Sen pena nin gloria pasaron estas, case, dúas últimas semanas. A verdade é que incrible o que pode chegar a amargar unha dor de encía á que posteriormente se uniron as costas, que cunha sensación de cansanzo por un posible pequeno resfriado (o puto aire acondicionado do coche) fixeron que non pasase uns días excesivamente agradables. E máis nesta época do ano... Pero bueno, menos mal que o dor de costas desapareceu ao tercer día e non foi a máis. E o resto máis ou menos tamén foi minguando.
E si, alo foi xa o mes de xullo. Parece mentira. Aínda semella que foi onte cando acababamos os exames, fumos a Panxón, Ourense,... pero o primeiro mes oficial do verán voou ben rápido.
Ben, de todos os xeitos, eu encaro o futuro con optimismo. A min, particularmente, quedame o mellor do verán. Hai está o San Roque, Naseiro chamando xa á porta (ao igual que as disputas -este ano aínda subiron máis de tono- que se soen dar na miña pandilla polos preparativos desta romería); e despois do parón para o exame da desgraciada de Montse, os últimos vinte días de setembro que prometen ser intensos. Primeiro por ver se me aceptan nalgún sitio para o ano e segundo porque do 21 ao 28 arde Gran Canaria. :)
Bueno, non vos raio máis coa miña vida, pero xa que esto está decaendo tanto e ninguén se anima a escribir, aí estou eu.
Mighelinho
Un saúdo.


Jeje! Alo foi a metade o vrau! Si si! :(
E eu quero ir a Viveiro o 19!!!!!
Estivemos sen aire acondicionado todo o ano e non pasou nada. Ahora abusas del e mira como acabas....
Por certo, coidado coa angéla que a min tamen se me autoinvitou un fin de semana a pontevedra e a pesares de que eu queria traballar e facer a memoria, alí se me presentou. Nin memoria nin nada!
Pero como nos cundiu eh!