AMBICIONES . . . jijijiji!!!
É algo no que penso moito. E non é no Jesulín, tranquis! :P
No momento en que empecei a ter conciencia de publicitaria, comunicadora, profesional ejem... (é dicir, alá por principios do primeiro cuadrimestre de 3º) este tema comezou a ocupar parte das miñas reflexións.
Non me considero ambiciosa en absoluto. Porén, quero traballar nalgo que me guste, desenvolverme profesionalmente e obter resultados satisfactorios no que faga. Iste é o meu obxectivo principal.
Por outra parte, quero ter unha calidade de vida ... BOA, ou MOOOI BOOOOA, máis ben. Jeje! (Para muestra un botón, jajaja!!) Si é que vivimos 2 días ... e hai que aproveitalos!

Bueno, ao caso! Hoxe empecei en Adolfo Domínguez. Tou no departamento Produto_Complementos . O que fixen hoxe foi xestionar as existencias das tendas de España, Portugal e Francia. Bueno, so analicei o 5% das tendas :s ... A finalidade é mover o stock das tendas que venden pouco pa prover ás tendas con grandes ventas. Como a miña jefa di, unha muller elegantíiiiisima, solteira, dame a min, duns 40 anos e moi profesional (non comeu ata as 4 e media pq tiñan m8 traballo, nos momentos de menos choio explicábame o que podía, e fala un inglés perfeusto) trátase dunha cuestión de "dar e recibir" ejem ;) ... Un traballo arduo, aburrido e de bastante responsabilidade!! Non está moi relacionado con comunicación pero coooooomo somos multidisciplinaaaares!!! pois nada!!
Neste departamento tamén fan os books das coleccións, chaman aos proveedores (léase, asiáticos chungos que explotan aos chinitos), falan coas tendas pa solucionar problemas que se lle presenten coa distribución, etc. Sinceiramente, conformábame facendo os books (e non creo q esté moi difícil entrar aí, porque ... que pixeladas están as fotos e que pouco coidado está o diseño, mimá!!).
A onde quero chegar con esto é que cada vez estou máis segura de que non son ambiciosa (costoume discernir entre selo ou non e?!?!). Nunca me sacrificarei (en exceso, vamos!) por chegar a ser unha executiva de contas de McCann. Eso deixollo á Yoli, Marta e Marcos!!! Cada vez que me chega o boletín de Control Publicidad penso no momento en que aparezan as súas fotos na sección de 'nuevas incorporaciones' a grandes axencias jajaja!! Oxalá!!
Por certo, primeira anécdota no traballo. A disposición dos equipos de traballo é funcional a tope, como diría Dani (Martí), bueno el 'a tope' nunca o diría. Organízanse por funcións e polo tanto o departamento no que estou está situado xusto ao lado do departamento de diseño. Son mil diseñadores pero no medio de todos eles Adolfo é facilmente identificable, jaja! Como dixo a miña compañeira de mesa "é todo cellas e osos"!! Jajaja! Pois hoxe quedouse co torso ao descuberto pa probar unha camisa que sentaba mal. Case morro coa risa ... contida!! Menos mal que non tiña ao lado a Ana coa súa risa contaxiosa que se expande como a gripe aviar ... juas!!
Seguireivos contando!
BEIJINHOS
ÁNGELUS


uno que también "é todo ósos" dijo
los que somos 'todo huesos' nos sentimos ofendidos, que lo sepas
11 Julio 2006 | 12:07 AM