La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

21 Noviembre 2006

O Blogomillo

Si comunistas, formamos parte do blogomillo, a nosa comuna está entre os máis de 2.000 blogs que hai en Galicia, unha cifra que medra día a día. Ademáis de cantidade, tamén temos calidade, xa que os blogueiros galegos conseguiron un gran prestixio. Moitas destas bitácoras, destacan polo número de lectores e de visitas que reciben a diario, acadando premios nacionais e incluso recoñecemento internacional. El Blog de Enrique Dans, Periodistas 21 ou La Huella Digital figuran nos primeiros postos do ranking nacional dos blogs máis seguidos.
Xorden como unha nova forma de intercambiar opinións e coñecementos que noutros soportes se fai máis complicado. A posibilidade de combinar o emprego de texto, imaxe, video e son; ademais da fácil actualización e as posibilidades de interacción en tempo real, dotan ós blogs de grandes recursos expresivos e creativos, así como dunha inmediatez e proximidade entre o autor e o lector maior que noutros medios.
A temática destes blogs é moi variada, neles teñen cabida as máis diversas tendencias. Temas como a tecnoloxía, os medios de comunicación, a moda, a solidaridade, a literatura, o cine, etc. Por suposto non pode faltar a política e a crítica social, xa que son moitos os blogueiros que empregan as súas bitacoras como medio para exercer a súa liberdade de expresión e de opinión. O feito de que moitos sexan gratuitos, fai que se popularice o acceso ós mesmos, o que inflúe á hora de estar representadas todo tipo de opcións e opinións.
A repercusión destes blogs inflúe nos medios de comunicación galegos, saltando os contidos desde a blogosfera ós medios tradicionais. Este é o caso do Faro de Vigo que “fichou” a Manuel Bragado, director da Editorial Xerais e blogueiro, que colgaba na súa bitácora as crónicas dos partidos que disputaba o Celta.
Aínda que tamén existe a tendencia contraria, é dicir, os medios tradicionais saltan ó mundo das bitácoras, como ocorre co programa da Radio Galega Galicia en Goles, no que Carlos Reboreda (un dos locutores), creou un blog no que escribe sobre o deporte galego e o que acontece no estudio de radio mentras fan o programa en directo.
O blogomillo é plurilingüe, o idioma non supón ningun tipo de traba á hora de comunicarse. Temos blogs en castelán, en galego, en galego reintegracionista, en portugués ou incluso bilingües, como o caso de Hijos de la Comuna.

Blogomillo: termo acuñado por Manuel Gago, para referirse á comunidade de blogs escritos en galego ou editados en Galicia.

Si, formamos parte do blogomillo; o noso blog é unha duasmilésima parte deste, que á súa vez é unha pequena parte dos 48 millóns de bitácoras que hai na rede.

[ana díaz pérez]

Tags: blogomillo

servido por Pontevedra 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Mighelinho

Mighelinho dijo

Eu nas Xornadas sobre Mocidade e Internet ás que asistin a semana en Santiago, puiden comprobar que xa existe bastante movimentona rede para o que Galicia. E para a capacidade de conexión que temos en moitos pobos. Parece ser que o Estado se comprometeu a instalar a banda ancha en todo o territorio antes do fin do ano que ven. Como ben se encargaron de dicirnos alí xa se falaba que a Xunta instalaría no rural Internet antes do 2004. Cousa que aínda está ben lonxe.
Así e todo, Iniciativas como as de Chuza, Vieiros e o Blogomillo teñen futuro.

Cando teña tempo e me acorde cólgovos algunhas ligazóns que me pasaron e puiden coller nas conferencias.

Un saúdo.

21 Noviembre 2006 | 05:55 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera