Escribindo por vez primeira...
Despois de mais de un mes mirando a diario o noso blog e querendo escribir algo, por fin me decidin a contarvos un “pouquín” (como odias a miña forma de falar marquinhos) da miña vida. A verdade e que non sei porque tardei tanto, por pereza ou porque o principio este blog sonaba tanto a despedida que non me apetecia nada poñerme a escribir. Ahora, pasado un mes, xa sei que para nada foron despedidas, que imos manter o contacto a pesar de estar un pouco dispersos pola Galiza e pola Espanha.
Despois de moitas dudas sobre que ía facer este verán, incluso me plantexei irme a Nicaragua mais en serio que nunca, ao final acabei facendo practicas no Diario de Pontevedra e nunha axencia pequena de publicidade. Bueno, a verdade e que na axencia xa vou acabar esta semana porque ando un pouco agobiada con tanta cousa, e como me deito bastante tarde, costame moitismo madrugar! Menos mal que non vos quedastes en Pontevedra no verán porque sería a nosa perdición. Así que me vou dedicar de pleno á publicidade no Diario de Pontevedra, que estamos preparando un especial para as festas da Peregrina con miles de anuncios.
Falando da Festa da Peregrina, aprobeito para enviarvos por aquí as invitacións a todos vos, para que veñades as festas o fin de semana do 12 de agosto. Solo tedes que avisarme para decidir como nos imos arreglar para durmir. Espero as vosas mensaxes!
A verdade e que non teño moitas cousas mais que comentar, a partir do 17 de setembro volvo para a residencia e a partir de ese día non teño moitos mais plans. Bueno, teño unha visita pendiente a capital opresora do estado, para ver a marquinhos...
Ahora xa teño internet no piso, asi que seguro que me animo a escribir mais veces... Que sepades que me acordo moitas veces de vos e que Pontevedra non é o mesmo... Faime moita ilusión ler o que escribides aquí, así que a ver se non deixamos morrer este proxecto. Un biko a todos rapaces.
Ah! Unha reflexión: últimamente o blog esta tornandose un pouco mais politico do que era o obxectivo inicial, ou polo menos un pouco mais do que a min me gustaria, xa que prefiriría falar doutras cousas aquí.
Ana


opresora dijo
Tamen temos que ir a Mallorca
5 Agosto 2006 | 09:36 PM