La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

12 Marzo 2007

Lavorando e Festexando

Despois de que pasasen dúas semanas nas que, falando en prata, me rasquei bastante os oviños parece que a boa vida se acabou. É un dicir, digamos que xa teño algunha responsabilidade e deixei de pensar só en saír, non facer nada, saír...

Dende o pasado martes (día do meu cumpreanos) estou en prácticas nunha axencia de comunicación de Firenze. Chamase Comunica e adícanse a facerlle os plans de comunicación e as campañas de comunicación ás institucións públicas , sobre todo.

Polo de agora o meu traballo é un po' noioso (aburrido), que dirían os italianos, xa que teño que aggiornare (actualizar) unha base de datos.
Agardo que para o xoves cambie a situación e me dean outra tarefa máis relacionado co que estudiamos.

Pero, de todos os xeitos, tamén ten cousas positivas como o feito de estar traballando nun Mac e aprendendo a utilizar o FileMaker. Nunca está de máis saber dun
programa novo, anque sexa de inserimento e tratamento de datos.

Polo demais, estou bastante contento nesta axencia xa que o trato que me están dando é moi bo e falan bastante comigo. No meu segundo día xa houbo un pequeno aperitivo no mezzogiorno (mediodía) para celebrar o cumpleanos dunha das rapazas. Neste aperitivo, ademais de papear e beber viño (non me creron cando lles dixen que non me gusta o viño, aínda que bebín un vaso por non facer o feo) intercambiei unha conversación bastante longa con todos os traballadores da axencia. Imaxinádeme a min explicándolles o que quere dicir o de Falo Galego e o seu doble sentido. Sen dúbida foi o que máis me gustou e me está gustando, porque durante esas 4 horas véxome na obriga de tentar facerme entender en italiano o que mellorará sustancialmente, agardo, o meu coñecemento da lingua de Dante.

E, finalmente, os dous aspectos que tamén me gustan bastante do curro son que o horario non é moi pesado. Entro ás 9:30 (só o fixen a esa hora o primeiro día) e saío ás 13:45, máis ou menos. O horario oficial era de 9:30 a 14, pero digamos que ninguén fai un control exhaustivo das miñas horas de entrada e saída e, tanto cando chego como cando me vou, a directora e a ragazza que me leva a min non están (primeiro porque chegan máis tarde e segundo porque se van comer á 13:30), así que estou como quero no tema de horarios.
E outro aspecto positivo é que traballo a escasos dous minutos a pe do Duomo. É dicir, máis céntrico imposible.

Fóra do puramente laborable, a festa continúa en Firenze. A verdade é que este fin de semana deu para moito e, sobre todo, para moitas risas. O venres foi espectacular. E o sábado estaba sendo, tamén, unha boa noite ata que cinco marroquíes se cruzaron no noso camiño e lle roubaron a carteira a un compañeiro de piso. Afortunadamente (dígoo agora, pero naquel momento estaba cagadiño) cruzámonos de novo con eles e pedímoslle que nos devolveran a carteira ou, polo menos, os documentos
xa que senón era unha putada para o meu compañeiro. Recoñeceron que foran eles (imaxino que, sobre todo, porque sabemos onde están sempre e terían medo a que foramos cos Carabinieri outro día) e accederon a buscar os documentos. Despois de darlle cuarenta voltas a rúas estreitas e pouco iluminadas, acabamos atopando os documentos e devolvéronnos a carteira. Quedaronse con 25 € de botín que non lles poideron pedir porque liscaron cada un por unha rúa diferente, cando apareceron por detrás nosa os Carabinieri (nós non os chamaramos, aínda que o medo que temos é que eles pensen que si).

Pero volvendo ao venres foi unha noite espectacular. Aquí vos deixo dúas fotos que dan fe do ben que o pasamos. Son das poucas que son mostrables, jeje.

A primeira delas é dun amigo de Santi que veu pasar uns días de vacacións a Florencia. Debían ser as 3 da mañá cando se subiu a un contedor de lixo a cantar a mítica (para os celtistas) de: "Gustavo López, loro, loro loro, Gustavo López".

.

E a segunda somos Santi e máis eu chegando á casa aló polas 6 e media da mañá. Como podedes comprobar a esa hora aquí xa é de día. Un bonito amencer sotto il sole della Toscana.

E para os que me vades visitar, aquí vos deixo un par de fotos para ir abrindo boca. As dúas primeiras correspóndense á vista xeral de Firenze que se pode ollar dende o Piazzale Michellangello. Fun por primeira vez a semana pasada. Ía so. Estabase moi ben cun brilante sol e unha brisiña que acariciaba e refrescaba a cara. É un sitio que invita a pensar e reflexionar. Eu ese día fíxeno. A reflexión xeral é que fixen moi ben en virme estes tres meses a Firenze. Cheguei a esa conclusión alí. Supoño que o paisaxe que tiña diante dos meus ollos axudou. Non se ve a vista xeral (a ver se algún día me acerco coa cámara que aínda non saquei ningunha foto propia de Firenze), pero asegúrovos que é impresionante.

E a segunda correspóndese á vista que se pode ollar na Cúpula do Duomo. Eu aínda non subín, xa que hai que pagar e estou esperando a que me veñan as visitas para facelo. Abstéñanse de subir aqueles con vértigo, medo ás alturas ou que non se vexan capaces de subir as case cincocentas escaleiras que ten.

PS: Aquí vos deixo unha canción que me recorda moito ao Carnevale de Viareggio. Sei dun que seguro que lle gusta e estoume rindo só de imaxinalo cun dos seus modelitos mentres que baila este tema apoiado dunha silla.

Saúde.

Mighelinho

servido por Pontevedra 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

dani

dani dijo

Gustavo López, loro loro lo lo, Gustavo López!!!!

13 Marzo 2007 | 11:32 AM

marquinhos

marquinhos dijo

pu to gus ta vo loooooopez lorolorololo....

13 Marzo 2007 | 04:41 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera