La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

11 Octubre 2006

Allá donde se cruzan los caminos, donde el mar no se puede concebir...

Vistes Big Fish? Nalgún momento desa película falábase de cando a un peixe se lle facía pequna a súa pecera. Non era máis ca unha metáfora dalgunhas persoas...

Víñenme esta cidade con esa idea e non é que cambiase, de momento, pero si que recoñezo que as cousas están sendo moi difíciles. O traballo ben, pero a cousa vai moi despacio e ás veces síntome algo inútil. Penso que este é un mercado un tanto saturado, pero o tempo xa porá as cousas no seu sitio; coa moza...non é que as cousas vaian mal, pero tampouco van ben, só que as mulleres non hai quen vos entenda... bueno este tema podería dar para 200 posts e a cousa seguiría sen estar clara...en definitiva, que me sinto un pouco so.

O traballo deixame moi pouco tempo libre, non teño practicamente amigos aquí, as do piso son... q palabra poñer pra clasificalas... algunha que signifique á vez "tontas, tiquismiquis, sosas, aburridas, tocapelotas...e algunha máis" e á moza véxoa unha vez por semana ou menos... Boto de menos a moita xente, a miña terra (aínda que eu relacionoo máis coa xente que deixei atrás) e ó meu idioma. Pero non quero chamarlle morriña, porque nunca me gustou esa palabra...

Poñédevos na miña situación: lonxe da casa, sen familia e practicamente sen amigos cerca e cun traballo q de lunes a viernes ( e algúns sábados) tenme totalmente ocupado. Non pretendo dar pena, porque simplemente se estou aquí e porque quero pero como xa vos dixen esto estase a facer moi duro e o peor é que case sempre me teño que comer eu mesmo as miñas cousas porque nin sequera teño moito con quen falar...

Menos mal que xa viñen coa mentalidade de que isto ía ser unha carreira de fondo, e sabedes que a cabezón non me gana nadie (máis que nada porque non sei que me da volverme derrotado tan pronto e sen pelear algo máis), pero asegúrovos que este é o reto máis difícil que xamais tuven por diante... e podedes estar seguros de que si as cousas me van ben fardarei delo cada vez que nos vexamos XD.

Doulle moitas voltas as cousas (no pouco tempo que teño libre) e como as cousas coa moza non van ben, pois moitas máis. Téño pensado que faría si o deixásemos, porque ela é a única razón pola que me viñen, practicamente. Supoño que seguiría loitando pero non sei canto aguantaría. Que enfermidade isto de "enamorarse", (que cursi me quedou non?).

Bueno xa vedes que as cousas están difíciles e aínda que non me gusta dar consellos, hoxe voume permitir darvos un: "EXPRIMIDE Ó MÁXIMO A VIDA UNIVERSITARIA OU SEMIUNIVERSITARIA E O DE VIVIR DOS VOSOS PAIS, QUE A COUSA ESTÁ JODIDA"

De todos xeitos, e xa pra rematar, estar triste non vale pra nada. Intento alegrarme con pequenas cousas e vivir o día a día pra que me sexa todo máis fácil. Espero que pasado un tempo, uns meses, vos poida contar mellores noticias.

Saúdos AMIGOS

P.D.:por certo tiña algo preparado en plan moi literario, pra contarvos que agora traballo de traxe e corbata e co pelo engominado (ou espumado) pero supoño que é unha visión que non vos interesa demasiado, e si vos interesa, jodédesvos e vindes a Madrid verme pra saber como é a cousa.

servido por Pontevedra 7 comentarios compártelo

7 comentarios · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

Hai novedades: a miña moza e eu deixamolo. Bueno realmente deixouno ela pero penso que foi o mellor. Estoume planteando volver xa, porque aqui non teño ningún motivo pra quedarme...
Será casualidade, pero hoxe no periódico lin unha frase: "todos sabemos que lo desconocido es muy atrayente, pero no por ello tenemos que abandonar nuestras vidas." Non sei que opinades...

13 Octubre 2006 | 11:14 AM

Carlinhos

Carlinhos dijo

Tío, tira pa`lante. Aguanta un poco más... Ya sólo puede ir mejor...

13 Octubre 2006 | 04:47 PM

marquinhos

marquinhos dijo

q consuelo!!!jejeje

13 Octubre 2006 | 05:39 PM

marquinhos

marquinhos dijo

non fago máis que rallarme coa historia esta. non paro de darlle voltas. por un lado volver a pontevedra: todo sería máis fácil, con todos alí e algun traballo encontraría...polo outro quedarme aquí:sería como pelexar nun combate de boxeo cando estás a punto de recibir o puñetazo definitivo...non sei...

sempre fun algo salmón (q non trucha), sempre me gustou nadar a contracorrente...e como resulta q o mais fácil sería volver creo q vou seguir peleando un pouco máis, aínda q ese puñetazo definitivo este a piques de caer.non sei ata que round chegarei pero teño claro que darse por vencido non vai comigo.onte foi un día duro e pasouseme o peor pola cabeza, o mais fácil.hoxe, pensandoo friamente decidin aguantar.tal e como aguantaba homer cando foi boxeador (detallazo pra os frikis dos simpson).non digo que non me noquearán pero dende logo non será nos primeiros rounds.non sei si será a opción máis intelixente pero penso que é a que teño que tomar.

13 Octubre 2006 | 06:05 PM

noe

noe dijo

marcos, eu creo que ese non foi o teu único motivo (que si o que te acabou empuxando). Creo que debes seguir ahi, e ainda que non sei nada de como estabas con ela, supoño que os teus soños tm contan bastante. Non te rindas tan pronto. Non escapes. Pero sobre todo fai o que mellor sexa para ti, porque eu esto falando desde a posición máis cómoda: a visión desde fora.
UN BICO MOI MOI GRANDE

13 Octubre 2006 | 06:25 PM

marquinhos

marquinhos dijo

por certo, seguramente me pase a ponte de novembro ai.o miercoles 1 chegaria a ourense e o xoves 2 sairia por pontevedra.estaria ai ata o domingo 5 o mediodia q me volveria para madrid.a ver si podemos quedar algun dia q teño ganas d vervos.un saudo!

14 Octubre 2006 | 05:35 PM

ana

ana dijo

marcos... que dicir... eu xa estaba toda emocionada coa nova de que ías vir para Pontevedra de novo...
non sei, ti sabes o que fas, pero voltar non significa darse por vencido, polo menos ante os meus ollos.
aqui ainda que estiveras mal, estarias coa tua familia e a tua xente...
sinto ser a voz discordante (como cando te querias ir ao piso), ainda que sei que esta vez non vas cambiar de opinión.
un bico

16 Octubre 2006 | 09:49 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera