Parece que son o home das promesas incumplidas.Moito digo q pronto vos escribirei algo pra contarvos como me van as cousas pero nunca escribo nada.Ata hoxe era cousa de non ter tempo pero a partir de hoxe vai ser culpa de Javi.Despois do cacho articulo que se mandou, escribir calquera cousa é quedar por debaixo e sabedes q eu ainda q pequeno, nunca me gusta quedar debaixo(por favor q nadie interprete nada relacionado con posturas na cama, neste momento non pensaba neso).

De todas formas e arriscándome a que a miña palabra quede en entredito prometo q a semana q ven contareivos como foi o meu primeiro mes pola cidade dos postos de traballo de comercial.Xa vos digo q non será a principios de semana...e a verdadeira razon para non facelo ahora e pq pode q pase algo nos próximos días q cambie moitas cousas, ou pode q non pase...bueno algúns saben do q falo.

A ver se poño internet no piso e asi podo deixar aqui auténticos comentarios repletos de sabiduría coma os de miguel, de humor coma os de dani, de ironía como os de javi e de... bueno e deso do q abunda nos d ronie...Intentarei q polo menos vos entreteñades lendoo q pra iso esta o blog.

saudos zarigüeyiles!!!

P.D.:por que ninguén fala de grandes borracheiras, orgías de alcol e mulleres, bueno ou homes,festas desenfreadas...e todo iso q se lle presupón ao verán e a xuventude en xeral?Estaremos a volvernos vellos??Igual e unha das reflexions no prometido artigo.Saudos e non deixedes caer isto.