebracións na vosa casa, gracias por hospedarnos tantas veces (sobre todo a algúns moitas veces, jeje) a pesar do pouco espacio, gracias pola vosa despedida... En fin, non quero pensar moito agora mesmo en todo o que fixemos, porque me volven asomar as bágoas. Nunca esquecerei esta outra comuna particular da miña vida. Levareivos sempre comigo. Siete Bravisimas!!!
Despois están as de Ricasoli. Non sei por qué, pero parece que pouco a pouco me van caendo mellor @s madrileñ@s, jeje. A vós tamén gracias polas festas na vosa casa, por deixarnos disfrutar da vosa terraza nas -xa- cálidas noites da Toscana, por compartir as vosas vistas do Duomo connosco. Pero, que queredes que vos diga, o mellor desa casa non son as vistas, senón le ragazze que habitan na camera doppia. Sodes grandes!!!
Non me quixera esquecer de Alberto e Celso. Con eles tamén pasamos bos momentos. Foron os nosos guías cando chegamos a Firenze e os que nos descubriron algún que outro sitio, tanto para saír como para ir de aperitivo, por exemplo. Foi unha pena que non coincidíramos máis tempo na cidade. E, sobre todo, que cando fúchedes a Eslovenia, nós aínda levabamos pouco tempo en Italia.
16:32.
Estas liñas xa as escribo dende o aereo que me leva á Coruña. Menuda odisea para chegar a tempo de coller o vó. Faláranme de que a T4 era grande, pero tanto non ma esperaba. Agora xa entendo como Iberia é das compañías que máis equipaxes perde.
Supoño que estarei xa atravesando ceo galego. Non hai terra como a nosa. Certo. Pero cada vez vexo máis claro que non tería inconvinte en pasar outros tres meses máis en Firenze. Iso si, seguro que a cousa non sería igual. Non sei porqué pero, sen querer ser reiterativo, penso que a xente tivo moito que ver no agradable que se me fixo a estancia. Grazie a tutti, di nuovo.
Non quero seguir pensando en todo o que deixo atrás (verdadeiramente estáseme facendo difícil facelo, imposible). Ragazzi fiorentini, estamos a 20 de abril. Nos vemos en los bares que dirían os Celtas Cortos. Próxima estación: Santakata. Non é un bar en si, pero seguro que as pintas están máis baratas que en Firenze. Claro que beber coa fachada de Santa Croce ás costas ou coa Cupola do Duomo enfronte non é o mesmo. Pero bueno, eso levareino gravado para sempre comigo. E a vós tamén. Sicuro. Ou madialeva que diríamos por Lugo.
Anuncian que poñamos os cintos que o aereo empeza a descender. Miña nai seguro que está contando os minutos para verme. Eu tamén o estou facendo, pero para dúas cousas. Primeiro, para ver a meus pais, e despois para que nos volvamos a xuntar todos.
PD: Xa pasaron uns cinco días desde que escribira esto. A verdade é que o fin de semana estiven bastante ocupado, pero ao mesmo tempo con bastante tempo só. Momentos nos que tiven moito tempo de pensar e, sobre todo, recordar. Por iso lles poñía nos sms que disfrutaran a tope ata o final dos días que lles restaban, que xa habería tempo despois de botar a mirada atrás. E máis vendo os anuncios de Fiat Bravo e da cancion esta de Grace Kelly que me conducen, rapidamente, á Via Pistoiese. A nostalxia empápame (sen pensar mal que vos coñezo).
Agora xa estou en Pontevedra dende onte, reencontrándome cos amigos daquí, cos meus compañeiros de piso, etc. E mañá non sei se darei abasto. Comentábao o outro día cunha das rapazas de Masaccio (Llou), vai ser simpático xuntarnos todos en Galicia. Bueno, faltarán dúas, pero algún día seguro que nos conseguimos xuntar todos.
Vai sendo hora de comezar a recoller os bártulos. O final desta travesía, desta experiencia, estase achegando. Será tempo de facer análise do vivido nestes trepidantes tres meses. Pero antes disto, haberá que tentar de exprimir ao máximo o tempo que me queda aquí. Eso foi o que tentamos facer no fin de semana da Pasqua.
