anticoches!!!!!!!!
A ver... non sei moi ben por onde empezar. Fai moito moito que non escribo nada pero o certo é que tampouco teño moito de novidade na miña vida.
Todos sabedes o meu espectáculo co do embrague (e jorge xa se encarga de recordalo!), bueno, pois o outro día cargueime o freno de man. Non vos asustedes que eu non son tan bruta tampouco!! Resulta que "a bala roja" é de segunda man e cando a adoptamos o freno xa subía moi arriba, quedaba cando o frenabas como "moi erecto" (xa sei que sona moi mal, pero é para que imaxinedes en qué posición quedaba)
O outro día freneino e tirei tanto por el que fixo un crack sospeitoso e logo xa se movía para tódolos lados. Total que o levei ó taller.
Isto non tería maior importancia se non fose porque sempre que ó coche lle pasa algo é nas miñas mans. Se o día de mañá teño netos... eu non penso quedarme con eles!!!!!!!!!!!!!
Cando o fun recoller o chico mandoume mirarlle os km que tiña. E vou eu de parva e miro na pantalla que é dixital e claro, ó estar o coche apagado non se ven os números. E de lista vou e dígolle "encéndoo?" e de repente sonou un "claro!!!!" Ai que vergonza!
Cando me mandou sacalo de ali porque xa estaba arreglado, carraspeei, puxen a miña voz máis suxerinte e susurreille "mira, pódoche pedir un favor? sácasmo ti?"
CONCLUSIÓN: QUE STRONG!!!!non volvo ir ó taller nin de coña! Estou quedando de parva ou de nula que aínda é peor!!!
NOE


marquinhos dijo
Non e con matiz machista nin nada diso, pero q casualidade q se che estropee a ti o coche non??se dani ou miguel non dixeron aínda nada desta circunstancia foi, sen duda, pq aínda non leron nada, pero eu suxeriría unha relación entre o teu xénero e o q lle pasa o coche...sen acritude como diría miguel.Xa nos veremos!!!
1 Agosto 2006 | 07:26 PM