Imaxino que xa vos daríades conta da que se nos está acercando. Pouco a pouco, como quen non quere a cousa, vaise metendo nos nosos fogares e na nosa vida. Así, sen avisar. Primeiro son os spots sobre xoguetes, bonecas, videoxogos e videoconsolas (cada vez máis), etc. Estes, cada ano, aparecen máis cedo. Realmente, hai alguén que merque os presentes en Outubro co bonito que é facelo a última hora, cando todos os comercios están cheos de xente a rebentar? Penso que non, xa que cáseque é unha experiencia relixiosa.
Despois viñeron as luces. No meu pobo o Concello xa as tiña postas o primeiro fin de semana de novembro. Eu pregunteille a meus amig@s se eran aínda a das festas ou xa eran as do Nadal. E si, confirmáronme que xa son as do Nadal. Pero cal é a miña sorpresa cando este sábado (18 de Novembro) vexo un balcón todo engalanado con luces de colores, coma se dunha whiskería se tratase. A xente ten ganas de chamar a atención.
Como non, os supermercados non andan nunca á zaga e qué é o que encontramos nos primeiros estantes cos que nos topamos cando entramos nun. Por suposto, turróns, polvoróns, mazapáns, etc. O marketing claro que inflúe nos supermercados, pero que vos vou contar eu que xa non saibades todos.
E, finalmente, non poden fallar a súa cita co Nadal o Gordo de Nadal que este ano ven sen calvo incorporado. Unha pena, o home xa era moi familiar. Case tan familiar como aquel, de carne e óso, que volvía a casa por Nadal.
Non vos preocupedes que o de Freixenet xa está á volta da esquina. Gwyneth Paltrow (que Deus lle conserve o nome) e o bailarín Angel Corella serán os encargados de que as burbullas inunden os nosos fogares. Ao rapaz non o coñecía, pero din que baila ben.
En fin, que isto do Nadal xa cheira un pouco e a min tamén me "ralla" un pouco que haxa que estar ledo por decreto, que haxa que comer os pastosos dulces propios da época e que haxa que saír con traxe o día de fin de ano ata altas horas do día 1, cando o que realmente tiña que ver todo o mundo son os saltos de esquí. Estes si que son típicos e entrañables. Sinto que lle poda ferir a sensibilidade a alguén con este último comentario.
Mighelinho
Saúdos.
Saúde.


a ver hombre, tampoco hay que dramatizar tanto.
es cierto que tanto villancico y anuncios de juguetes cansa, pero a mí la Navidad no me deprime. tiene sus cosas buenas: la más importante de ellas, el TURRÓN (turrón Zapato, a poder ser xDD)
no, ahora en serio. a mí la Navidad me trae buenos recuerdos de cuando era pequeño y es la única fecha en la que nos podemos juntar toda la familia al completo (que, en mi caso, y por lo general, es buena noticia)
Evidentemente ten as súas cousas boas. Non quero dicir que non coa miña entrada. Pero, sen embargo, a min hai moitas cousas destas datas que non me gustan nada. Como, por exemplo, o gasto innecesario de cartos que se fai na maioría das familias e o cansino que pode chegar a ser, ver sempre as mesmas caras presentando as Campanadas (por certo, este ano cáese Ramón García da lista; aínda non mo podo crer). Que parece que non pasan os anos por eles.
Un saúdo.
eu teño moitisimas ganas de que chegue!!! ainda que só sexa polos festivitos que se avecinan!! HAI QUE FACER O AMIGO INVISIBLE!!!!!!!!
hacía mucho tiempo q no te dejabas caer por aquí, noelia.
bienvenida seas xDD
Welcome to see my blogs, there are lots of stories about luxuries.dior women,vintage omega watches,rolex submariner price,balenciaga replica,sale gucci handbags
fabulous! I have some stories as well, welcome to visit!tiffany price,silver chanel,chanel sale ,women rolex,Chanel Necklaces