Pasamos dous días fóra de Firenze visitando Genova -o sábado- e o Parque Nacional de "Le Cinque Terre ", na xornada dominical.
Entre medias, no inicio do camiño cara Génova, fixemos unha parada nas proximidades de Portofino , que podería ser considerado o Puerto Banús (Marbella) de Italia, aunque sen alcanzar os niveis da cidade andaluza.
A pena foi que non poidemos entrar ata esta pequena vila, xa que teñen o acceso limitado a vehículos. Só poden pasar os residentes e, cos nosos coches alugados non tiñamos esa opción. Así e todo quedámonos en Rapallo, San Michele e Santa Margherita, que tamén nos ofreceron a posibilidade de ollar unhas vistas ben fermosas e de desfrutar do mar. Logo de algo máis de dous meses e medio sen cheiralo -literalmente, botábase de menos. Só o poidera ollar, ao lonxe, na visita a Viareggio, nun auténtico día de cans.
Logo desta parada técnica proseguimos a nosa viaxe cara terras da Liguria e, máis concretamente, á súa capital: Genova .
Como ben saberedes, Genova compítese con outras cidades do mundo o privilexio de ser a cidade onde naceu o navegante Cristóbal Colón.
A verdade é que teño que recoñecer que me encantou a cidade e, sobre todo, o xeito no que está construída. Genova ábrese ao mar sobre distintas e escarpadas colinas. É un auténtico espectáculo. Ao igual que foi a nosa chegada á capital da Liguria.
Desembocamos na cidade totalmente perdidos. Un coche por un lado e o outro na outra punta, máis co mesmo obxetivo para ambos: atopar o máis rápido posible o albergue no que íamos facer noite. O coche no que viaxaba eu íao ter máis compricado, xa que ao pouco de entrar no que semellaba o centro da cidade, atopámonos cunha marabunta humana que saía de presenciar o partido da Sampdoria, o primeiro equipo de Calcio (fútbol para @s menos entendid@s) da cidade. Cada vez se poñían máis difíciles as cousas. Pero, que carall... que diríamos en Galicia. Estamos de vacacións e tomámolo con moita filosofía. Había que disfrutar e pouca xente pode presumir de chegar a Genova xusto cando os tifosi da Sampdoria saían do seu estadio, aló polas 5 da tarde, e que se deu a casualidade de ser en sábado porque se adiantaba a xornada ao ser Pasqua o domingo. Tamén era moita casualidade que tivéramos que coincidir co perdidos que andabamos.
Finalmente demos co albergue, non sin dar algún que outro rodeo. Menos mal que para o escondido que estaba, a xente aínda nos daba boas indicacións. Antes de chegar a el tivemos a ocasión de parar nunha especie de mirador no que sacamos unhas simpáticas fotos. Perdón por algunha delas que sei que saen desenfocadas.
Aquí está a presentación do novo xogador da "Samp", co marco incomparable da cidade de Genova de fondo. Os de Vigo non teñen nada que facer, nin que dicir, ante as pronunciadas costas da cidade xenovesa. Gánanlle de goleada.
E velaquí unha mostra do románticos que poden chegar a ser os italianos. A verdade é que esta pintada chegoume ao corazón.
Finalmente, esto era o que se podía ollar dende o noso albergue, co porto de Genova (un dos máis importantes do Mediterráneo ao fondo). A verdade é que estaba moi ben e, aínda que non se poida apreciar en toda a súa magnitude, a súa ubicación e as súas vistas eran impresionantes. E, por certo, o trato dado polas mulleres que estaban na recepción foi moitísimo mellor que dado polo rapaz, que estaba no de Firenze. Nin punto de comparación. Ademais de que se podía entrar a calquera hora da noite, xa que había un home facendo garda e abrindo a porta. E aínda pagamos 2 euros menos por testa.
