Carnevale di Venezia
Como xa anunciara algún día antes nun comentario, se nada se torcía o sábado estaría en Venezia desfrutando da cidade e do seu famoso carnevale. E ben, nada se torceu e por 25 € nos plantamos na fermosa cidade do Norte de Italia, valéndonos dun viaxe para Erasmus. Sen dúbida forons os 25 € mellor investidos nas tres semanas (cumpríanse hoxe mesmo) que levo en Firenze.
A visita cundiunos bastante e vouna catalogar como dicimos pola miña terra: de muy padre, señor mío. Máis adiante entenderedes o porqué desto.
A aventura veneciana iniciábase aló polas 9 e media da mañá que partimos da fiorentina Piazza della Libertá. Esperabanos unhas tres horas e media de viaxe en autobús. Pero bueno, non se fixo moi pesada porque o cansanzo acumulado na noite anterior, na que tiveramos cea e festa cos caseiros (preparáronos a característica Bisteca a la fiorentina), provocou que durmisemos gran parte do traxecto.
Aló pola unha e media da tarde xa estabamos na estación de Venezia Mestre. A cidade dos canais divídese nunha especie de dúas cidades. Por un lado a máis coñecida e turísticas, cos seus canais; e polo outro a Venezia Mestre que é como calquera cidade do mundo.
Unha vez que fixemos o traxecto en tren entre as dúas cidades, xa estabamos listos para comezar a vivir o carnaval de Venezia.
Por certo, tiven que vir a Italia para descubrir que ademais dos autobuses de dous piso tamén existen os trenes de dous piso. E a verdade é que están chulos.
Como vos ía dicindo, unha vez que estabamos na estación de Santa Lucía xa se comezaba a palpar o esplendor de Venezia.
A saída da porta da estación é espectacular. As escaleiras que ten condúcente a unha especie de praza na que había moitísima xente, un dos canais e unha das pontes máis grandes que o cruzan. A verdade é que o inicio non podía ser máis espectacular e no primeiro golpe de vista a cidade xa me cautivara.
A partir de aquí cruzamos a ponte que vos digo e comezamos a callexear pola cidade. Canais e máis canais, pontes e pontes, rúas estreitas (alí chamábanlle calles como en castelán e non via ou viale, propio do italiano), pasadizos por debaixo dos edificios. O ambiente da cidade é impresionante. E a verdade é que se fai difícil de explicar. Eu mesmo sen estar alí e botando a vista atrás, cústame recordar e situarme tal como vivín as cousas alí e como observei a cidade, porque é realmente fascinante e singular.
Só vos vou dicir, para que vos fagades á idea do estrano que é todo, que a policía, ambulancias, taxis e ata "coches" fúnebres van en zodiacs. Nós non o vimos, pero outros compañeiros que foran antes viran a unha funeraria coa caixa fúnebre e as flores metidas na zodiac. Como vedes, todo moi peculiar.
Logo de andar un bo cacho de tempo, entre milleiros e milleiros de persoas (había algunha rúa na que había embotellamentos, que nin que fóra a Carretera da Coruña no verán, cando todos os madrileos marchan cara as praias), alcanzamos a Plaza de San Marco (é a mítica que sae cando se producen inundacións en Venezia e sobre a que están executando un plan para salvala do aumento do nivel do mar). IMPRESIONATE, maxestuosa, incrible, asombrosa,... Os adxetivos anteriores son pouco para definir o que é. Quédome coas ganas de volver un día, cando non estea tan chea de xente. Porque observala dende o alto da catedral (cando quixemos entrar xa estaba cerrada) ten que ser unha auténtica pasada.

Despois de estar un bo rato na Piazza San Marco, fumos aos embarcadoiros que están próximos e a cruzar a Ponte dos Suspiros. Tamén me quedei con ganas de ir no vaporetto polo canal ou nunha góndola. O primeiro desbotámolo porque cobraban unha pasta (6 euros ida e 6 euros volta, e alí ir sen pagar é compricado o escapar se che pasa o revisor) e o segundo amañáramos un prezo de 10 € por barba para ir o grupo de 12 en dúas gondolas, pero como houbo xente que se botou para atrás finalmente non fixermos esta viaxe.
En canto ao puramente carnavaleiro non vos quero enganar. O ambiente de Galicia ou cidades como Cádiz é infinitamente superior. Moita pomposidade nos traxes e nas máscaras. Todas elas do estilo de "Eyes Wide Shut", xa que Kubrick baseouse nelas para as da película. Nalgunha tenda lin un cartel que puña que alí fóra onde mercara o director as máscaras.
Pero os italianos non saben montar festa como nós e non é certo que vaia todo o mundo disfrazado como nos dixeron. Iso si, ao César o que o do César. Cando lle pedías a alguén se podía posar contigo para unha foto non había problema ningún. Incluidos os propios gondoleiros.
Os venecianos teñen fama de ser acolledores e boa xente. A min confirmáronmo o outro día.
Pola noite si que parecía que quedaba un ambiente máis carnaveleiro e parecido ao que nós entendemos por Carnaval. Daquela quedaba a rapazada disfrazada e ían travestidos (en italiano úsase travestire para falar de disfrazarse) con cousas míticas como doctores, homes de mulleres, enfermeras, un moi simpático que ía de zurullo acompañado pola súa "troupe" de moscas, etc.
Pero desto podevos falar mellor Bertito que se quedou a saír. Eu tívenme que volver alá polas 11:30 xa que regresabamos a Firenze.
Mais, antes de marchar Venezia tíñanos gardada a última sorpresa. Unha vez que xa estabamos na estación de Venezia Mestre, atopámonos co mesmísimo Padre Apeles, preguntándolle a Marga (a de clase) e a outra rapaza se parlaban italiano. Rapidamente o recoñeceron e lle preguntaron se era el. A resposta, evidentemente, foi que si. Quen me ía dicir a mín que ía atopar semellante personaxe no Carnevale di Venezia. Neste ordenador dende o que escribe aínda non está descargada a foto que nos sacamos con el, pero xa a colgarei outra día. Saiu un pouco mal porque o tipo que a sacou non tiña moita idea e Apeles tiña presa por irse para non perder o tren, polo que tamén sacou a foto baixo bastante presión. Pero si é suficiente para confirmar que non é un farol que vos quero meter.
Saúde.
Mighelinho


Mighelinho dijo
Como ben vedes, non estou perdendo o tempo por Italia e xa teño algún que outro ligue, jeje.
Un saúdo.
20 Febrero 2007 | 01:01 AM