Como moitos de vos non andades por Pontevedra, vouvos deixar aquí os cursos que hai programados para datas próximas.
Protocolo e protocolos para a comunicación corporativa e institucional: as ferramentas da excelencia. Comunicación e protocolo. Este curso organízao Fernando Ramos, sinónimo de excelencia e garantia de aprendizaxe. É similar ao que se organizou outros anos, memoria final, asistencia... Será nas datas 22, 23 e 24 de maio. Para máis info e para matricularse mirade en Bubela. Aprobeitade a visita a bubela para botarlle un ollo ao Curso on line de Flash.
Xornadas sobre Publicidade "Marca Galicia". Organizadas polo Club Internacional de Prensa na Facultade de Ciencias Sociais. Datas: 29, 30 e 31 de maio. Son unha serie de conferencias sobre responsabilidade social corporativa, o futuro das axencias de publicidade, novos medios, publicidade institucional, etc. Destes temas falarán responsables de grandes empresas (Unión Fenosa, Caixa Galicia, Gadisa...), directores de axencias de comunicación galegas, creativos publicitarios... Son todas moi enfocadas ao mundo profesional. Ademáis, Joan Costa, dará un obradoiro sobre "O plan estratéxico de Comunicación, ferramenta central na construcción e control da Imaxe de marca". Este obradoiro ten moita demanda, polo que non se permitirá a asistencia de quen non asista a todas as demais charlas. Para anotarse hai que enviar ao correo club.inter.prensa@xunta.es antes do 17 de maio os seguintes datos: Nome e apelidos, enderezo postal completo, código postal, provincia, teléfonos de contacto, correo electrónico, profesion, centro de traballo/facultade/centro de ensino, dos temas que se adxuntan, ¿cales lle parecen de maior interese?, qué outros temas incluiría vostede nestas xornadas? e observacións que se consideren oportunas. no asunto poñer o nome das xornadas.
Aprobeito para deixarvos o linká Convocatoria de Concursos daUniversidade de Vigoe para deixarlle unha canción ao Migueliño que está recen chegado da Toscana.