Baixo o sol da Toscana
Bueno, como supoño que a maioría xa sabedes, mañá marcho para Florencia. Non teño moito tempo para escribir, pero tentarei resumirvos o que foi a miña vida na última semana e media. A verdade é que foron uns días realmente estresantes e nos que tiven moi pouco tempo para pensar en Florencia. Aínda non o fixen, se vos digo a verdade. Mañá vou estar en Italia e será cando empece a pensar en que vou pasar tres meses alí. E o mércores cando estea instalado de todo imaxino que, por fin, poderei descansar.
Pero as poucas veces que o parei a pensar, nunhas ocasións digamos que me tardaba vivir a experiencia e noutras, pola contra, pensaba qué c... ía facer alí eu tres meses. Non sei. A ver como se dan as cousas.
Xa vos digo, a miña vida estes días resumiuse en arranxar papeis; facer a memoria do CAP, preparar as clases e impartilas; e no balonmán. O único momento no que desconectaba un pouco era cando ía adestrar ou vía os partidos pola televisión (tamén é mala sorte que nesta semana se xuntase, con todo o resto, o mundial de balonmán), amén de cando falaba con algún de vós.
Da miña experiencia no Instituto remítome ao que escribín nas conclusión finais da memoria. Cualifiqueina de altamente positiva. A verdade é que recibín todas as facilidades por parte do director, os bedeis, as limpadoras, o meu titor, o resto dos profesores, etc. Supoño que o que di miña mai de que, quen vai sementando pola vida, ao final sempre acaba recollendo os froitos, se cumpriu nesta ocasión. Xa vos digo, todas as facilidades do mundo. Déronme chaves das aulas de desdobre, puiden usar os ordenadores da sala de profesores, movinme polo centro como se fose a miña casa sen preguntar por nada, deixáronme utilizar o salón de actos, o informático veu "ex profeso" para explicarme o funcionamento do cañón, etc.
Pero sen dúbida, o detalle que máis me chegou, aínda que pareza unha tontería, foi o da encargada da cafetería que me convidou (“como benvida ao gremio”, me dixo) á auga que tomei despois da miña primeira clase. Tiña a gorxa sequísima. Parece unha parvada, pero sentinme moi ben, complacido. Non sei cómo expresalo.
No que son as clases en si, quedei bastante contento coa experiencia e cos rapaces. Aínda que o grupo máis numeroso foi máis rebelde, no fondo comportáronse de xeito bastante decente. Eu púxenme menos nervioso do que pensaba que me ía poñer e creo que lles quedou máis ou menos claro o máis importante do que lles quixen expoñer. Eso foi o que comprobei cos cuestionarios que lles pasei ao final da segunda –e última sesión. Asegúrovos que foi o momento no que me sentín máis realizado, vendo como sabían que a publicidade e a propaganda non eran o mesmo (na miña avaliación inicial supoñía que as igualarían, e así foi), como se quedaran moi ben co concepto de propaganda negra e como, uns mellor que outros, sabían definir o termo propaganda; entre outros cousas.
Ahh, por certo Ronnie, permíteme unha maldade. Nunca te metas a facer o CAP, que no practicum podes perder os papeles e a cabeza, jeje.
Sen acritude, este último comentario.
E pouco máis teño que contarvos. A verdade é que teño presa para ir ver o partido do Barça-Celta e despedirme dos compañeiros que hoxe están en Viveiro. Son ben poucos, porque a xente anda cos exames e quedaron nos seus lugares de estudio este fin de semana. Ademais a voráxine na que levo metido todos estes días tampouco me deixa lugar a pensar moito qué escribir e cómo escribilo. Nin tempo tiven para ir ao ciber e mandarlle un mail a Alberto. Menos mal que a maleta xa está case feita e só me queda facer a mochila que levarei como equipaxe de man.
Mañá espérame outro día agotador. A saída do vó en Alvedro é as 7:20, co que me terei que levantar ás 4, ou antes incluso (a viaxe a Coruña leva unha hora e tres cuartos e tendo en conta que imos ir de noite, o frío e a posibilidade de xeo na estrada haberá que ir con moito coidado). Logo o enlace para Florencia téñoo ás 13:50 (algo máis de cinco horas vou botar en Barajas) e chegaremos aló sobre as 16:00 horas, se non hai ningunha incidencia. Agardemos que non.
A verdade é que me marcho na época do ano que máis me gusta. Cando os días van a máis, cada vez vai mellor tempo,...
É unha jodienda que agora que aquí aínda é día ás sete da tarde, me vaia para aló que as seis e pouco xa debe anoitecer. É moito atraso, pero bueno haberá que levalo como se poda.
Para rematar, só dicir que é obvio comentar que estades todos convidados a visitarme. Agardo a vosa visita.
Saúde.
Arrivederci
Mighelinho


Carlinhos dijo
joder tio...tus palabras m han emocionao (n serio) y yo q prometí no llorar...
Maifriend, espero q todo sea fantástico por esas tierras tan lejanas para mi. Y aunq se q tres meses pasan volando sólo m queda decirte q suerte! y q ya m traerás algo de regalo!!!
Bueno, q m pongo pastelero...Ciao!! y hasta pronto!!!!!!!!!!! (snif,snif..brgftbrrgft-onomatopeya simulando "limpiadura" de mocos- snif,snif)
29 Enero 2007 | 09:46 AM