NON SE VALE FURAR, tempada 2006/2007
Hoxe disputaba o meu segundo partido desta tempada 2006/2007 con Non se vale furar, no Campo de Terra da Xunqueira. O primeira fora de fútbol sala e tuvera lugar no Pavillón Universitario.
Aínda que o nome do equipo cambiou un pouco (basicamente galeguizouse) e os compoñentes xa non son os mesmos -a maioría, non vos preocupedes que a esencia do noso No se vale furar sigue intacta. De tres partidos xogados o resultado foi o mesmo en todos: derrota. Se ben, no segundo amosouse unha moi boa imaxe tendo opcións de gañar ata o final e o primeiro (F-7 ante os rapaces de 2º de Publicidade) era facilmente gañable, pero só se presentaron á cita cinco homes. No segundo, o colexiado quitounos máis do que nos deu.
Do partido de hoxe pouco hai que dicir.
Ficha técnica: 7 fumetas e o que aquí vos escribe.
Diante, un equipo con varios semi-profesionais disto do fútbol e algún torcebotas coma nós (menos número, evidentemente). A condición física da xente que adestra tres ou catro veces por semana deixase notar, e de que xeito.
Resultado: 8-1. Ollo, demasiado abultado, xa que a actuación arbitral foi moi mala. O propio colexiado recoñeceu ao rematar o partido que era mala e que xa estivera a punto de non vir arbitrar este encontro, porque o vai deixar. Hai moito que entra nisto polos cartos e cando se da conta do "fregao" no que se meteu con tanta figurita de INEF no campo (e non só os de INEF), abandona. Lóxico.
2 goles en claro fóra de xogo, unha asistencia coa man, un gol logo de facer un regate por fóra de campo en liña de fondo, etc.
Botando contas, 4 goles que non deberían de subir ao electrónico. Algún dirá: 4-1 claro. Si, certo, pero se restamos estes 4 goles estaríamos en partido e os goles dos últimos instantes non subirían. Ou polo menos, non tan facilmente.
Sen máis, este post simplemente era para que todos os que formachedes (e formades aínda) parte desta grande familia de Non se vale furar saibades que o noso proxecto deportivo segue en pe. E que se a algún de vós lle apetece vir xogar un partido, supoño que non haberá problema xa que pode xogar co nome de outro. Hoxe nin sequera nos pediron o DNI.
A vindeira cita terá lugar mañá, ás 11:45 horas, no Pavillón Universitario (Rúa Cruz Vermella, S/N). Eu xa non poderei ir.
Un saúdo.
Mighelinho


dani dijo
y para escribir esto me tuviste 2 horas encerrado en tu casa y a ana y a angela esperando por nosotros en la resi???
...
en fin
30 Noviembre 2006 | 05:29 PM