Habemus Orgasmus
Seica para o próximo 22 de decembro, coincidindo co solsticio de inverno, hai preparada unha boa. Ademais do Gordo do Nadal, un colectivo americano (máis ben unha parella que son os que levan o cotarro) están organizando e difundindo a idea de facer un Orgasmo Mundial Sincronizado para loitar pola paz.
Se os efectos dos que falan surxen efecto sería criminal. "A parella promotora da iniciativa ten a esperanza de que o enorme influxo da enerxía física, mental e espiritual cunha intención consciente pacífica teña efectos positivos profundos que cambien o estado de violencia da humanidade. Segundo eles, a inxección desa forza no campo enerxético da Terra contribuirá a ese cambio positivo. Este será o primeiro orgasmo mundial sincronizado pola paz, cara ao solsticio de decembro do 2012, data na que remata o calendario maia" (fonte: Vieiros)
Para o que desexe máis información aquí vos deixo a nova enteira.
Noutros blogs:
Recoméndovos entrar na páxina deste colectivo que ten unha música do máis suxerente e envolvente.
PS: Agora só queda encontrar con quen. Ejem... que carraspera máis rara me entrou. :)
PS2: Pola paz mundial o que sexa.
Un saúdo e sen facer cochinadas ehh.
Mighelinho


Mighelinho dijo
Vaia home, que casualidade. Como non podía ser doutro xeito esta entrada fai a número 69 do noso blog. Estou comezando a crer no influxo da enerxía física, mental e espiritual.
Un saúdo.
26 Noviembre 2006 | 04:29 AM