La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

2 Marzo 2007

restart

Sería algo así como facer unha copia de seguridade antes de reiniciar a túa computadora. Neste caso a diferencia máis importante é que, a copia de seguridade, probablemente non che vala absolutamente para nada, porque se no futuro volves ter outra oportunidade para cagala, ten por seguro que o farás. A pesares de que hoxe mesmo digas que aprendiches moitísimo e que unha experiencia como esta axudarache un mundo no futuro.

Segues a ter esa teima na cabeza, ese ruxe ruxe, que che di dalgún xeito que de presentarse algo semellante dentro dun tempo, voltarías a morder o anzó. Pero, por que segues a pensar niso despois do mal que o pasaches? Porque no fondo coñéceste a ti mesmo, ou polo menos un pouquiño. E sobre todo, e o máis importante, coñeces os teus puntos fracos. Que ninguén se engane porque case nunca cambiamos. Que lle vamos facer, o ser humano eche así de torpe. Capaz de darse conta dos seus erros, pero de caer neles coa mesma facilidade que a primeira vez.

Tomas unha decisión pouco meditada escudado nun "son un romántico", e oito meses despois tes que volver por onde viñeches. O teu propio orgullo impídeche vir antes, aínda que as cousas non pinten ben. Convénceste a ti mesmo de que a situación vai cambiar e de que o sacrificio que estás a facer merece a pena. Pero pasan as semanas e os meses e todo segue igual. Ou peor. Trátase da crónica dunha morte anunciada aínda que non o queiras recoñecer.

E entón tomas o que xa casi deixa de ser decisión para ser obligación "que carallo pintaba eu alí". Volves contento, porque esa é a verdade, porque alí xa non tiña sentido quedarse, nin sequera polo irracional orgullo; pero dache rabia polo mal que che foron as cousas. Por moito que os amigos te xustifiquen e intenten animarte dicíndoche que había que probalo e que lle botaches uns collóns impresionantes. Hai xente que confunde o valor coa estupidez...

Sénteste un pouco defraudado. Defraudado con algunha persona, coa xente en xeral e incluso contigo mesmo. Non por teres fallado, pero si por darte conta aínda agora do parvo que fuches entón. Supoño que esto será ao que a xente se refire cando di que dos erros apréndese. Non que non os volverás cometer, senón que co tempo daste conta deles para repetilos no futuro. Será eso a experiencia da vida.

De momento sei que me queda moito por aprender, porque con 22 anos sigo sendo un novato nesto. Pero ostias como estas son as que che fan ver as cousas dende perspectivas novas, e iso é algo que verdadeiramente non ten prezo. Non é que saibas máis que ninguén da vida, pero curteste un pouco. Como se soe dicir o que non te mata faite máis forte. Só espero que ese curtirse non signifique endurecerse e perder a ilusión, o empuxe, e a irracionalidade que un día me fixeron arriscarme e deixar todo por perseguir un soño tolo ata Madrid.

Ves, xa volvo falar de cometer outra tolería... si é que realmente non aprendemos nada.

P.D.: quería poñer unha canción de Extremoduro (Sucede ou A fuego) pero a computadora estame a dar problemas. Si eso outro día.

marquinhos

servido por Pontevedra 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Mighelinho

Mighelinho dijo

Alégrome que, finalmente, tomaras a decisión de voltar porque penso que era o mellor para ti. Sei dunha mai que seguro que está moi leda hoxe.
Nos vemos en los bares, pero de Galicia. Santakata xa está á volta da esquina. Aínda que, agora que recordo, creo que antes nos imos ver nos bares d'Italia.

PS: Permitinme o luxo de subirche eu a canción de Extremoduro.

Saúde.

2 Marzo 2007 | 01:18 PM

Carlinhos

Carlinhos dijo

Sólo una palabra (o tres...según cuentes): Ven a mis Brazos BONICO!! (vaya, m han salido 5) Pues eso tio. Q Wellcome al nuevo jerusalén (como dice mi abuela; la paraiso prometido...q según ella está entre Tui y Redondela) jajajaja. Q m alegro de tenerte cerca tio. Y eso...snif...q m pongo tonto...

2 Marzo 2007 | 06:52 PM

ronnie

ronnie dijo

Bueno, yo ya tengo comentado mis pensamientos es este tema, pero bienvenido a casa, si es que hace falta decirlo. Y otra cosa, bienvenido al bog también, que hace tiempo que no dejabas caer nada.
Un fuerte abrazo.

3 Marzo 2007 | 02:03 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera