¿Te sorprende que te escriba?. Tanto tiempo es normal (...) me entró la melancolía y te tenia que hablar
Boas!
Xa fai moito tempo que non escribo nada aqui, pero o outro día a Noe nunha chamada interdepartamental Diario de Pontevedra - El Progreso, púxome as pilas e dixome que tíñamos que escribir máis.
Pola miña parte non hai moitas novidades, o único e que ahora xa non temos piso franco en Pontevedra, porque xa voltei a resi. Que pena me deu marchar despois do verán tan bo que pasei alí... Eso en parte gracias a todas as visitas que me fixestes (uns mais que outros), que ningun fin de semana dos que quedei me deixastes quedar sola (en especial Ángela e Dani, que se apuntan a todas as festas e non poden vivir sen min). A verdade e que as historias que pasaron no "piso pontevedra" son de película, pero non é plan de poñerse a contar aquí todo...
De novo se cerra outra etapa, esta vez moi corta, pero tamén intensa. As prácticas no Diario remátoas esta semana, outra cousa que me da pena deixar! Ainda que estes días son un pouco aburridos, os outros dous meses foron xeniales. Os meus compañeiros de departamento son do mellorciño, ainda que houbo algunha que se esperaba un cachondo que flipas e despois non foi para tanto.. (non?). As tardes con eles son as risas, en especial con Claudio (si, Claudio, Claudio, Claudio... pensará quen me di que solo falo de Claudio). Cando nos chaman ao telf, contestan: aquí zona X, digame. Falando de Zona X, non vos deixedes enganar polas fotos "reais" dos entrebreves de "maduritas supertetas", supostamente son fotos reais, pero nos sacámolas dunha carpeta con archivos para tal fin... Eh! non solo fago eses anuncios, tamen fago dos outros! Ata fixen unha doble páxina!
Académicamente, matriculeime no CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica ou algo similar).E ando a espera de que saian as listas de admitidos no doutorado, ainda que non teño moi claro que me guste o ambiente do profesorado da facultade, pero si que me gustaria dar clases. Nestes días tamen descubrin o malo que é o meu nivel de inglés (pero que conste que o día da proba estaba conmocionada, por eso non a pasei...).
Por certo, que forte o da Ángela! Que cousa tan insoportable! Ahora coa cámara de fotos dixital aínda é peor que cando tiña a de DVD! Ten que sacar fotos de todas as cousas. 1 GB de fotos en dous días de Feira Franca! Ir dun extremo ao outro da Alameda levounos unha hora mais ou menos... A suma de CAMARA DIXITAL + PICASSA + ESFLOG vai ser unha combinación explosiva! Imos ter vínculos no correo todas as semanas. Bueno, pero que sepades que as fotos artisticas dela que hai no seu esflog saqueillas eu! A que si, almendriña?
Bueno, nada mais que dicir por esta vez, espero que Carlos esté completamente recuperado e disfrutando do seu bólido por Vilagarcía; que Miguelinho and family disfruten destos días en Canarias e teñan un bo regreso; que Marquinhos siga tan contento na capital; que a Ronny e Miguelinho lles vaia ben coas decisións académicas que tomen; etc, etc.
Un bico a todos, en especial a eses cos que falo menos veces.
Aninha


marquinhos dijo
pódesme mandar ese archivo con supostas fotos reais de "supertetasgrandes" ou algo así para comprobar???gracias.
25 Septiembre 2006 | 12:07 PM