La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

3 Julio 2006

moitas cousas que contar

Antes de nada, dicirvos que estou acaparando demasiado protagonismo, pero esto é como todo, o que non o queira ler que non o lea.

Cheguei onte por fin á que espero sexa a cidade onde triunfe, pq de momento nas outras dúas...E xa se puido entrever que, de triunfares, non será unha victoria fácil.

Primeiro instarvos a todos que, si algunha vez vindes a Madrid, o fagades con Auto Res. Non vos podedes imaxinar como o conductor amenizou a viaxe poñendo durante 6 horas da viaxe (dura 6 horas e 10 minutos aproximadamente) un cd con auténticos temazos. Primeiro durante máis ou menos unha hora púxonos o italiano este, non recordo o nome, que é cego, que canta ópera, si oh o de "que por ti, volare..."creo q Ana me dixo que se chamaba Andrea Boccelli... música caralluda pra durmir, se o pensas dende outro punto de vista, pero prefería que non puxese nada. Sen embargo, non sabedes que xiro dramático lle deu á viaxe ó poñer, dende Verín ou así, a máis variada colección endexamais vista polo home de reggaeton, pasteladas e música lixeira. Soaron auténticos éxitos e temazos como Pobre Diabla, Noche de travesura, Yo soy tu maestro, varias de OT, algún remix dance de superclásicos como o de Gloria esta que cantaba aló polos 70-80 creo que Albano. Incluso se atreveu a adiantar próximos éxitos nas pistas de baile como por exemplo unha canción cuxo título descoñezo pero, que o conter un ritmo tan pegadizo seguro que vos soa. A letra, cantada a ritmo cansino por un tía con acento cubano, viña a decir algo así como "ay no me des má na que me duele la pompona, ay no me des má na que me duele la pompona, ay dale por allá que descanse la pompona".Por favor se algún coñece o título que mo diga que ma quero descargar. Vaia temazo. Que será a pompona????...

Chegados aquí certar co piso, un xogo de nenos...menos mal que está Victoria...

O piso, moi céntrico, moi grande, non está nunha calle conflictiva, temos por veciñas as típicas vellas que son majísimas pq non deben ter netos e deben desexar ós rapaces do primeiro izquierda como tales...en principio un conto de hadas pero...o carallo e ver como teñen de descoidado estes o piso. Parece, e xuro que non estou esaxerando, que podo ser o máis ordenado de todos, e os que me coñecedes sabedes que non era precisamente un maniático da orde...Na cociña sempre hai cousas no fregadeiro sen lavar, a mesa esta cuberta de cousas tamén, o pasillo estaba sendo empregado como lugar onde deixar as maletas, a roupa pra secar..., no salón había vasos e cabichas que parecían estar alí dende hai anos... e menos mal que as súas habitacións vinas dende a porta. Non sei, non é cuestión de que eu me volvese escrupuloso, é cuestión de que parecen un pouco cochos...

Hoxe ademáis viñan dúas mexicanas que xunto co único rapaz dos anteriores ocupantes que se queda no vrau fan un total de tres mxicanos...tres mexicanos e un ourensan...vaia salsa jalisco... Supoño que acabarei un tanto marginado entre tanto pinche güey e hijo de la chingada. Xa era probable que me tivese que buscar outro piso polo precio que tiña este e todo iso, pero agora vendo como o teñen estes...con máis razón aínda.

Este parágrafo que ven a continuación endexamáis o lestes... Onte a noite escapóuseme algunha lagrimiña. Xa sei que parezo moi home, bueno e sono...XD...pero empecei a pensar en todo o que deixei atrás e claro...ademáis acordeime da miña nai. Non era exactamente unha sensación de querer volver correndo a casa pra meterme debaixo da súa saia, senón que me emocionei pensando en todo o que os meus pais fan, fixeron e farán por min... bueno xa vedes que dentro deste borde tamén hai un corazonciño... pero quen dixo que os homes non choran?? ahhh si, foi Miguel Bosé...

Pra rematar, e perdón polo tremendo coñazo que soltei pero comprenderedes que so primeiros días hai moito que contar. Hoxe tiña a intención de me levantar pra ir buscar choio a varios sitios...pero claro sen o curriculum impreso e sen buscar nos xornais, a que traballos podía optar sen ser de camareiro??? Así que iso fareino mañá que hoxe teño que mercar o devandito xornal, e facer a compra para os primeiros días...

Joder, ogallá nunca se acabase a vida de comodidade de Pontevedra... Que duro é ser Licenciado

marquinhos,

P.D.:por certo teño Internet pero non teño ordenador, así que coma si non tivese Internet. O que pasa e que de vez en cando, como agora podo ir ata á casa de Victoria pra conectarme. O que si teño son chamadas gratis a fixos. Se algún día queredes falar...

servido por Pontevedra 5 comentarios compártelo

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Ángela

Ángela dijo

Hola Marquinhos!!! Xa vexo que foi un duro comezo, polo do reggaeton e tal, pero xa verás como é o máis difícil que te atopas no camiño!!! Será unha 'victoria' doada :P A ver se ti atopas curro porque o que son eu... Olvídate!
Muaaaaaaka!

3 Julio 2006 | 09:03 PM

Yoli

Yoli dijo

Bienvenidooo marquinhos!!

Como me alegro que ya estés instalado y que todo haya empezado mas o menos con buen pié. Estoy aquí para lo que quieras, que no molestas en ningún momento. que sepas que no te he llamado hoy ni te he mandado un sms pq no quiero agobiarte ni presionarte para que quedes conmigo, cuando te apetezca, tengas tiempo o lo que sea, sabes que tienes una amiga aquí para lo que quieras.

Un besazo y suerte,

3 Julio 2006 | 10:10 PM

marquinhos

marquinhos dijo

ainda acabo de empezar a buscalo pero o do traballo...xa vos irei contando

4 Julio 2006 | 12:36 PM

marquinhos

marquinhos dijo

joder, xa tiña casi esquecido aquel temazo, e agora vai e entérome de q tamén ten versión remix... éche moito este reggaeton.

6 Abril 2007 | 03:09 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera