Orgía no PlayaClub
Onte asistín a unha orgía no PlayaClub d'A Coruña e a verdade é q o do orgasmo sincronizado que menciona Miguel chámame... jeje!
A orgía da q falo organizouna o club Nokia e a actuación contratada para caldear o ambiente eran os de M-Clan!
Ao principio, inda coas luces acesas a xente non se despoxaba da súa roupa (facía "pelete" no local, por mor das súas grandes dimensións e polo temporal que asola estos días á cidade herculina, máis acentuado en primeira liña de praia en Riazor) pero logo das primeiras cancións empezáronse a ver bíceps, escotes, espaldas, etc.
A xente tiña ganas de festa e inda por riba o cantante de M-Clan quentaba máis da conta ao persoal!
Primeiro porque devoraba coa mirada e facía que o desexaras ao velo morder os seus propios beizos...
Segundo porque se ataviou cun traxe totalmente setentero, o pantalón apretáballe até a uretra, a camisa era dunha licra q marcaba os pectorais e que, de vez en cando, se lle desabrochaban máis botóns da conta...
Ademais, había un fluxo de enerxía positiva no ambiente que daba gusto :P
o tío abalanzábase sobre a primeira fila cual follonero en BuenaFuente e servidora que estaba na primeira fila no puto centro aprobeitou todo o q se deixaba o rapas, q era bastante!
Polo aire íamos e polo aire surcaban os ceos sujetadores ata amerizar no escenario!

O clímax da miña orgía particular foi coa canción EnMisManos (de sempre moi sensual e suxerente) e se inclinou sobre a miña cabeza (o escenario non era moi alto pero enganchábase a unha viga e facíame subir aos ceos :P) e en ton de susurro comezou a cantar:
"Y ahora que nadie nos oye,
ahora que nadie nos ve,
quisiera decirte una cosa
y hacértelo no más un poco después".
Eu, claro, debinme poñer roja, morada e a cuadros ska pq o tío riuse e ao rematar esta canción pasoume unha cervexa das que tiñan alí colocadas para o seu refrixerio! Logo repartiron botellas de auga q permanecían intactas despois dunha hora e media de concerto pero é q eles preferían beber Ballantines 50 "rebaixado" cun par de xeos.
E a sabiendas de que o alcol engorda e facendo caso ao q me dixera alguén cercano a tod@s nos:
"pensando q se perdemos 14 calorias en cada eyaculación, o feito de darlle a zambomba seguido ten q ser un bo método de adelgazamento" haberalle q facer caso a esta cita dalgunh@ erudit@.
Outro obsequio-fetiche neste caso pa miña irmá foi unha púa q lle cedeu amablemente Pascual (o baixista).
Porque recordos-fetiches de CarlosTarque e Cía. temos pa facer un museo!! Dende un pitillo que lle dera á miña prima no concerto de Lalín, até unha carreña da pandeireta que destrozara no concerto de Monforte de Lemos alá polo 2.003, pasando polas múltiples entradas fendidas pola metade, ás fotos co Tarque que nunca saen ben, as púas q sempre nos veñen caer ás mans e o casco da heineken de onte.
En resumidas contas, que o meu 10º concerto, neste caso concerto-orxía, de M-Clan pasará aos anais da miña historia recente como gran día.
PD1.: todo é absolutamente verídico e en ningún caso recurrín a tan ben aprendida manipulación de contidos na carreira.
PD2.: mira se saímos acaloradas do playa q a miña irmá estaba febril (39º)


Mighelinho dijo
O que non sei eu é como D. Augusto César Lendoiro (o de D. é un dicir), reputado conservador, permite estas cousas no seu local.
Non sei, algún colectivo de por aquí podía currarse o do día 22 e facer un macrofestival para "quentar o ambiente" como di Ángela.
Un saúdo.
27 Noviembre 2006 | 12:09 AM