La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

13 Febrero 2007

Voltou a saír o Sol na Toscana

Son ás 7:55 da mañá e a verdade é que non sei moi ben que fago xa a estas horas levantado e escribindo no blog. E máis, tendo en conta que onte deiteime aló polas dúas e media-tres da mañá. Eu creo que a culpa é da sede que non me deixa durmir. E beber da billa penso que me da aínda máis sede (ten moita cal). Imaxino que o das pintas de onte tamén terá algo que ver, pero esto último só son elucubracións miñas.

Pero bueno, ao que ía. Por fin parece que a miña dor de costas se está indo por onde veu e dende onte xa puiden volver ao centro de Firenze e ao curso de italiano como de costume, recuperando o que fora a miña vida normal na última semana e media.
Pouco a pouco estou collendo conciencia de que vai ser mellor comezar a chapar os tempos verbais e todas esas cousas da gramática italiana, porque senón vai andar a cousa complicada. Aínda que, todo hai que dicilo, levo aquí dúas semanas recén cumpridas e tampouco se poden facer milagres tendo en conta, ademais, que vivo todo con galegos e o italiano brila pola súa ausencia no piso (sólo cando veñen os caseiros). E eu, por riba, perdín catro días encerrado na casa pola espalda. E xa sabedes que os fines de semanana de noite é cando máis se lle solta a lingua á xente (no bo sentido da expresión, que sempre hai algún malpensado).

Non sei porque, pero onte foi un día importante. Paseino ben, a verdade. Tomámoslle unhas pintas de tarde e acabamos nun local onde todos os luns hai unha "serata spagnola". E si, Ronnie, pódoche asegurar que ademais duns bos xelados (aquí cómenos tanto con 20ºC como con 4ºC) e as mellores pastelerías do mundo, Sabina tamén sona en Firenze. Aquel local..., como que me trouxo vellos recordos do Lusco. Música en directo, temazos interpretados por uns rapaces españois, boa compaña,...
Iso si, a birra algo máis cara, non había Estrella e tampouco Licor Café. Imaxino que tampouco se pode ter todo nesta vida.

E se ao final, algún de vós se decide a facerme unha visita xa lle teño botado o ollo a un par de sitios onde levarvos a encher o bandullo (non me acaba de sonar de todo ben esta palabra), ademais de ver todos os monumentos, museos, pontes, vistas e historias varias.
Sobre todo hai un bar no que dúas golosas desta nosa comuna (neste momento miro a Becerreá e Ourense, jeje) o pasarían en grande. Tedes que probar un bo Bombolino caldo (quente). Increíble o gusto dese cioccolato ou crema no medio dunha masa de fariña, zucchero, canela,etc.
Ademais, xa somos medios colegas dos camareiros. De feito, onte mesmo, fumos cear (cómense unhas boas pizzas e uns impresionantes calzones por menos de 3 €) e tiveron un detalle bastante bonito poñéndonos de postre uns platiños rebosantes de bombolini. Xa nos teñen fichados, que case todos imos pola maña almorzar alí. E ficháronnos polo estómago, que duda cabe. E polo prezo, xa que tomar un bo capuccino por 0,80 € e un bambolino (ou calquera outra especialidade da casa) por 0,85 € no centro de Firenze é compricado. Por non dicir imposible, agás que esteades no Cucciolo.

E nada máis, simplemente dicirvos que creo que o das costas, afortunadamente, está superado aínda que de cando en vez dea algún pequeno aviso de que segue latente, e por iso penso que hoxe voltou a saír o sol na Toscana.

PS: Moito ollo, que hoxe senón me trabuco (que non) é Martes e 13.

Non sei se é cousa miña (para moitas cousas son un pouco burro), do novo formato de lacoctelera ou que xa está facendo efecto a data de hoxe, pero son incapaz de meter unha canción ou un vídeo de youtube. A ver se alguén que sea máis ducho nesto da informática é capaz de facelo. A idea era Bitter sweet simphony do extinto The Verve. Xa o quixen meter na entrada do outro día, pero un fenónemo Poltergeist facía que cando entraba para editar a entrada, esta non aparecese.

Saúde.

Mighelinho

servido por Pontevedra 5 comentarios compártelo

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

odio (un pouco) esa canción...

13 Febrero 2007 | 11:13 AM

xabi

xabi dijo

gracias a esa canción namoreime do opel astra... (entre outras cousas)

13 Febrero 2007 | 01:56 PM

ronnie

ronnie dijo

Joer, si me lo pintas así...hasta me voy a pensar lo de irme allá. Lo único es que trabajo.
JAJJAJA.

13 Febrero 2007 | 07:54 PM

aninha

aninha dijo

Estou desexando ir facerche unha visita... Leo as túas "crónicas" como quen lee unha novela de intriga por entregas, é dicir, esperando con ansiedade que cheguen novas entregas e imaxinandome como vives todo o que contas. Canto me alegro de que o pases tan ben.

13 Febrero 2007 | 10:44 PM

aninha

aninha dijo

Ah! Xa "fixen" as prácticas do CAP, xa che contarei porque aqui non é plan.

13 Febrero 2007 | 10:44 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera