Esta semana eran dúas as efemérides que se cumprían e non quería deixar pasar a ocasión para felicitarvos, por se algún/algunha de vós as celebra. Para dúas organizacións, correntes, sociedades, comunidades ou como lle queirades chamar comezaba un novo ano. O luns a Igrexa Maradoniana celebraba a entrada no ano 46 d.D., é dicir, no ano 46 despois de Diego. Esta igrexa comezou a dar os seus pasos como unha broma entre amigos pero co paso do tempo a broma foi medrando, foi medrando ata chegar a unha importante comunidade de fregreses. E, de feito, xa chegou a España tamén. Xa eran máis de 15.000 os maradonianos españois en 2004, así que agora imaxinade a onde puido chegar a bola xa.
http://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_maradoniana
http://elmundodeporte.elmundo.es/elmundodeporte/2004/09/03/futbol_internacional/1094202801.
Pero da efeméride que me gustaría falar de verdade é da que se viviu onte, no paso do martes ao mércores. Do día 31 de outubro ao 1 de novembro. Os antigos celtas conmemoraban neste tempo a chegada do inverno que interpretaban como a entrada dun novo ano. Coñecíano como Samaín, palabra gaélica que non significa outra cousa que fin do verán, principio do inverno. Para os antigos celtas, cos seus druidas á cabeza, estas eran "datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc." (esta última parte foi extraída da seguinte web: http://www.vieiros.com/vieirosdaescola/
Esta festa esta tratando de ser recuperada nos últimos tempos. Comezouse hai uns anos en Cedeira e parece que pouco a pouco vai chegando de Norte a Sur. Neste tempos nos que a globalización non invade creo que é unha boa noticia recuperar as antigas tradicións e non deixar morrer outras, como practicamente ocorreu no meu pobo co Antroido (espero e penso que en Ourense non han ter este problema co seu). Ademais tratándose da terra na que vivimos, tan apegada a meigas, bruxas, aquelarres, ánimas, a estadea, etc.
Asemade, non deixa de ser curioso que agora se estea introducindo moi fortemente o Hallowen americano (só era necesario ver os informativos de antonte cos nenos nos colexios), que é bastante parecido ao Samaín celta (cabazas por exemplo). Non en van dise que o Hallowen foi exportado polos irlandeses aló polos finais do século XIX e comezos do XX, así que seguro que algo da tradición celta hai nel.
Disfrutemos, polo tanto, como o facían os nosos antergos e deixémonos de botellóns e estas historias (que ben quedaría se dixera esto último diante dos meus pais). Os aquelarres na eira das meigas son tamén boas festas, onde corre a queimada a mares (e tamén se pode meter LK para os que non gusten do oruxo). Digovolo eu que en Viveiro levamos uns anos celebrando un todos os veráns.
Bueno, rematando. Feliz Samaín e Feliz Aninovo a todos.
Saúdos celtas.
Saúde.
Mighelinho


Pois si señor! Grazas por recopilar toda esta información q levaba días querendo investigar eu;)
Resulta q unha amiga de Celanova celebrou o findeanocastrexo o martes e eu o samaín... Foi entón cando sospeitei q tiña q haber algunha relación entre estas duas festas e como tampouco sabía a orixe do samaín....
O dito, grazas por instruirme!!
Un beiji no fusi!
buah! q caña! stou impresionado! q ignorante son...e canto tño q aprehender...grazas mestre!