Aviso para navegantes
Xa que hai aquí destacad@s pilot@s é de recibo que vos avise dunha serie de acontecementos, non vaia ser que non o leades ou o escoitedes e se incremente a inseguridade das estradas galegas, xa de por si ben inseguras.
Seica queren facer dúas modificacións salientables en canto ao tráfico rodado se refire. Por unha banda, no Congreso dos Deputados aprobouse unha vella reivindicación de Bombeiros, condutores de ambulancias e Protección Civil. As luces dos vehículos destes equipos de emerxencia pasarán a ser azuis, no lugar das amarelas da actualidade equiparándose deste xeito a dous seus colegas europeos.
E por outra banda, en dous anos queren facer obrigatorio o uso das luces de cruce durante o día. Ten os seus pros e os seus contras. En plena campaña do cambio climático (a Axenda Setting está provocando que nos asedien estas dúas semanas co tema) non creo que se vexa con bos ollos un aumento do gasto enerxético (haberá de gastarse máis en bombillas e emitirase máis CO2 á atmósfera). Porén, pode que baixen os accidentes de tráfico e, polo tanto, as mortes polo que ao mellor a medida non está mal de todo. Eu, por experiencia persoal, penso que polo menos tiñan que facerlle máis publicidade a que a xente accenda as luces de cruce cando chove porque moitos condutores non o fan e é un verdadeiro perigo.
Sen máis, un saúdo.
Mighelinho


dani dijo
a mi, lo de las luces encendidas de día no me parece una buena opción (a parte de que en días de verano la idea no sirve absolutamente para nada, ya que ni siquiera se distinguen las luces de freno).
lo de los días de lluvia ya es distinto, y ya lo tengo comentado contigo alguna que otra vez. la gente cree que con las luces de posición ya es suficiente y eso no es así.
en estos días, para incorporarte a una carretera, cambiar de carril o realizar cualquier maniobra hay que tener mucho ojo para poder distinguir un coche con las luces apagadas (o las de posición encendidas) entre las gotas de lluvia que se quedan en los retrovisores y no te permiten tener una buena visión panóramica de lo que se te viene encima
23 Noviembre 2006 | 12:04 PM