La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

20 Diciembre 2006

Crónica dunha colisión anunciada

Eran as 16:20 horas dunha fermosa, soleada e case primaveral tarde. Case porque o frío que ía non é habitual nunha tarde de abril ou maio.

Jorge Castro dispúñase a acercarse á Audiencia Provincial de Pontevedra, co obxetivo de cubrir unha rolda de prensa. A cita era ás 16:30, pero como viña con tempo decidiu facerme unha visita. Logo de tomarlle unha Pepsi, colleu o seu maxestuoso carro. Só quedaban dez minutos para que dese comezo a rolda de prensa, co que andaba con presa. A Rúa do Cordón non é unha avenida e tivo que ir virar ao fondo da rúa. Todos sabemos das aventuras dalgúns comuneros ao volante. Ronnie non é menos. Xa saeu de onde tiña aparcado o coche sen mirar. Pouco faltou para que houbera impacto cun bonito Volkswagen Golf 1.9 TDI negro, que conducía unha muller.

Pero o perigo non acabara nesta primeira manobra. Quedaba máis. Jorge (Ronnie), unha vez que chega á entrada dun cobertizo de obras, frena e disponse a dar marcha atrás mentres vira á dereita. O Volkswagen está xusto detrás. A colisión é inmimente, se ninguén a evita. Evidentemente o noso benquerido Ronnie non mirou polo espello retrovisor. Xa non o fixera cando saíra do aparcamento. Como ía facelo, se o do medio xa non o ten. Caeulle o outro día. Porca miseria. A can fraco todo se lle volven pulgas.

Loxicamente, houbo colisión. Colidiron (que din agora os da Galega) ambos coches e os danos non foron moi grandes, a primeira vista. Eu que ollei toda a acción pensei que ía ser moito peor. E gracias a que pegou cunha boa muller que non puxo ningún tipo de obxeción.

Ahh, esquecíaseme, á rolda de prensa evidentemente non asistiu.

Declaracións dun Ronnie aínda medio coxo (polo esguince, tranquilos que a súa integridade física non se viu ameazada por este incidente): "No pensaba que esta calle fuese tan transitada".

Saúde.

Mighelinho

servido por Pontevedra sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera