La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

25 Abril 2007

Despedida e peche. Ciao Italia!! Ci vediamo presto.

Esta entrada, se cadra, non ten moito que ver convosco. Máis ben vai dirixida aos meus compañeiros de aventura italiana. Pero como este noso blog naceu para que cada un fose contando as súas experiencias, tanto profesionais coma vitais, aquí vos deixo esto.
Custoume moito buscarlle un título. O de ci vediamo presto vai dirixido tanto a Italia como aos meus compañeiros de travesía, os que me axudaron e aguantaron estes tres meses.




20 de abril do 2007 12:20 horas


Sobrevoamos o Mar di Liguria e o ceo de Portofino (si, Santi, quello luogo que te piace tanto). Gustaríame botar unha cabezada porque sei que o necesito, logo da despedida desta noite pasada e do pouco que durmín. Mais, non sei o porqué, pero non podo. Se cadra, os recordos, as ganas de seguir en Firenze... Non sei. Supoñíame e sabía que hoxe sería un día de moitos sentimentos. Sentimentos encontrados. Por unha banda de –xa- saudade do que deixo atrás e, por outra banda, de ganiñas de volver ver a familia, aos amigos, de regresar –en definitiva- á casa. Sen embargo, teño que admitir que chegado o momento , os primeiros
gánanlle aos segundos por bastante. Xamais o pensaría. Os que me coñecedes máis, sabedes da miña querencia especial polo meu pobo e Galicia en xeral. Mais é así. Creo que significa moito, e deixa ben ás claras cómo foi a etapa que pasei en Italia.


O tempo de espera no Aeroporto foi, ademais de aburrido (o avión retrasouse unha hora e cuarto, aínda recordo as palabras dunha que dicía que Meridiana destacaba pola súa puntualidade –seguro que si le esto se da conta que vai por ela), moi duro. E si, algo chorei. Aínda que creo que o cansazo e o seco que debo ter os ollos, conseguiron que non fose gran cousa. Agora semella que algunha bágoa volve arrimarse. Será o Tiziano que me pon sentimental.

Non sei, retorno a casa contento. Non, perdón, moi contento. A experiencia foi moi gratificante. Foron tres meses que pasaron moi rápido e de xeito moi intenso. Moitos momentos que non
esquecerei, moitas vivencias inesquecíbeis. Aprendín algo dun novo idioma, xa sei algo máis da cultura italiana, coñecín moitos lugares preciosos como “Cinque Terre”, cidades con encanto como Siena, decadentes (sic) como Genova, Arezzo onde la vita è bella, o Carnevale de Venecia e Viareggio, etc. Pero, sobre todo, quédome coa xente. De veras agardo que non perdamos o contacto. Sei que será difícil, máis... quén sabe. Sodes todos grandes, moi grandes!!!

Sinceramente, non me esperaba pasar e vivir todo o que vivín con vós. Foi incrible o ben que o pasamos, pero sobre todo o ben que nos levamos. Repítome, quédome con esto. Grazie a tutti. Chapeau!!! Me quito el sombrero.

Dos que compartiron piso comigo, que podo dicir que non saibades. Simplemente, ESPECTACULAR. Sodes a hostia (perdón), un auténtico espectáculo. Só me gustaría pedirvos perdón se, nalgún momento, me comportei mal ou fun un pouco cascarrabías (ou rosmón como vos gusta dicir). Sabedes que moitas veces non o facía con mala intención e só eran ganas de picar.

Botarei de menos esos despertares que me ofrecíades (esto último vai dirixido a Santi e Miguel). Que grandes eran os aires da Toscana. Tamén botarei de menos as chegadas da serata spagnola e os cantares de Bruno. Que grande é Grace Kelly, jeje.

E, por suposto, tamén botarei de menos á señora da casa. Aínda que estou seguro de que nos vai botar ela de menos, porque a tiñamos como unha auténtica reina. Ten que recoñecelo, jeje. E a Papu tamén xa a botamos de menos desde que marchou. Parece mentira, pero só pasaron dous meses dende aquela. O que eu dicía, pasaron rápido e moi intensamente.

En canto ás de Masaccio, pouco máis podo dicir. Gracias polas celebracións na vosa casa, gracias por hospedarnos tantas veces (sobre todo a algúns moitas veces, jeje) a pesar do pouco espacio, gracias pola vosa despedida... En fin, non quero pensar moito agora mesmo en todo o que fixemos, porque me volven asomar as bágoas. Nunca esquecerei esta outra comuna particular da miña vida. Levareivos sempre comigo. Siete Bravisimas!!!

Despois están as de Ricasoli. Non sei por qué, pero parece que pouco a pouco me van caendo mellor @s madrileñ@s, jeje. A vós tamén gracias polas festas na vosa casa, por deixarnos disfrutar da vosa terraza nas -xa- cálidas noites da Toscana, por compartir as vosas vistas do Duomo connosco. Pero, que queredes que vos diga, o mellor desa casa non son as vistas, senón le ragazze que habitan na camera doppia. Sodes grandes!!!

Non me quixera esquecer de Alberto e Celso. Con eles tamén pasamos bos momentos. Foron os nosos guías cando chegamos a Firenze e os que nos descubriron algún que outro sitio, tanto para saír como para ir de aperitivo, por exemplo. Foi unha pena que non coincidíramos máis tempo na cidade. E, sobre todo, que cando fúchedes a Eslovenia, nós aínda levabamos pouco tempo en Italia.

16:32.