Logo de deixar todo no "Ostello" fúmonos a coñecer a cidade de noite e, de paso, a testar o ambiente nocturno. Non estaba mal a cidade e tivemos a sorte de poñer coñecer os principais monumentos relixiosos, a pesar de que xa pasaban das 8 do serán. Aproveitamos que estaban coas misas especiais do Sábado Santo. Así foi que nos vimos ás 9 da noite na Igrexa da Nunziata de Genova, cantando e cunha vela na man encendida. Quen nolo ía dicir! A ceremonia merecía a pena e a igrexa era impresionante. Uns frescos marabillosos, pero había que seguir coñecendo a cidade. Despois pasámonos polo Duomo, onde tamén estaban coa vixilia do Sábado Santo.
As dúas fotografías seguintes correspóndense ao Duomo e á praza na que se facía o "botellón". Piazza di Ferrari, na que houbo unha monumental "rissa" (tángana), que mandou polo chan as brevaxes que estabamos saboreando. Que se lle vai facer. Hai xente que non sabe controlar as súas emocións.
O ambiente era interesante. Sen chegar ao que me teñen contando da noite de Bologna (ao mellor este sábado me toca descubrila), había bastante xente pola rúa. Iso si, os locais eran un pouco desconcertantes. Non había música en ningún e, nos que había, estaba moi baixa. Segundo nos comentaron, só se podía escoitar música en dúas discotecas diferentes e que estaban moi lonxe unha da outra. Algún tivo tempo de descubrilar unha, polo menos.
Ao día seguinte tocaba diana ben cediño. Máis que nada, porque ás 10 da mañá convídante amablemente a deixar libre a habitación. Así foi que nos erguimos e tomamos rumbo a La Spezia, para dende alí tomar o tren que nos conduciría ao Parque Nacional de Le Cinque Terre.
Só hai unha palabra que poida definir a beleza deste parque: INCRIBLE.
O parque divídese en cinco pobos (daí o de cinco terras) nos que cada un ten un castelo e un encanto particular. Os cinco están construídos sobre unha montaña que vai descender directamente á costa bañada polo Mediterráneo. Hai dúas posibilidades de recorrer os pobos. Ou ben collendo os trenes que pasan cada pouco tempo, ou ben facendo as rutas de sendeirismo a pe. Unhas son máis sinxelas que as outras. Nós fixemos dúas. A primeira delas foi bastante dura, xa que é de estilo treking. Era un quilómetro e medio que tardamos unhas dúas horas en recorrer. O outro xa o fixemos de noite. Trátase da "Via dell'Amore". Moito máis doado que o anterior, correspóndese a un quilómetro que se fai en menos de media hora.
Esta é unha pequena mostra do que se podía ollar dende os sendeiros.
Aquí nos tedes facendo un esforzo case sobrehumano. Despois de dous meses e pico sen facer, practicamente, deporte fíxose bastante duro. Ademais Lorenzo apretaba ben.
Este é, se cadra, o pobo máis bonito dos cinco que compoñen o parque natural. Chámase Vernazza.
E este foi o atardecer que nos ofreceu o Parque.
E esta é unha pequena vendetta (vinganza), jeje. Sen acritude, Santi.
Esta é unha pequena crónica do fin de semana que pasamos por terras de Liguria. Agardo que vos gusten as fotos.
Como a maioría de vós xa saberedes, esta semana pasada, boa parte da "troupe" que compón esta comuna, andivo facendo as Italias.
Logo de visitar e coñecer Roma, desplazáronse a Firenze a facerme unha visita. Agardo que, de verdade o pasarades ben, durante o tempo que durou a vosa estancia aquí. Sinto enormemente o tervos feito durmir nun albergue a primeira noite e gustaríame pedirvos desculpas novamente. Pero supoño que entenderíades que a situación non me deixaba outra opción máis.
Polo demais, non sei se o mostrei ou non, pero certamente fíxome moita ilusión a vosa visita. Se cadra o tema da casa non me permitiu disfrutar ao cen por cen da vosa presencia en terras da Toscana, pero penso que ao final non estivo tan mal, tendo en conta que viñéchedes nunha das peores épocas do ano (cando máis xente hai en Firenze) e nun fin de semana.
Aquí quedan algunhas fotos máis. Se queredes agregar das que teñades vós, sabedes que non hai problema ningún.
