Un mar de dúbidas
Medo me da escribir o meu primeiro artigo neste blog. Teño a impresión de que non vai respostar ao que se esperaba del. A verdade é que non sei por que se agarda tanto da miña primeira intervención. Sirva isto para avisarvos de que non vos esperedes nada especial.
E que queredes que vos conte...? A miña vida de becario non ten moita chicha, a verdade. Pola mañá levántome cedo para a época na que estamos. Ás 10:30 en punto diana con miña nai de despertador. Non falla un día, non teñades medo.
Almorzo e rapidamente para a piscina, previo paso polo quiosco para mercar a prensa e botarlle un primeiro vistazo para ver que se move, sobre todo, na comarca e no deporte (Mundial e máis Mundial, que remate xa por favor).
Chegado ao Complexo Deportivo Municipal machácome (tranquilos, é un falar) no ximnasio e na auga.
É un dos momentos que me serven para despexarme e pasar un bo rato. É totalmente certo o das propiedades terapéuticas da auga. No meu caso, sobre todo, para a cabeza que non me deixa de maquinar. Desconectas moi ben nela, anque costa.
Cando saio da piscina, toca comer e logo ler a prensa e ver un pouco a chamada caixa tonta (que cando se ten non se lle fai moito caso, pero cando falta, máis dun tírase dos pelos).
E a partir de aquí, a buscar algo que facer pola tarde. Se o día acompaña está solucionado: praia; pero senón é así a improvisar. Despois de tres días, por fin, xa quentaba o sol dende primeiras horas da mañá. O tempo de aquí é un gran aliado para as depresións. Menos mal que o tempo parece que comeza a acompañar.
E as noites sonche ben aburridas. Os meus amig@s o de ir tomar algo por aí pola noite hai tres anos que o abandonaron (de non ser os venres e sábados), así que a botar de menos -e moito- os seráns na Verdura.
Esta é a miña vida na actualidade. Son catro días. Foron bastante aburridos e algo difíciles de levar, pero pouco a pouco vai a situación a mellor e espero que o tempo que queda de verán non me defrauda. Custe o que custe teño pensado que sexa un gran verán. Aínda que non teña 100 anos, vou facer meu o eslogan de Estrella Galicia: un verán así só se vive cada cen anos.
Por algo decidín non presentarme (non fora ser que engañase e me colleran) ás probas da CRTVG que tiñan lugar hoxe en San Marcos. Cando falo con amigos e coñecidos e intercambiamos preguntas sobre como foi o curso, todo o mundo me di que "menudo verán te vas pasar", cando lles digo que só me queda esa de terceiro (tranquilos, aínda que me vai costar non vou insultar a esa muller que non merece nin ser nomeada). Así que tentarei de cumplir o que a xente me di.
En canto ao que nos ocupa neste blog, alégrome de que a todo o mundo lle vaia máis ou menos ben e vaiades tirando nas vosas novas actividades. É unha das cousas que máis me fan dubidar. Ver que todo o mundo está facendo algo, collendo experiencia e aprendendo cousas e eu nada, na casa, con papá e mamá. Pero bueno, supoño que tempo haberá. De aí ven o título do meu artigo. Todo mo cuestiono mil e unha veces, ata que parece que se me ven o mundo enriba. Ata hoxe comprando roupa, a tenor das veces que me preguntaba que camiseta escoller parecía que a miña vida dependia da elección. Non sei, imaxino que será polo que di Xabi: estás en cuarto de carreira.
Tamén me cuestiono case a cada momento, se a cidade do Lérez terá gardada unha nova oportunidade para min. Creo que estes días estame costando moito discernir entre o que é bo para min e o que me gustaría que pasase. É dicir, entre o que faría pensando coa cabeza e o que me dictaría o corazón. O segundo agora mesmo dime que ogallá para o ano estea en Pontevedra.
A verdade é que nunca pensei que fora dicir o seguinte, pero o Sur de Galiza e Pontevedra en particular acaboume por namorar este ano. E supoño que todos os que me acompañachedes algo (moito) teríades que ver. Outras preguntas que me fago son por que non coñecería antes o Lusco?, por que non sairía máis? por que non fun a festas como San Pepe, San Teleco, San Leandro, etc. ata terceiro? por que?, por que? Así se podería resumir a miña vida no tempo que vai dende o venres pasado. Xa pasou unha semana, quen o diría.
Pero o que si creo que recibe unha resposta afirmativa é se aproveitei este último ano. Puiden facer maís cousas, claro que si, pero penso que polo menos ao último cuadrimestre si que lle saquei xugo, a pesar do tempo que nos restou - como lle puxo Noelia- "a catro pelos" e o resto de traballos. Dende Febreiro foi intenso e gustaríame darvos as gracias a todos por colaborar en que foran cinco meses inesquecibles.
O mellor pistolezado de saída posible foi Túnez. Moi grande este país e o ambiente que se viviu na excursión. Aquí tiven o gusto de coñecer máis a fondo a xente coa que se ben tiña contacto, non era como con moitos de vós.
Carlos, agardo que cedo nos volvamos ver nunha pista de baile como en Túnez (mellor nunha nosa que non na "Locomotive") e tamén -por que non- pasando unha mañá como a do venres aquel. Buff, auténticos dromedarios pareciamos e a tunecina que tiña ganas de limpar a habitación.
Logo viñeron todas as festas de Pontevedra. Entre elas Santakata. Eu creo que este foi o comezo do fin. O momento en que todo o mundo acabou de ser consciente de que se acababa a carreira. Foi bastante rara a festa deste ano (ou mellor dito, como a vivín eu), pero non houbo queixa. Quedaban dous meses e había que aproveitalos, aínda que entre medias estivesen os exames.
Que vos vou contar que non saibades da seguinte. A cea de graduación. Mellor non dicir nada, porque creo que xa está todo dito.
E despois chegou o último xoves de catro anos. A verdade é que aquel xoves, que coincidiu coa cea da residencia, foi un auténtico baixón. Paseino mal aquel día, pero bueno prefiro quedarme coas últimas semanas despois dos exames. Dende o día do Karaoke, ata Ourense, pasando por Panxón. Simplemente ESPECTACULARES e o mellor colofón o último xoves no Lusco. Incrible. Como digo eu, está dentro do meu Top Five de Pontevedra. Non o esquecerei xamais. Por iso que Pontevedra me ofreza máis oportunidades. Gracias a todos.
PS: Perdón pola "rallada", pero supoño que mo saibades perdoar. A culpa é vosa pola insistencia.
É perdón porque os últimos parágrafos foron un pouco á presa. Estou nun ciber e teño un amigo que me está metendo presa insistentemente.
Un saúdo a tod@s de Mighelinho.


noe dijo
joooo!! eu non quero que te poñas tan melancólico!! ainda que pensas que os que estamos facendo prácticas xa non pensamos en nada non é así! eu ainda non sei se seguirei aquí despois destes meses de prácticas, non sei se me gusta e tampouco sei se aguantarei en casa outra vez!
Supoño que a todos nos sae esa "veniña" de ohhhh, Pontevedra.. eu tamen m arrepinto de non haber feito moitas mais cousas e de non sair mais! agora todo será difernte!!
códate moito!!!!!!!! 1 bikiño!
7 Julio 2006 | 11:59 AM