divagación #002. "pollítica"
****texto borrado por consideracións da camaradería****
Tes toda a razón, Ana, aínda que quen escribiu isto siga a pensar o mesmo.
Pola miña parte, retiro o dito por ser neste espacio.
E retiro o miña palabra
5 Agosto 2006
****texto borrado por consideracións da camaradería****
Tes toda a razón, Ana, aínda que quen escribiu isto siga a pensar o mesmo.
Pola miña parte, retiro o dito por ser neste espacio.
E retiro o miña palabra
O problema de GaliCIa é que por culpa de nacionalismos paletos coma o teu, seguiremos sendo unha rexión (¿país? ja-ja-ja) de labregos (e o de honrados, depende do labrego) para sempre.
O problema entón e que hai nacionalismos demasiado modernos, impostos por visitantes
O que escribin antes era unha opinión exclusivamente miña. Para nada pretendia reflexar ao resto dos camaradas nin coartar a liberdade de expresión que ten que haber aqui.
Un biko xabi
Pareceme que tiñamos que pensar en borrar todos os comentarios de xente que non coñezamos ou que non se identifique, porque hai alguns que non teñen xeito e menos se atacan a fillos da comuna ou a súa forma de pensar. ¿Que dicides?
Na miña humilde opinión sinto q eliminaras o texto... Menos mal q o teño impreso jeje...
E preguntaraste: e esta friki pa q o imprime??? Pois verás, o teu discurso xira entorno o tema máis discutido ultimamente no meu entorno... Coa miña irma, co meu pai, con coñecidos... E estou mais ou menos de acordo contigo. Creo q no único no q discrepamos é no asunto de *grazas* a quen se están normativizando certas palabras...
Non creo q o séquito de nacionalistas q están no goberno sexan os promotores destas iniciativas. Máis ben, penso q son grupos de presión (léase Agal ou outros) os q buscan a recuperacion do galego-portugués. E neste caso en concreto, o q fixeron foi adaptar con maior ou menor acerto o gracias de toda a vida (q por certo a nadie nos parece axeitado e por iso o modificamos dicindo graciñas, jeje) ao grazas q pra min é moito máis bonito. Quero dicir con isto, q a nivel oral quen queira que empregue o galego normativo (q por certo q ben o fala o Emilio Guillín)... pero a verdade eu prefiro escoitar o galego q fala Ani e buscar as diferencias co galego de Xabi e meu. E logo escoitar como ven pero non miran as de Mos e Cangas e a gheada dos mariñeiros!!!
Outra cousa sería escribir correctamente q pa iso teriamos q estudar moito!
E o de borrar os comentarios de xente q non coñecemos non me parece ben... O q non m parece tan ben é q non se identifiquen, pero iso é outra cousa...
Como blogeira que son (o bitacoreira porque comecei nun momento que tentaban estender este nome) tendo a cheirar outras páxinas para coñecer outras realidades menos aburridas cas miñas.
E cheguei a vosa blog por casualidade e non deixo de sorrir polo simpáticos que sodes todos vós (que nin vos coñezo nin sei cantos sodes, e como o meu nome non vos diría nada me manteño no anonimato).
Ata o momento non fixen ningún comentario pero agora quedei realmente abraiada de que algún comuneiro teña que autocensurarse debido a presión exercida. E tamén me fixo sorrir que nunha blog co nome de "Hijos de la Comuna" en cuxa definición se fala de "rojos" alguén diga que os comentarios estan a coller demasiado cariz político.
E o que si me impresionou son os anónimos con insultos sobre nacionalismo paleto porque no fondo, ¿que significa esta expresión?
Non vou falar de política porque entón me tacharían de nacionalista paleta a pesar de seren da costa. O que si me gostaría e de falar de política lingüística, dunha normativa que máis que para adiante vai para atrás, alonxándonos desa pretendida normalización dunha lingua e dunha realidade que están máis que normalizados.
No resto de España ata se rin de nós por esta pretendida normativización que ninguén coñece. De feito en La Razón deste sábado podíamos ler que Touriño cumpre un ano á cabeza dunha Comunidade Autónoma que non se sabe como se chama: Galicia, Galiza ou Galizia.Deixando a parte a liña deste xornal, non deberíamos deixar que ninguén se rise de nós nestes termos.
E que a pesar de que estou dacordo co anterior comentario de que os grupos de presión lusistas conseguiron moitas cousas coa ultima normativa só podo engadir a ridiculez desta por varias razóns.
1- Foi un toma e daca dos lusistas con outros grupos máis castelizantes: douche esta palabra a cambio desta. E non tiveron en conta a máis utilizada, ou a da zona dialectal máis grande. Simplemente trocaron o manido grazas coa (por exemplo) desaparición da segunda forma do artigo (tan galego).
2-A miña familia é toda galegofalante pero castelán escribinte por non coñecer a normativa debido a prohibición do galego na época dos seus estudos. Eu levo toda a vida escribindo en galego sen apenas dúbidas e agora, e a pesares dos meus estudos NON SEI ESCRIBIR GALEGO. Un paso atrás para a normalización.
3- A pesar de que a miña escolarización foi totalmente en castelán ( e o meu paso pola universidade tamén) a miña realidade é galega (e a miña vida privada tamén). O outro día descubrín que a palabra "sear" (vogar ao revés) non existía que realmente era cear... e como ela un montón de palabras que salpican o meu castelán feito a presa.
4- Non estou a favor da anarquía normativa pero é o único que conseguiron con esta última norma. ¿Non era preferible entón a ausencia total de normativa que nos enriquecería a todos? E falarmos con gheada e seseo os da costa, con misturas lusistas nas terras limítrofes, as maciñeiras do noroeste...
5- E pra rematar, e xa na miña lingua. Gustaríame dicir que hós por hós non che hai un ghalegho máis artifisial e máis charneco que os que din ser nasionalistas por falaren portughés. E que a mesa por nomalisasión linghuística hós por hós xa non sabe, se boghar ou sear.
bueno...vexo q esto foi por onde moitos non queriamos...primeiro de todo sinalar q o nome do blog, hijos de la comuna, ven dunha auténtica anécdota para nada relacionada con temas políticos. si ben é certo q todos temos unha ideoloxía política próxima, os matices de cada un de nós fan q non sexa tan próxima como pensamos.o blog creouse para estar en contacto despois da universidade, para ainda q sexa so a traves d internet, ter algo q compartir, rirnos coas nosas anecdotas e non deixar caer en saco roto os q para min foron os mellores catro anos da miña vida, ou polo menos ata o d agora.non creo q teña ningun tipo d autoridade nin me considero ninguen para dar por pechado ningun tema pero deberiamos olvidarnos disto pq, repito, non e a finalidade do blog.se alguen quere discutir d política hai un monte de blogs para facelo sen vir a este.as finalidades do blog son basicamente rirse e manterse en contacto, pra facer debates interesantes ou conversacions intelixentes xa me chegaron os catro anos q estuven con miguel, dani, jorge, carlos,berto,damian...no q nunca falabamos de futbol nin de mulleres si non exclusivamente de politica,literatura,arte,cultura...e todas esas cousas q os q nos coñecedes tanto nos oistes falar delas.vemonos
Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):
Xabi dijo
por certo quen escribiu o texto fun eu, por se hai posibles (espero) alegacións...
5 Agosto 2006 | 11:34 AM