Aquí tedes outra foto (ao igual que a que encabeza esta entrada) tomada na vila de Fiesole, dende onde se poden observar unhas fermosas vistas de toda Firenze e os pobos que a circundan (Prato, Sesto Fiorentino, etc.).
Reposando nas escaleiras do Duomo, mezclados entre americanos, franceses, japoneses, marroquinos, españois, italianos (os menos), etc.
Unha foto no entrañable Porcellino, no que Hannibal se lava as mans despois dun dos seus asasinatos.
Comentarvos que algún dos "turistas" non consigueu levar a cabo a tradición de meter a moeda, que se deixa caer dende a boca do "animal", ata o terceiro intento. Seica di a lenda, que é sinónimo de que non voltará a Firenze. O tempo falará.
E por último a imaxe que nos ofreceu o Palazzo Vecchio (na fermosa Piazza della Signoria) na noite do domingo. No balcón do Palazzio no que ondean tres bandeiras (a europa, a italiana e a do Comune di Firenze), foi onde colgou as vísceras Hannibal na última secuela (Hannibal Rising). Penso, xa que eu no tema cinematográfico falo totalmente de oídas.
Saúde.
Mighelinho.
PS: A ver se os que me visitaron ou estiveron en Firenze se acordan dalgunha imaxe que sae neste vídeo.
Seguindo co meu peregrinar por lugares singulares da Toscana, onte visitaba Arezzo .
Arezzo é a cidade que serviu de escenario natural para a película "La Vita è Bella" de Roberto Benigni . O propio Benigni é de Misericordia, unha vila cercana a Arezzo.
A verdade é que Arezzo me gustou moito. Era bela, e máis tendo en conta o día que facía onte.
Nós fumos facendo, máis ou menos, o recorrido das prazas e zonas onde se gravou o filme. Aquí vos quedan unhas fotos. Agora mesmo non teño moitas, porque aínda non as descargamos todas. Cando as teña xa volas colgarei.
Esa cousa que se ve detrás da fonte son eu. Asegúrovolo.
E como podedes ver, ademais de seguir o rastro de "La Vita è bella" tamén houbo tempo para facer un pouco o parvo.
Saúde.
Mighelinho.
PD: Aquí vos deixo o que máis está sonando de Tiziano Ferro neste último mes. É o seu último éxito. Ollo para aqueles máis románticos, que é un vídeoclip moi bonito.
Aquí vos queda unha pequena selección de spots italiano. Grande Gattuso e grande Totti. Como algúns xa saberedes, en Italia os chistes de Lepe fanos aplicados ao xogador da Roma (Totti para @s non entendid@s)
Aquí vai o último que sacaron. Que grande é Gattuso cos bimbi.
Sube a temperatura con Galifarc (perdón, con Paris Hilton).
Seguindo coa aventura italiana, onte dei un paso máis e fixen a última tolemia: deixar que un compañeiro de piso me cortase o pelo. Ao final o resultado non foi tan malo. Ao contrario, a relación calidade/prezo non estivo nada mal. Aquí vos queda constancia con fotos. Nunca tan corto tiven o pelo na miña vida.
Xa vedes. Finalmente o resultado non foi moi malo. E non vexas que frescas tiña hoxe as ideas, co calor que está indo por aquí estes días (20ºC hoxe). Iso si, din que para a semana volta o frío.
Por certo, podedes confíar nos perruqueiros de Pontevedra. Hainos bos, tanto profesionais coma amateurs. O rapaz (Bruno) que mo cortou é pontevedrés.
Aquí vos deixo unha mostra da pubblicità italiana. Ao igual que a televisión, é profundamente machista. Alguén pensaba que máis ca española non se podía ser? Trabúcase. É posible.
Unha cubana aquí é o mesmo que en España. O que si cambia é o francés que en Italia chámanlle española. Curiosidades da vida.
E non dou atopado dúas campañas que saíron hai pouco tempo. Unha aínda a vin hoxe por primeira vez e a outra non hai máis de dúas semanas que debeu saír. Desta segunda sei que alguén lle sacou o outro día unha foto, pero non a dou atopado. Máis adiante se a localizo xa a colgarei.
E, para compensar, aquí vos deixo esta que seguro que ás mulleres lles fai máis gracia.