fun, vin e volvin
Pois si. Acabouse a ponte e vólvome pra Madrid. A moitos de vós nin vos vin, pero aínda así non podo negar que o pasei xenial na ponte.
Recuperei Pontevedra aínda q só fosen uns días. Olvideime de Madrid e foron os mellores días en varios meses. Supoño q iso non é un bo sinal...
Onte, falando con Ángela, démonos conta de q nós tamén nos facemos vellos; pero, sabendo que iso é inevitable, o q non quero é facerme vello antes de tempo... Xa só pensar en q quizais nos fagamos vellos xa é un claro síntoma de q si estamos a envellecer, e q conste q non é unha crisis precumpleaños, pq o de envellecer, como ben sabedes é unha metáfora... Tampouco son dudas existenciais, simplemente son ganas de volver aqui, antes sequera de marchares...
Tantos síntomas non me fan pensar senon en q o meu sitio está aquí e q acabarei volvendo. Nunca me sentín tan so entre tanta xente... Coma sempre non me marco plazos pero teño a sensación de q cada vez está máis cerca... Non vos preocupedes, pq, como vedes, todos os meses vos conto como estou, así q calquera decisión q tome, aínda q non esté moi meditada, comentareivola.
Que poucas ganas de marcharme teño... Ata a volta!
marquinhos


dani dijo
visto lo visto, voy a ser el primero en felicitarte el cumpleaños en el blog.
pero tranquilo, que no soy tan cutre y gastare una llamada para felicitarte en un bis a bis
un abrazo
6 Noviembre 2006 | 07:35 PM