Estas liñas xa as escribo dende o aereo que me leva á Coruña. Menuda odisea para chegar a tempo de coller o vó. Faláranme de que a T4 era grande, pero tanto non ma esperaba. Agora xa entendo como Iberia é das compañías que máis equipaxes perde.

Supoño que estarei xa atravesando ceo galego. Non hai terra como a nosa. Certo. Pero cada vez vexo máis claro que non tería inconvinte en pasar outros tres meses máis en Firenze. Iso si, seguro que a cousa non sería igual. Non sei porqué pero, sen querer ser reiterativo, penso que a xente tivo moito que ver no agradable que se me fixo a estancia. Grazie a tutti, di nuovo.

Non quero seguir pensando en todo o que deixo atrás (verdadeiramente estáseme facendo difícil facelo, imposible). Ragazzi fiorentini, estamos a 20 de abril. Nos vemos en los bares que dirían os Celtas Cortos. Próxima estación: Santakata. Non é un bar en si, pero seguro que as pintas están máis baratas que en Firenze. Claro que beber coa fachada de Santa Croce ás costas ou coa Cupola do Duomo enfronte non é o mesmo. Pero bueno, eso levareino gravado para sempre comigo. E a vós tamén. Sicuro. Ou madialeva que diríamos por Lugo.

Anuncian que poñamos os cintos que o aereo empeza a descender. Miña nai seguro que está contando os minutos para verme. Eu tamén o estou facendo, pero para dúas cousas. Primeiro, para ver a meus pais, e despois para que nos volvamos a xuntar todos.

PD: Xa pasaron uns cinco días desde que escribira esto. A verdade é que o fin de semana estiven bastante ocupado, pero ao mesmo tempo con bastante tempo só. Momentos nos que tiven moito tempo de pensar e, sobre todo, recordar. Por iso lles poñía nos sms que disfrutaran a tope ata o final dos días que lles restaban, que xa habería tempo despois de botar a mirada atrás. E máis vendo os anuncios de Fiat Bravo e da cancion esta de Grace Kelly que me conducen, rapidamente, á Via Pistoiese. A nostalxia empápame (sen pensar mal que vos coñezo).

Agora xa estou en Pontevedra dende onte, reencontrándome cos amigos daquí, cos meus compañeiros de piso, etc. E mañá non sei se darei abasto. Comentábao o outro día cunha das rapazas de Masaccio (Llou), vai ser simpático xuntarnos todos en Galicia. Bueno, faltarán dúas, pero algún día seguro que nos conseguimos xuntar todos.

Saúde.

servido por Pontevedra 8 comentarios compártelo

8 comentarios · Escribe aquí tu comentario

bertito

bertito dijo

gracias po tus palabras hacia mi persona!!la verda q nos lo pasamos pipa, chachi piruli!!oye, has pensao en dedicarte a escribir?a mi me gusta muxo como scribes, te lo digo n serio, eh?mñn fieston!!!!nos vemos!!

25 Abril 2007 | 05:02 PM

dani

dani dijo

madre mia madre mia!! ya se lo dije a bertito, me alegro que lo hayáis pasado de puta madre, pero supongo que también entenderás que muestra un poco de envidia (sana) hacia vosotros, no?

de hecho, ya paso de invitarte a nada en santa kata por habernos dejado el piso :P

que no hombre, que estoy de coña

25 Abril 2007 | 08:22 PM

Ángela

Ángela dijo

A verdade é q ten q ser unha experiencia da ostia!!!!!!! Para o ano, iremos visitar ao Dani! ;)

atamaña tronkos!!!!

estádeme presentables cando chegue ;)

25 Abril 2007 | 10:11 PM

carlinhos brown

carlinhos brown dijo

italianos do carallo... pues q sepais q m parece muy mal... ni una camiseta... ni un llavero... hoy pasaré por ponte (a las 5 o así) ya m dareis un buen abrazo, piraattassss :*

26 Abril 2007 | 09:29 AM

ronnie (en proceso de ir al baño)

ronnie (en proceso de ir al baño) dijo

Me cagho en tó carallo, O Miguel venme italianizado, tanta palabriña culta e bella vía Italia, hay que joderse...

Fóra coñas, pareseme moi mal que non truxeras nada de Italia, se Carlos falaba de mecheros e camisetas, eu digo que tiñas que haber traído unha porno italiana, por iso do intercambio cultural...

26 Abril 2007 | 10:02 AM

O da cama do lado

O da cama do lado dijo

Tu sei bravissimo Miguel!!! So teño unha cousa que dicirte: Allora.....

26 Abril 2007 | 03:37 PM

el pirao de Grace Kelly

el pirao de Grace Kelly dijo

Grazie a te Miguelinho x aguantar toas mis borraxeras, idas d olla y el dia a dia...Sara bellisimo ritornare un dia tutti ensieme a Firenze!!!
Oye q mañana tenemos cenuki en Santiago eh??asi q CI VEDIAMO PRESTO!!!
y sobre todo: pensa!!!

3 Mayo 2007 | 01:57 AM

O máis listo de todos

O máis listo de todos dijo

Mijeliño, desde o corazón, a min tamén me fixeches chorar. Bueno, xa sabes que eu choro por calquera cousa, sobre todo cando teño sono. Despois desta experiencia, teño que dicir, por todo o que vivimos, que te debo moitísimo. Concretamente, 100 eurazos. Non ti preocupare, que xa che invitarei a un copazo, eh?

Non, en serio, que cando integra ingrese os 100 euros do carallo irán pa ti, e a ver se antes che podo ingresar un pequeno anticipo.
Ciao, Grande!! (en tódolos sentidos)

9 Mayo 2007 | 12:23 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera