Case xa un toscano máis
Son as 15:50 horas dun chuvioso día na cidade de Florencia.
Logo dunha semana e un par de días en Florencia, supoño que xa será momento de poder ir facendo un pequeno balance da miña chegada e estancia nesta bela cidade.
Moitos xa sabedes bastante da miña aventura. Mentres que o Free Call siga funcionando (hoxe e ontes xa deu bastantes problemas) podereivos chamar máis regularmente que o faría polo móbil, aínda que sempre nos quedará esta fiestra. Por certo, o que queira que deixe o seu fixo e así podo chamalo se funciona o programa.
O viaxe desenvolveuse sen ningún tipo de atranco, máis aló da pequena putadiña de ter que estar en Barajas máis de 5 horas esperando por coller o enlace que me levaría ao Aeroporto Amerigo Vespucci de Firenze.
No aeroporto madrileño puiden ollar "in situ" a salvaxada que cometeron os territoristas o pasado 30 de decembro. Volaron unha superficie igual a 15 facultades como a nosa (ou máis, se cadrra). Unha auténtica animalada. E agora queren deixar a algún libre porque está en folga de fame. O mundo ao revés. Aínda encima que lle custa cartos ao Estado a súa alimentación, este señor pode quedar libre porque non lle da a gana de comer. Inaudito.
Pero este é un tema que non nos ocupa no noso blog, así que prefiro deixalo aparte. O viaxe en avión, como vos dicía, foi perfecto. Gustoume bastante o de Madrid a Florencia. Por primeira vez ía en ventanilla (pedinllo, expresamente, á de facturación) e puiden ollar dende o ceo unha vista preciosa de Barcelona, cos Pirineos nevados ao fondo.
Parece que despois de coller seis avións, xa non lle teño medo a volar. É dicir, non tiven o formigueo do resto de ocasións e non pensei en ningún momento o que pasaría se cae o avión. Non sei se foi o moito sono que tiña por recuperar que me adormeceu e tranquilizou, ou o que, pero foron dous vós moi relaxados (do de Alvedro a Barajas case nin me enterei). Iso si, medo non, pero respeto moito.
Unha vez chegados a Florencia (daquí en diante Firenze) estabanos agardando os donos do Bed & Breakfast no que nos hospedamos. Dous auténticos prototipos de italianos. Baixiños, rechonchos e moi faladores. Non sei porque pensamos os que estamos aquí que son o prototipo de italianos. Ao mellor aí tedes outra imaxe, pero no piso é o que pensa todo o mundo.
A verdade é que estamos moi contentos co piso e temos bastante bo rollo con Rafaella e Ricardo (os donos). Todo o contrario que os da convocatoria anterior (onde estaba incluido Damián) cos que, segundo nos comentou unha rapaza que compartiu beca con Damián (e segue en Firenze un mes máis), tiveron bastante mala relación. A min a verdade é que me caeron simpáticos e non me importa moito que entren no piso cando queiran e estean con nós falando longo e tendido. Tamén aprendo algo do idioma e xa nos fixeron máis dalgún favor, así como aguantar un par de días nos que nos saímos un pouco de nai.
De feito, unha habitación (a suite lle chamaban os anteriores) que ten unha cama dobre na que, por lei, tiña que dormir o dono xa nos foi aberta o pasado fin de semana para poder hospedar nela (totalmente de balde) a dúas rapazas que viñan de visita. Permanecía cerrada polo mal rollo que tiveran cos anteriores. Esperemos que siga o ambiente de cordialidade e nola sigan abrindo sen ningún problema. Este fin de semana, en principio, tampouco vai haber problema (sempre que non se monte moito nunha festa que os meus compañeiros están planeando para esta noite).
Como vos ía contando no piso somos sete, pero non hai grande problema de espacio. Durmen dúas rapazas nunha habitación, outros dous rapaces noutra e na miña estamos tres. Comparto sono con Miguel o de clase e outro rapaz, Santi, que estivo o último cuadrimestre connosco en cuarto.
Temos un salón amplísimo, unha cociña grande con mesa para 10 comensais (eu xa vin comer 13 un día) e dous baños. Bueno, máis ben, un baño e un aseo. E ademais de todo elo, temos wi-fi (ou como din os pedantes dos italianos, wai-fai).
O único problema que temos é que estamos un pouco lonxe do centro, pero non son máis de 20 minutos en bus e pasar regularmente entre as 6 da mañá e a 1 da noite. Asemade, a cidade é toda chá e nunha bicicleta non tardas moito máis de 30 minutos. Iso si, pola nosa rúa hai que andar con coidado que hai bastante densidade de tráfico (están as saídas da autovía cara Siena e Pisa) e andan tolos (aquí si que non paran nos pasos de peóns).
Así e todo prefiro o noso piso, que o das rapazas que están máis preto do centro, pero son 13 no piso, non teñen salón, comparten baños e cociña cuns americanos que nin as saúdan, etc.
E nós ata temos un par de balcóns que nos van dar a vida en abril cando agardo que as temperaturas sexan máis benignas (polo menos de noite, que non se para co frío que vai).
Ahh, a lenda de que aquí ninguén paga o bus é totalmente verídica. Aínda non vin subir a ningún revisor, pero medo me da a que algún día suba. Espero que me dea tempo a convalidar o ticket de buses (1,20 €) que comprei o primeiro día.
Despois, o que é a cidade en si é unha maravilla, unha auténtica gozada. Moitos dos monumentos (o duomo e a súa famosa cúpula) parecen de mentira, de papal. Artistícamente, supoño que haberá poucos sitios que teñan tantos e tan importantes monumentos en tan pouco espacio. Non sei que máís dicirvos, hai que visitala para realmente ver o que é e facerse unha idea real do impresionante que son moitos dos seus monumentos.
O domigo visitamos Pisa e estuvemos na súa mítica torre. A pesares de que nos fixeran á idea de que non Pisa non era nada, só a torre, o Duomo e o campo que os rodea, a mín gustoume bastante o "callejeo" que fixen por ela e pareceume moi interesante. Parécese moito a Firenze no sentido do río (o Arno nos dous casos) que o cruza e o paseo que discorre a carón del. A típica imaxe do Ponte Vecchio e as cidades toscanas co seu río cúmprese nos dous casos.
En canto á festa en si, que queredes que vos diga. Estou confirmando o de que como aí, en ningures. Nese aspecto, Italia é un jiño de país. Así e todo, digamos que nolo estamos pasando bastante ben. O mércores xa estivemos facendo botellón nunha fermosa praza, Piazza de Santa Croce, na que aos españois se lles permite beber e parece ser que aos italianos os multan se o fan. A nós non nos viñeron molestar os carabinieri, a pesar de que estuveron cerca de dúas horas na esquiña da praza. Por certo, piazza moi moi guapa para facer botellón.
A verdade é que a primeira semana boteime unhas risas como había moito tempo que non mas botaba. Fixemos unha festa na nosa casa coas rapazas do outro piso o xoves, o venres non saín porque estaba canso e quedámonos a saír despois de saír do curso (aquí fan todo un pouco máis cedo que aí) de italiano e non tiña roupa de abrigo naquel momento.
O sábado quedámonos bebendo no piso porque o domingo íamos cedo para Pisa e, de todos os xeitos, acabeime deitando pasadas ás seis da mañá despois de rirme dabondo.
Estou moi contento cos compañeiros que teño. Penso que é das cousas máis importantes e, polo de agora, hai moi bo rollo. E espero que todo siga igual.
Iso si, o pouco que vin dos italianos (hai moito japonés e estudiante de todo o mundo) de pura cepa é que, a maioría deles, son uns auténticos horteras no xeito de vestir. É impresionante. A ver cando chegue a primavera e todos saquen as súas gafas de sol a pasear.
E outra cousa que tamén puiden comprobar é que se vive mellor sen fume nos locais. Non sei de que se queixan os fumadores aí, porque aquí está prohibido (vietato) fumar en todos os locais (pubs e discotecas incluidos) e ninguén se rasga as vestiduras. E asegúrovos que é calidade de vida e non o atraso que aínda temos aí. Levantarse un día despois de saír e comprobar que a roupa non che cheira a fume é unha gozada e unha safada para non ter que andar lavando a cada paso roupa como as chaquetas. E o mesmo sucede en calquera bar no que pases máis dunha hora.
Polo demais, xa quedei un par de veces con Bertito. Está moi contento co chollo que lle deron, xa que ademais de completar as prácticas estalle valendo para aprender a diseñar. O venres está invitado a cear na nosa casa para tomarse unhas birras e despois ir ao Ippodromo que está cerca da nosa casa. E si, é un hipódromo acondicionado con 4 salas de festas. Eu falo de oídas, que aínda non fun.
Con respecto ao italiano vou tirando. Cada vez entendo máis e mellor, pero o que é falar aínda me falta moita fluidez. Pero hai que ir piano piano, que aínda non levo dúas semanas. O problema é que o cursillo que nos dan é unha merda. Danolo unha rapaza da asociación que, practicamente, non ten nin idea de castelán e creo que serve, basicamente, para chupar do bote de 200 €/persona que van destinados (na beca) para o noso curso de italiano. Así e todo creo que é posible que se me estea pegando o acento en cousas como o pero, tan mítico destas terras.
Hoxe, a maioría xa non fumos, porque está chovendo bastante (ata onte fixera un tempo frío, pero moi moi soleado). A verdade é que me está deprimindo un pouco porque parece que volvo a novembro. Aquí ás 6 xa é noite pechada e tal día como hoxe supoño que ás 5:30 xa o será.
E non vos raio máis que xa escribin un bo tocho. Supoño que me esquecín de moitas cousas (tamén hai abreviar que aínda que levo aquí 8 días xa me parece que vai un mes e medio), pero xa sabedes que o queira saber de todas elas esta invitado a vir a Firenze antes do 20 de abril e cóntollas in situ.
PS: Non metín aínda ningunha foto porque o portátil do que estou conectado agora mesmo, non ten ningúnha imaxe descargada, pero xa o farei máis adiante.
Son as 16:47 e segue chovendo (pioggia lle chaman aquí á choiva) en Firenze.
Saúde.
Mighelinho


Ángela dijo
Hipódromo? mmmmh tará cheo de cabalos..... ;P jujijaja!!
Godere alla notte!! ;)
7 Febrero 2007 | 08:28 PM