La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

5 Marzo 2007

Paso de ecuador

Esta entrada vai quedar máis resumida do que eu quixera, porque tiven un pequeno problema. Porca miseria, estes ordenadora de agora son uns cabróns. Seleccionan as cousas sen darte conta, e se lle das sen querer á tecla equivocada no momento equivocado, fód... a base de ben.

A miña última semana sotto il sole della Toscana (hoxe máis que nunca, xa que estanse batendo records de temperatura nestas datas, que non se deron nos últimos 200 anos; seica por Galicia anda nevando) foi bastante tranquila. Sigo, como quen di, de vacacións. Andiven bastante tempo da semana á miña bola, xa que todo o mundo anda currando e eu son o único que anda ocioso. As últimas comezaron a traballar o xoves e o venres. A min non me quixeron no sitio onde fixera o primeiro coloquio, porque seica estaban buscando xente doutro perfil. Xa me dixera unha rapaza doutra convocatoria (a de Damián) que me chamaran a min só e non a dúas rapazas que é o que buscan. A cuestión é que queren a rapazas para que, tamén, fagan de azafatas nas exposicións que van tendo. Evidentemente, como vos podedes imaxinar eu non dou o perfil, non. Teñen razón, jeje.
Así as cousas, algúns téñenme unha envexa sana xa que ao saír mércores e xoves mentres que eu quedaba na cama durmindo, eles tiñan que ir currar. Pero a min, sinceramente, estame empezando a agobiar un pouco o tema porque só me quedan 40 días aquí. Hoxe estou esperando a que me manden un mail no que me digan si me aceptaron no sitio onde tuven unha nova entrevista o venres, e tamén me digan o horario.

Este segundo sitio, tamén é outra axencia de comunicación, pero ten peor pinta que a outra. De feito, a propia muller que me fixo o coloquio xa me dixo que o posto non era moi atrainte. Consistirá en actualizar unha base de datos co Excel, ao tempo que me ensinar como funciona un programa que -penso- se chama FileMaker. É dicir, nas súas propias palabras, traballo de secretaria. Pero bueno, vendéronme tamén que me falarían bastante e que podería ver como funciona por dentro unha axencia destas características. Espero que, se me aceptan, unha vez que estea dentro poida buscarme a vida e propoñer outras tarefas máis atractivas. Se cadra a culpa foi miña por pedir algo que non fora só deseño gráfico.
O bo deste curro é que está no centro de Firenze, a escasos dous minutos a pé do Duomo. Máis céntrico imposible.

E así chegamos ao fin de semana. O venres foi un auténtico espectáculo. E cando digo espectacúlo, refírome a ESPECTÁCULO con maiúsculas. Botámonos unhas risas bárbaras.
Comezamos a noite facendo unhas pizzas caseiras, é dicir de producción propia. Estabamos Miguel, eu, Santi e un amigo deste (ademais doutra rapaza que despois non saíu). Ao tempo que as pizzas se facían empezaron a atacarlle a unha botella de Ron, mentres víamos vídeos de La Hora Chanante en Youtube. Ernesto Sevilla, Julián Lopez, os testimonios, etc. arrancaron as primeiras "carcajadas" da noite. Pero a noite ía pasando e a botella de ron ía baixando. Birra xa non quedaba e Santi e Miguel decidíronse a atacarlle á botella de LK que trouxeran os amigos do primeiro desde Vigo. Entre os dous a pimplaron e, evidentemente, acabaron borrachísimos.
Así foi que á 1:30 da noite, xa mantidos e bebidos, decidimos baixar ao centro de Firenze a seguir coa festa. Os buses urbanos xa non pasaban (interrúmpese o servizo ata as 6:00) e só quedaba a opción das bicicletas. Pero había un pequeno problema. Só tiñamos tres (e unha delas tamaño under-10) para catro persoas. Solución: que alguén fora de paquete. A única combinación posible era Santi e Miguel xuntos, xa que eu e o amigo de Santi eramos uns auténticos pesos pesados.
Arrancamos a odisea e todo se desenvolveu máis ou menos ben, ata que Miguel decidiu darlle o relevo na conducción a Santi. Aos catro metros xa estaban no outro carril e houbo que abortar a operación. Levaría a bicicleta Santi, ata o final.
Chegamos enteiros a Firenze. Estivemos con Bertito e Celso (o compañeiro de Berto) tomando algo e aló polas 4:30-5 emprendimos o viaxe de retorno. Agora xa tiñamos catro bicicletas, xa que Miguel tiña a súa candada arriba, na estación. Pero non sei que foi, se o remedio ou a enfermidade, porque aquí si que comezou a odisea de verdade. Miguel, "cieguísimo" como ía decidiu meter ritmo e escarparse, mentres que nós esperabamos ao que ía na bicicleta pequena. Aos dez minutos vémolo aparecer circulando pola acera en dirección contraria á nosa. Decímoslle que para ónde vai e non entedemos ben o que nos balbucea. O caso é que cinco minutos despois chámanos por teléfono dicindo que estaba perdido. Lóxico coa borrachera que levaba. Tentamos entender onde nos estaba explicando que estaba, pero non fumos capaces. Finalmente, encontrou a casa ben, pouco tempo despois de que chegasemos nós, pero non se acordaba de que se cruzara con nós. Se en determinado momento, le esto e deixa algún comentario dicindo que non foi así, non lle faigados caso que eu era o único que ía sereno.

