La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

15 Octubre 2006

Están locos estos políticos

Hai cousa dun mes toda a sociedade española víase sobresaltada por unhas imaxes nas que aparecía un paisano de Aguiño (Riveira) dándolle unha malleira brutal a un pobre can, ata que “conseguía” acabar coa súa vida. Apareceu en todas as televisión do país: autonómicas, xeneralistas, privadas, públicas, etc. Evidentemente, coma sempre sucede nestes casos, comezouse a falar da Galicia profunda, apareceron xeneralizacións (nunca son boas) de que os galegos somos uns animais, brutos e o máis rudo que te podas botar á cara. Esta malleira foi motivo de debate en moitas tertulias naquela semana e fixo correr ríos e ríos de tinta.

Sen querer eu defender ao agresor en ningún momento (díos me tente), parece que esta nova era máis importante que a que viña dunha barriada granadina (creo recordar) na que dous homes acababan de asasinar ás súas respectivas mulleres, cun intervalo de tempo de non máis de cinco días. Esto pasouse, totalmente por riba e daquí non se extraeron ningún tipo de conclusións nin xeralizacións sobre aquela barriada. Por suposto que non. Agora que, que os galegos somos uns animaliños quedoulles claro a todos os españois. Madialeva.

Pero fóra disto e, como digo, sen pretender quitar ferro do asunto ou defender ao “home” de Aguiño, non deixa de ser curioso que moitas daquelas voces que se alzaron (tanto anónimas coma coñecidas) contra este señor, todas esas televisións hipócritas que nos “obsequiaron” veces e veces con aquelas terribles imaxes dun can indefenso ladrando asustado, non digan nada contra a mal chamada “festa nacional”.

É máis, temos a desgracia de que esta “festa” está sendo apoiada e difundida pola televisión pública que todos pagamos, e en moitas vilas, cidades e pobos sobrevive gracias a unha ridícula (non pola cantidade) subvención municipal, e ás veces autonómica. Non sei, dáme moito que pensar. Seguro que moitos dos que se anoxaron diante da imaxe do pobre can, esa mesma tarde acudiron a unha praza de touros na que se lidiaron e MATARON vilmente seis indefensos touros. Primeiro maréanos, logo pícanos (xa sexa dende un cabalo ou un banderilleiro), para acabar matándoos sen aforrar –na maioría das ocasións- un ápice de sufrimento. Cantos se puideron matar neste verán? Seis touros por corrida, a trinta corridas por semana (por dicir un número), danme un total de 2.160 indefensos animais. E cantas, mal chamadas tamén, persoas asistiron a estas matanzas? Pois imos a poñer unha media de 10.000 persoas por praza, a trinta corridas por semana (360 corridas no verán) é igual a, nada máis e nada menos, que 3.600.000 “persoas”. Impresionante. Pero claro, aquí no lugar de horrorizarse, jalean a uns paisanos que se poñen diante dos astados e acaban con eles. Ollo, quizá neste festexo sexan os toureiros a quen menos se lles pode botar nada en cara xa que, historicamente, soen ser homes de clase baixa que arriscan a súa vida para lograr uns cartos moi necesarios.

Desta vergoña ninguén se avergoña. Ningunha televisión o denuncia e ninguén ten a valentía de acabar con ela. E, por suposto, os nosos políticos, máis interesados en acadar votos que noutro cousa, non teñen o que hai que ter para acabar con esta infamia. E é ben pouco o que hai que ter. Para min, chegaría con ter dous dedos de frente e un pouco de conciencia cívica.

A última manifestación disto tivémola o pasado xoves (día da Festa Nacional, por certo) no Parlamento Europeo. Debatíase sobre un informe de Benestar Animal na UE. Pois ben, a Eurocámara condena as pelexas de galos e cans, pero rexeita pedir á Comisión Europea que prohiba os espectáculos taurinos. Tanto socialistas coma populares amosáronse unidos por unha causa. E a verdade, para isto era mellor que seguiran coma sempre, creo eu. Pero o peor foi como o que viu despois nas roldas e notas de prensa. Os populares españois colgáronse a medalla de que “el PP logra que el Parlamento Europeo no condene las corridas de toros”. E unha destas eurodiputadas tivo a cara de argumentar, para defender a súa postura, que “las corridas son parte de la cultura española y que el toro, dentro de los animales vacunos, es el que mejor vive”. Toma razoamento. E seguro que o dixo toda convencida.

Pola súa banda o PSOE non se amosou tan eufórico e tratou de enmascarar un pouco a súa negativa a prohibir os espectáculos taurinos. Supoño que será cuestión de talante. A súa postura foi defendida pola galega Rosa Miguélez. Esta muller lamentouse de que este asunto eclipsara o fondo dun bo informe e explicou o Non do seu partido, porque o texto contiña “una serie de incorrecciones técnicas” e supuña levar á Cámara “un debate totalmente fuera de lugar”.

Eu son da postura dun ecoloxista valenciano –David Hammerstein- que se amosou en contra dos argumentos esgrimidos pola pacense Pilar Ayuso (PP), xa que para el “la crueldad no es cultura” e “causar un sufrimiento no puede ser considerado diversión”. Totalmente dacordo.

Sen tentar de introducir ningún trasfondo político a esta entrada, só me gustaría dicir que se, de verdade, as corridas son parte da cultura española eu non me considero español baixo ningún concepto. E, finalmente, mallar nun can ata matalo non considero que sexa parte da cultura galega, como parece que algúns quixeron facer pensar a toda a sociedade española.

Eu non son toureiro, eu son gaiteiro.

Un saúdo.

Mighelinho

servido por Pontevedra 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Ángela

Ángela dijo

Coma sempre....................
CHAPEAU À MIGHELINHO!!

e xa sabes q fixen miña a túa frase ;)

bicos

15 Octubre 2006 | 01:43 PM

marquinhos

marquinhos dijo

que tu non te considerabas español xa o sabiamos todos XD. saudos dende a capital do estado jejeje

19 Octubre 2006 | 11:20 AM

Mighelinho

Mighelinho dijo

Algo que me enviaron:

Pues si. Voy a contaros lo que he hecho. Hoy he buscado un gato, he
cogido uno que he visto por mi calle, lo he tenido encerrado a
oscuras en una habitacion durante un tiempo, para cabrearlo. Al
rato, lo he sacado a un patio interior que tengo, para que no
pudiese escapar y ha estado correteando por el patio un buen rato.
Yo lo dejaba, para que se cansara y no diera mucho el coñazo. Como
veia que tenia mas reflejos, mas habilidad...vamos que iba para
largo, le he empezado a clavar unas agujas de estas de coser...a ver
si las heridas conseguian pausarlo. El caso es que si, se ha
empezado a cansar, esta claro que esas heridas en el lomo y esa
sangre cansan a cualquiera, asi que antes de que muriera y cuando he
visto que su agonia era la justa como para no enterarse de quien
estaba cerca, he cogido un hierro afilado y ZAS, he acabado con su
vida atravesandolo. Me siento muy orgulloso, me he divertido mucho.
Antes de que me llameis de todo por favor leer: Si cambias gato por
toro, en vez de un hijo de puta maltratador de animales sin
sentimientos ni escrupulos, ¿que seria? ¿un maestro?,¿me sacarias a
hombros? El toreo es una forma mas de asesinato animal...

26 Octubre 2006 | 12:10 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera