Como a maioría de vós xa saberedes, esta semana pasada, boa parte da "troupe" que compón esta comuna, andivo facendo as Italias.
Logo de visitar e coñecer Roma, desplazáronse a Firenze a facerme unha visita. Agardo que, de verdade o pasarades ben, durante o tempo que durou a vosa estancia aquí. Sinto enormemente o tervos feito durmir nun albergue a primeira noite e gustaríame pedirvos desculpas novamente. Pero supoño que entenderíades que a situación non me deixaba outra opción máis.
Polo demais, non sei se o mostrei ou non, pero certamente fíxome moita ilusión a vosa visita. Se cadra o tema da casa non me permitiu disfrutar ao cen por cen da vosa presencia en terras da Toscana, pero penso que ao final non estivo tan mal, tendo en conta que viñéchedes nunha das peores épocas do ano (cando máis xente hai en Firenze) e nun fin de semana.
Aquí quedan algunhas fotos máis. Se queredes agregar das que teñades vós, sabedes que non hai problema ningún.
Aquí tedes outra foto (ao igual que a que encabeza esta entrada) tomada na vila de Fiesole, dende onde se poden observar unhas fermosas vistas de toda Firenze e os pobos que a circundan (Prato, Sesto Fiorentino, etc.).
Reposando nas escaleiras do Duomo, mezclados entre americanos, franceses, japoneses, marroquinos, españois, italianos (os menos), etc.
Unha foto no entrañable Porcellino, no que Hannibal se lava as mans despois dun dos seus asasinatos.
Comentarvos que algún dos "turistas" non consigueu levar a cabo a tradición de meter a moeda, que se deixa caer dende a boca do "animal", ata o terceiro intento. Seica di a lenda, que é sinónimo de que non voltará a Firenze. O tempo falará.
E por último a imaxe que nos ofreceu o Palazzo Vecchio (na fermosa Piazza della Signoria) na noite do domingo. No balcón do Palazzio no que ondean tres bandeiras (a europa, a italiana e a do Comune di Firenze), foi onde colgou as vísceras Hannibal na última secuela (Hannibal Rising). Penso, xa que eu no tema cinematográfico falo totalmente de oídas.
Saúde.
Mighelinho.
PS: A ver se os que me visitaron ou estiveron en Firenze se acordan dalgunha imaxe que sae neste vídeo.


tengo dos cosas que decir respecto a este artículo:
1. a mí del vídeo, aparte de algunas imágenes de Firenze, me suena mucho mucho mucho la música. supongo que a ti también, Miguelinho
2. ¿por qué Marcos sale con cara de mala hostia en todas las fotos? xDDD (bueno, en la del Duomo no se distingue bien, aunque parece que está sonriendo)
1º) Si que me soa si. Sóame a museo.
2º) É certo, na do Duomo sae rindo, pero tiven que buscar ben, porque en todas as outras que teño no Duomo saía con cara de mala hostia.
Saúde.
é necesario que eu vexa que estivestes todos xuntos e eu aquí pringando como unha pringada???? jeje!! que wapos saides (todos!)
NOE
como diria angela, teño cara de "deixoche facerme a foto"...supoño q de aí (e só de aí) ven a miña fama de borde...XDDDDD
Markinhos sólo rie cuando le comen la... (orejita)... q yo lo se... tontorrón ;p
aiiii....por que descobres o meu punto débil???pirata!!!!!
Saúdos dende o traballo en Santa Semana, aínda que a verdade e como se non estivera porque por aquí non veu ninguén, pero é o que hai. Biquiños na orelliña Marcos.