Voluntariado de Curta Duración
En previsión de que aló polos meses de xuño e xullo algún estea libre e lle apeteza pasar unhas vacacións por Cascais (Portugal) aquí vos deixo esta convocatoria. Cascais está pegadiña a Lisboa.
O próximo ano tera lugar en Cascais ( Portugal) a celebración do 2007 ISAF Sailing World Championships (Campionatos Mundiais de Vela 2007).
A asociación Rota Jovem precisa 100 voluntarios/as (máximo de 4 por país) de toda Europa para traballar durante oito semanas en Cascais (Portugal) entre o 1 de xuño e o 27 de xullo de 2007 coa organización deste evento. Para isto, a asociación Rota Joven vai presentar unha solictude ao Programa Xuventude da Unión Europea para a realización de voluntariado de curta duración, o que implica que se eres seleccionado como participante a organización cubrirá os teus gastos de viaxe ata a localidade de Cascais (ida e volta), o teu aloxamento durante as oitos semanas e disporás de 85€ para gastos persoais ("cartos de peto" do Programa Xuventude).
O campionato en sí terá lugar do 28 de xuño ao 13 de xullo, o reso do tempo estará adicado: á formación dos e das voluntarias no evento, a un curso de portugues básico, a formación propia do Programa Xuventude, a actividades lúdicas e culturais, ...
Para unha maior información: http://www.rotajovem.com/ingles/svesailing.htm#5.
Nova no Consello da Xuventude de Galicia.
Un saúdo.

Mighelinho