Resumindo: foi unha noite atípica, pero na que o pasamos moi moi ben.

O sábado fixen unha visita a Fiesole, que é unha pequena poboación que hai nunha montaña cerca de Firenze (aínda pertence á súa Comune) e onde se pode ver unha vista marabillosa de toda cidade. Pódese chegar alí en bus urbano. Para os futboleiros, dicirvos que a Curva Fiesole de "La Comunale Artemio Franchi" é o lugar onde se aloxa o Collectivo Viola, os tifosi máis animosos da Fiore.
Por certo, menos mal que desatendín as indicacións de Damián e este mes fixen o Abbonamento Mensile dos autobuses (en febreiro só comprara billete unhas tres ou catro veces). Na ida a Fiesole pedíronme por primeira vez o billete. Bendito o momento do día antes, no que decidín facer o bono. E hoxe volveronmo a pedir ao mediodía. Curioso que foi o mesmo controllore, pero nunha liña totalmente diferente (na que vai á miña casa).

Volvendo ao sábado, non foron tantas risas. Sobre todo, para o pobre de Miguel que acabou a noite bastante jodido. Volveu a coller a bicicleta ubriaco (borracho), pero con peor resultado. Caeu dela e ten un esguince que, agardemos, se quede en leve. Os médicos dixéronlle que permanecera cinco días de resposo total.
Pola miña parte, a pesar de que inicie a noite tarde e de que non entrei en ningún local, aínda o pasei bastante ben. Foi o último sabado que pasei con Bertito que, precisamente, marchaba hoxe. Aínda estará tres días de visita por Frankfurt.

O domingo estivemos tirados todo o día na casa. Non había forzas nin ganas para facer moita cousa.
Por certo, aconséllovos visitar Bologna de noite se algunha vez vides a Italia (eu aínda o teño que facer, a ver se me da tempo). Unha metade dos que estamos aquí foron saír a esta cidade o sábado e dixeron que había moito ambiente. Sobre todo, universitario. Non deixa de ser o lugar onde se fundou a primeira Universidade de Europa.

PS: Aquí vos deixo unha das cancións que máis levo escoitado dende que estou en Italia (xunto coa última de Tiziano). É o tema dun spot dun coche que, ao principio, poñían a todas horas (non me acordo exactamente de que marca era e prefiro non arriscarme).

Como en Internet se atopa de todo, aquí vos deixo tamén o spot que máis levo visto (máis que visto, podo dicir que escoitado, xa que a televisión témola de fondo e non lle facemos moito caso). Ao final era do Fiat Bravo.

Saúde.

Mighelinho

servido por Pontevedra 15 comentarios compártelo

15 comentarios · Escribe aquí tu comentario

dani

dani dijo

despues de leerme este pedazo tocho que te acabas de marcar solo me queda darte las gracias por lo bien que me lo pasé leyéndolo

os estaba imaginando todos ciegos sobre las bicis y me estaba partiendo el culo xDDD

5 Marzo 2007 | 11:41 PM

Ángela

Ángela dijo

o mesmo digo!!! acabo de entreterme uns minutos a costa túa e de pozi!! jeje! gracias a ti pola trama e gracias a pozi polos medios técnicos!! jiji

bikossss

6 Marzo 2007 | 11:37 AM

noe

noe dijo

FELICIDADEEEEEEEES!!!!
AINDA QUE FAI MOITO QUE NON ESCRIBO NADA AQUÍ, NON ME OLVIDO DOS CUMPLES DOS COMPIS DE GRUPO!!!
UN BICO ENORME!!!!!!!!!!!!!

6 Marzo 2007 | 02:10 PM

marquinhos

marquinhos dijo

eu confiaba en felicitarte por messenger pero hoxe vai ser complicado q coincidamos...asi q iso, felicidades, q cumplas moitos máis, q o celebres ben pero non te subas a ningunha bici, e q t prepares q deica nada estamos ai pra tirarche das orellas.un abrazo amigo!

6 Marzo 2007 | 02:58 PM

dani

dani dijo

pos eso, yo como marquinhos, por si acaso no coincidimos, también te felicito por aquí para que quede constancia que uno no se olvide de estas fechas a pesar de la distancia ...

q lo pases muy bien, meu

6 Marzo 2007 | 03:42 PM

Pontevedra Galiza

Pontevedra Galiza dijo

Felicidades chavalote!!!
Que lo disfrutes mucho, la ocasión lo merece.

6 Marzo 2007 | 04:35 PM

Pontevedra Galiza

Pontevedra Galiza dijo

Parece ser que ahora soy "Pontevedra Galiza", alguien lo entiende?. En fin, felicidades de parte de Javi.

6 Marzo 2007 | 04:40 PM

ronnie

ronnie dijo

Felicidades, home, e que cumplas moitos máis con saúde........... e todas esas boas cousas que se desexan

6 Marzo 2007 | 07:09 PM

Mighelinho

Mighelinho dijo

Pero vaia cutres que sodes. Aquí é onde se ve realmente quén é amigo. Gracias Ana polo teu sms.

Sen acritude.

7 Marzo 2007 | 12:56 AM

marquinhos

marquinhos dijo

eres pontevedra galiza pq fixeches login para deixar o comentario.para colgar articulos si fai falta logear, para os comentarios non, mais q nada para poder poñer o teu nome. miguel esperamos a túa crónica da celebración do cumpleanos.jejeje

7 Marzo 2007 | 12:57 AM

Mighelinho

Mighelinho dijo

Agora en serio. Grazie mille polas felicitacións.

Xa caerá unha entrada cando teña máis tempo.

Saúde.

7 Marzo 2007 | 01:01 AM

Ángela

Ángela dijo

Felicidades cun poukechiño de retraso!
Xa soplaremos as velas pa aí pa final de mes!!!

Bicossss!

7 Marzo 2007 | 09:29 AM

Carlinhos

Carlinhos dijo

cumpleañosfelizcumpleañosfeliztedesamostodoscumpleañosfeliz!! y felicidades a tu mamá por haberte parío!!!!!!
Se q con retraso pero ya se sabe como es esto de las fechas...q si año bisiesto...q si febrero va despues de enero... una locura...

7 Marzo 2007 | 12:12 PM

BaRBaRa

BaRBaRa dijo

hola!! gracias por el comentario!!!!
Me gusto mucho esta entrada, sobre todo porque yo llegue de florencia hace unas dos semanas y lo pase genial..jajaj es hermoso...pero bueno..tanta fiesta como vos (si, soy argentina) no tuve...jejeje

besitos ^^

16 Marzo 2007 | 09:20 PM

marquinhos

marquinhos dijo

alguén está utilizando o blog para "interactuar" con arxentinas???...vexo q non perdedes o tempo,estou orgulloso de vós...

18 Marzo 2007 | 10:55 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera