La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

25 Noviembre 2006

Máis Internet

Xa que estamos coa Rede ás voltas, o martes 21 aparecía unha nova en Xornal.com que falaba sobre a creación en Internet dun portal propio do Audiovisual Galego, así como a presentación da Web do Observatorio Audiovisual.

Penso que estas dúas páxinas poden ser interesantes para algún dos que, habitualmente, se deixa caer por aquí, xa que sempre poden informar de concursos, exposicións, conferencias, cursos, etc. que poden resultar atractivos.

Asemesmo, gustaríame compartir convosco algunhas ligazóns que fun capuntando e que nos proporcionaron nas "I Xornadas sobre Mocidade e Internet, Enredad@s", organizadas polo Consello da Xuventude de Galicia.

Estes son algúns blogs persoais de conferenciantes e tertualianos.

- José Manuel Lage Tuñas, un dos primeiros políticos galegos que se atreveu cun blog persoal.

- Marcus, membro de Código Cero. Esta é a interesante presentación que fixo nas xornadas, sobre o tema de que "Hai un galego na rede" Cando teñades tempo, botádelle un vistazo que a min, particularmente, gustoume bastante.

- Wicho, un dos tres autores de Microsiervos, primeiro blog na maioría dos ránkings españois.

- Manolo Bragado, do que xa vos falou Ana. Notorias as súas particulares crónicas dos encontros do Celta.

- Roberto Noguerol, falou no nome de Vieiros.

- Pedro Jorge Romero.

- Martin Pawley.

- José Clemente López Orozco, alcalde do Concello de Lugo.

- Blog dos populares galegos.

Unha iniciativa de Xogos en Liña da Junta de Estremadura, que levan tempo desenvolvendo uns progamas de achegamento das novas teconoloxías á terceira idade, con grande implantación desde que presentaron un bingo en liña.

Unha páxina que rexistra a ubicación de todos os españois emigrados, que andan repartidos polo globo.

Outras propostas galegas moi entroncadas co Blogomillo:

- Chuza.

- Blogaliza.

- Blogalego.

- Os Premios Chanante Piñeiro (clara referencia aos oficiais Chano Piñeiro), instituidos este ano para premiar ao mellor vídeo galego. Como non, non podía faltar o do Alcalde de Ortigueira con Pocholo.

Para rematar, falarvos doutra nova que pon de manifesto que Internet consolídase ano a ano como un gran lugar para facer negocio coa publicidade. Algún día pode que algún de nós viva dela. Ogallá.

Esta entrada rematouse ás 4:26 da madrugada, logo de que Dani e máis o que firma chegáramos de tomar algo no "Lusco". O que teña envexa, síntese.

Un saúdo.

Mighelinho

servido por Pontevedra 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

eu teño envexa...

25 Noviembre 2006 | 06:01 PM

ronnie (en paro)

ronnie (en paro) dijo

eu tamén a teño vividores

25 Noviembre 2006 | 06:21 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera