Benvidos á República Independente da miña casa
Pois aquí vos vai, máis ou menos, a crónica da miña última semana en Firenze.
Como xa vos anticipara nalgún comentario, o martes tiven coloquio nunha empresa. En principio todo parece que foi ben. Non é exactamente publicidade, pero si que ten que ver coa comunicación. Consistiría en traballar para unha axencia de comunicación dun estudio de arquitectura. O traballo principal sería buscar galerías e venderlles o producto. Se lles interesa e aceptan, celebraríase a exposición na galería. A idea inicial era que seguise co traballo que iniciaran as dúas rapazas que estiveran antes, coa mesma beca Leonardo. Xa teñen avanzadas cousas con dúas galerías españolas, en Madrid e Barcelona. A maiores díxenlles que tamén podería contactar con galerías portuguesas, polo meu coñecemento do galego. E, ademais, tamén estaría interesado en facerlles traduccións de dossiers ao casteláns, porque me axudaría a aprender italiano.
Se cadra, fixen mal en non prometerlle nada en canto ao de falar por teléfono en inglés se refire. Agora mesmo tentando falar en italiano, teño que recurrir a traducir do galego e do castelán, polo que é posible que faga unha mezcolanza curiosa se me poño a falar en inglés. Non quixen prometer nada, porque ao mellor despois non respostaba ás expectativas creadas. Logo, unha vez que empezara e fora gañando confianza, estou seguro de que máis ou menos podería manter unha conversa por teléfono en inglés. É posible que ao non amosarme moi seguro do meu inglés, comezase a cavar a miña propia tumba nesta empresa.
Pasou unha semana e aínda non volvín ter novas deles. En principio na asociación que nos xestiona todo, dixéronme que fora todo ben e que só estaban esperando a que remataran de facer o meu plan de traballo, para comezar a traballar. Non sei, ando coa mosca detrás da orella porque hoxe dúas das rapazas teñen o coloquio na mesma empresa e dame que pensar. Amais tendo en conta que na convocatoria anterior eran dúas rapazas e, segundo me comentou unha delas, prefiren o perfil feminino. Xa vos contarei máis adiante, segundo vai sabendo máis cousas.
En canto ao puramente ocioso, a semana pasada foi bastante relaxada, aínda que ao final dela tamén fixemos cousas interesantes. Como todo o mundo anda traballando, asistindo a entrevistas ou buscándose a vida noutras cousas (cursos de italiano, por exemplo), ata o venres non fixen gran cousa. Non saín de noite, nin nada, xa que o día que a montaron os meus compañeir@s (luns na serata spagnola) eu non fora porque tiña o coloquio ao día seguinte e non quería forzar moito a situación, jeje.
Iso si, chegou o venres e parece que se revitalizou todo. Por fin, coñecimos o ippodromo do que tanto nos falaran. Paseino (pasámolo) bastante ben, a verdade. Entre outras cousas porque xa íamos "preparados" da festa que fixemos na casa. Baixou o caseiro e todo, bastante cabreado porque xa pasara a mezzanotte. Pero bueno, cremos que non chegará a sangue ao río. Basicamente cabreouse porque ao día seguinte tiña que levantarse cedo para ir fóra de Firenze e o home querería durmir. Xa nos abreu a "suite", novamente, para as visitas e segue habendo o bo trato que o caracterizou ata o de agora.
Volvendo ao tema do ippodromo, o sitio era cando menos peculiar. Por zonas cheiraba a bosta de cabalo, pero as distintas salas nas que se divide a parte baixa das gradas estaban ben separadas e a música sonaba máis ou menos ben. Iso si, os italianos son uns ladróns de cuidado. Cobráronnos 5 € pola entrada, sen dereito a consumición, e despois cada copa ou vaso de birra custaba 5 € tamén. E co de vaso refírome a un vaso de plástico dos pequenos. Unha tangada espectacular, aínda que hai outros que tamén din que lles deran un vaso de cubata normal. Creo que o que era o ippodromo o vimos todos bastante distorsionado. Cousas que ten o alcol, como di Marcos.
As barras eran de coña, foron mellores as nosas de Santakata. Con eso, dígovolo todo. Aínda que este aspecto non é o máis importante, con tal de que o esteas pasando ben. Como foi o caso.
E si, Ángela, había cabalos e eguas. Supoño, porque se che digo a verdade non me fixei moito. O que había era moito colocado. Demasiado. Nos últimos quince minutos, onde acenden as luces para que a xente vaia tirando para fóra, había algunha que outra imaxe das que non gustan ver. Mandíbulas a punto de romperse, movementos de pernas descontroladas, etc. Foi o que menos me agradou do recinto de carreiras.
O sábado, en principio, parecía que ía ser un día casero, casero. Poderosa muller é a señora resaca, que pode con tod@s. Pero, a media tarde decidiuse ir ao Ikea que temos a escasos tres kilómetros da casa (botando as miñas contas daquela maneira). Desvirgueime no que é o mundo Ikea. A verdade é que teñen virguerías por un moi bo prezo. Iso si, virguerías para comezar unha vida en parella (por exemplo) nun piso de recén casados, pero non virguerías para toda a vida. Supoño que aos 10 anos os mobles estarán fundidiños. De todas as formas, pasei un bo rato pensando en como adornarei o meu "loft". Cando o teña, claro.
E, finalmente, o domingo un grupo de 6 viaxamos ao Carnevale de Viareggio.
Este si que se parecía máis ao noso Carnaval, con xente disfrazada sen tanta pomposidade como a de Venezia.
O baixón veu cando, despois de deixar 12,20 € -entre ida e volta- en viaxar a este pobo da costa (bueno, sendo sincero a mín só me costou 9,20 € porque me devolveu de máis a máquina de sacar os biglietti, ou alguén que os deixara esquecidos previamente), nos din que hai que pagar 13 eurazos por ver o festival.
Evidentemente non está a economía para gastar eses cartos, nalgo que alí en situ non nos parecía tanto (o bo non estaba á vista). Tentamos buscar algunha entrada escondida, pero tiñan valada toda a zona do paseo marítimo para que ninguén se colase. Xa nos víamos volvendo a Firenze ca cabeza baixa e o rabo entre as pernas, cando unha das rapazas se puxo a falar cunha muller que estaba nunha das entradas. Díxollo que viñéramos a propósito dende Firenze e que nos tiñamos que ir nun tren que había dentro de 45 minutos. Puxo cara de pena e colou. Vaia se colou. De repente abríronse ante nós as imaxes das carrozas que vírmamos por Internet. O Carnevale de Viareggio é incrible.
As carrozas son inmensas e foi unha pena que foramos o día que choveu (son 4 domingos seguidos nos que hai Corso Mascherato). O ambiente estaba moi ben e a xente estábao pasando de vicio. Teñen todo o pobo engalanado con bandeiras de todos os países de Europa, xa que o consideran o Carnevale d'Italia e d'Europa.
Había que ir, pero disfrazado, para montala aínda máis. Ademais de non pagar un peso por entrar, acabamos bebendo gratis nun quiosco no que, precisamente, daban de beber gratis (zumos, Coca-Cola, birra, etc.) A pena, xa vos digo, o tempo. Pillei unha boa malleira e a choiva que comezou a caer cando estaba acabando o desfile, fixo que se anularan os fogos de artificio con que remata o Carnevale de Viareggio.
Se queredes ver máis fotos, buscádeas no enlace. Podedes ver o grande que son as carrozas, collendo como referencia á xente.
E nada máis, do luns xa non digo nada. Mirando os comentarios que fixen chega. No te digo na' y te lo digo to', que diría Vicentín o da Hora Chanante.
Saúde.
Mighelinho


Ángela dijo
Cómo me gustan as fotos e cómo me gusta q vaiades facendo gala da picaresca que nos caracteriza aos ESPAÑOIS!!!!! "Déjenos pasar q venimos desde muy lejos para asistir a este espectáculo tan maravilloso"
Eu quero ir ao hipódromo! IIIIIGGHHRRRRRPPPPPfffffffffffffffff!!
4 Marzo 2007 | 07:50 PM