Mandatruco! Cantas voltas da a vida...
Como alma nocturna tantas veces descrito, aquí me encontro, as dúas e pico da maña, escribindo un artigo máis prá colección, e eso que mañá, ás 6 e pico da mañá, levántome pra ir buscar á boca de metro de Argüelles a dous excompañeiros de residencia que se deixan caer por Madrid (Susi e Ángel).Tocarán dous días de ruta con eles e eu, coma sempre, con poucas horas de sono encima.Tampouco pasa nada, con aguantar ata o viernes á tarde...
Ata o de agora, só me xurdiron máis postos de traballo relacionados coa miña teórica faceta de comercial. Eso de poñerlle boa cara á xente esteas do humor que esteas...Xa non se me da ben ser simpático aínda cando estou de bo humor...
O outro día unha entrevista de traballo co de recursos humanos dunha editorial que pertenece á editorial Planeta (EDP editores se chama).O sueldo, se todo fose tan fácil como o pintan estes, estaría sobre os 3000 euros mensuales de media( q en teoría si es bo chegarías ós 6000, ahhhh xa xa).Os horarios, coma todos os de comercial, unha merda.Non che deixan tempo pra nada máis.Ademáis, se fose o traballo da miña vida aínda, pero de comercial...Bueno o mellor de todo, e o que máis che fai desconfiar, é que en seguida me colleron, eso sí dixeron que tiña que vestir con traxe e corbata e cortar un "poco el pelito por aqui"(sinalando a media melena q me caracteriza). Xa tiñan dificil que aceptase o choio e ainda por riba danme eses dous "consellos"...jajaja
De estrella galicia aínda non teño resposta e hoxe incluso fun a correos pq me dixeron q habia traballo de carteiro, 6 horas diarias por 1000 euros mensuales. E ademais, podería comer na casa por ser na miña zona e teria todas as tardes libres. Un traballo caralludo, non si???Pois evidentemente algo tiña que pasar pra que non o puidese coller.Esta vez foi q teria q terme apuntado hai moito tempo na bolsa de traballo, que agora xa era tarde e non habia plazas.Hai q joderse, pra ser carteiro ahora tes q apuntarte en bolsas de traballo...
Visto que transcorre o tempo e a cousa non mellora demasiado,a pesares q sigo co meu mesmo bo ánimo (gracias sobre todo ós meus pais e á miña moza), decidín optar a ofertas, como dicilo...menos relacionadas co meu perfil. Unha delas, e q ten moi boa pinta, é a de comercial inmobiliario en fincas corral.Comentáronme q estes comerciais levan moi boas comisións,ademais cos pisos pouco tes q saber de comercial.Chega con ensinar o piso, a xente está tola por comprar...
E atención á noticia que pode causar impacto, seguramente o cause. É a razón fundamental do título do post...Agarrádevos ben: a outra oferta de emprego na que solicitei entrevista e de DEPENDIENTE EN STRADIVARIUS. Incrible non si?Pois amigos é o que hai. O seu maior plus son os horarios, aínda que botarme as risas co postureo tamén pode estar ben...Quen me verá de uniforme no stradivarius, ademais é no de Gran Vía...Non creo q me collan pq non dou o perfil pero nos requisitos non puña nada así q por probar...Quen sabe igual rebaixaron as súas esixencias en estatura...jajaja... E sobre todo, fan descontos ós empregados, uyyyy como me vou vestir a partir de agora... Como diría Unha: "questrón".
De todas formas, todo isto son plans prá semana que ven. Xa vos irei contando. A ver si encontro algo pa estar solo polas mañas ou polas tardes, pra poder tamén facer prácticas... As posibilidades descartadas nun inicio, como eran camareiro ou dependente, estanse a facer cada vez máis próximas...
Por certo e aínda que sexa con retraso, gracias silviña por acordarte de min e polas forzas q me mandas. O problema d túnez xa o arreglamos hai tempo, eu son como son, non hai máis volta que darlle. Sintoo se resulto borde ás veces. Case nunca é a miña intención.
Saúdos a todos.
Marquinhos


noe dijo
jo, marcos!!!! que strong!!! e riste de min polo coche... ehem... dentro dun ano xa te vexo chico stradi! que total!
13 Julio 2006 | 10:13 AM