primeiros tumbos...
Venres 7 de xullo de 2006. Levo menos dunha semana aquí e podo dicir que, de momento, Madrid encántame. Non sei exactamente que é o que fai que estea tan a gusto. Na miña opinión penso que se trata dun cúmulo de circunstancias.
A cidade vive a un ritmo frenético. Alí onde vaias hai sempre xente. Sexa a hora q sexa, e case todo o mundo leva présa. Se colles o metro sempre hai xente subindo e baixando, en tódalas paradas. Da igual a hora. Polas aceras sempre hai xente, sempre cheas. A carretera o mesmo, os autobuses tamén. Os centros comerciais...TODO. Algúns non o soportarían xa o sei, e tanta xente resultaríalles un agobio. A min gústame. Supoño q iso vai na miña forma de ser.
Agora mesmo aínda non collín o ritmo ese, son unha illa entre tanta xente. Vou ó meu ritmo e non paro de descubrir cousas novas. A miúdo sorprendome a min mesmo observando a outra xente, vendo como andan acelerados dun lado a outro, sobre todo no metro. Será de momento pq non teño chollo, pero eso xa volo contarei máis adiante.
Supoño que así acabará un por convertirse nunha ovella dentro do rebaño... De momento penso q non o son, pq como xa vos dixen, non collín o "ritmo madrileño". Supoño q co tempo serei un máis. Un usuario máis de metro, un traballador máis, un residente de aluguer máis...en definitiva un número.
Pero de momento aínda non teño síntomas de nada diso. Penso que descubrín o segredo da felicidade, ou polo menos o meu xeito. Levántome todas as mañas de bo humor e intento q nada me cabree. Non é en plan falsedade, senon o de ver o lado bo das cousas. O q intento todas as mañás, e o tantas veces escoitado d "ir indo",cada día unha aventura, levantarse pola maña e pensar neso. Supoño q os primeiros días é máis fácil, e sobre todo aquí en Madrid. Pero descubrín que pensar a curto plazo fai q un viva de forma máis feliz. Quizas sone algo filosófico demais, pero de momento funcioname. En teoría cando estea traballando ou facendo cousas menos placenteiras, a mesma mentalidade pódeme funcionar. Pero eso é a teoría, xa vos irei contando si funciona...
De momento fun a dúas entrevistas de traballo pero resultaron ser da mesma empresa...Sería un chollo de comercial, vendendo a mítica máquina multifunción que fai un monte de caralladas...Xa me vexo estafando as velliñas polas casas...De momento non o descartei d todo pq non teño nada mellor pero unha das ideas q teño e botar o curriculum no corte ingles. Postos a timar fagámolo cunha empresa lider no sector. Ademáis pagan por 6 horas 800 euros...
Sonou tamén a posibilidade dunhas practicas remuneradas cunha beca (media xornada/600 euros semanais...)quen sabe aínda estou investigando.E sobre todo ocurriuseme unha idea xenial relacionada con Estrella Galicia, si como o oides. Pero deso non vos anticipo nada pq quero ver como me sae antes d contarvolo...
Noutra orde de cousas e traizoando ós meus principios, véxome falseando o curriculum. Imaxinadevos q pena da o meu curriculum, q máis ou menos será coma o voso, así q xa debedes saber q encontrar traballo serio relacionado coa carreira e sobre todo ben remunerado é moi difícil. A miña tía tuvo unha zapatería hai anos e o meu primo ten un taller, quen pode negar q fixen de comercial ou q traballei no departamento de ventas/ publicidade/ marketing... deses negocios???O q o queira demostrar q o faga con probas!!!!Ó mellor ata fixen fixen prácticas no Hotel de Turismo Rural da nai de Ana...
Esta é a realidade de Madrid e a competencia é jodida.
Ademáis d todo iso do traballo e de coñecer a cidade, q sinto contarvolo tan desordeado pero e q non teño moito tempo, tamén estou aprendendo a valerme por min mesmo. A verdade e q se sinte un realizado, pero ainda me quedan moitas cousas por aprender. Gran parte do mérito recae sobre Victoria, a miña moza, e Alex, un dos meus compañeiros de piso.
Por certo do piso non vos falei non?? Vivo con un mejicano, un gaditano e duas mejicanas...O gaditano é pijisimo, as mejicanas...puff..vaia cristo (e non me refiro a q esten boas ronie) non saben vivir no respeto por dicilo asi, e alex, o outro mejicano...pois estase portando d puta madre comigo, el e a súa moza. Ademáis estame a botar unha man co da cociña e asi fanseme as cousas mais faciles. A putada e q o outro dia esguinzou o tobillo enton non pode sair da casa...
Sintoo moito, lieime e ainda deixei moitas cousas por contar...Pero e q non paran d pasar cousas. Isto resulta bastante animado e novedoso. Xa vos contarei máis pero é que me fai falta máis tempo. Ademáis sáenme articulos desordenadisimos...bueno se polo menos vos entreteño doume por satisfeito.
Saúdos a todos,
marquinhos


Xabi dijo
como diría un que todos sabemos... "Salinas, porque la vida puede ser maravillosa!!!!!"
Ao marxe do pesado que poida caer, eu creo que desta vez ten razón, que a vida é maraBillosa, pero con B alta, con elegancia... porque so se vive unha vez!
Moita sorte na túa nova vida, Marcos!
8 Julio 2006 | 12:28 AM