Eleccións Municipais. Recta final
Xa as temos aí. Bueno, realmente xa hai tempo que as temos enriba. Son dos que pensa que habería que acurtar as campañas electorais (e non falo xa das precampañas) e gastar menos cartos nelas. Non concibo como se poden deixar tantos cartos en carteis, vallas, spots, insercións nos xornais, cuñas,etc. Non me colle na cabeza.
Tampouco me chistan moito os mitíns. Teño ido a algún e nesta campaña non fun a ningún. Quixen ir a un dun partido que non acostumo a votar, pero por motivos personais non poiden. De todos os xeitos non me gustan nada os mitíns. Verdadeiramente creo que a ninguén dos que asisten lle interesan e non creo que se fose, conseguisen convencerme para votarlles. Por que? Ten unha resposta sinxela. A xente non vai ao mitín escoitar propostas, novas iniciativas, etc. Non. A xente vai "jalear" ao seu líder. E, supoño que movidos por esa esfera, os políticos adícanse máis a falar e criticar aos contricantes, que a falar das súas propostas. Unha pena. Tampouco me colle na cabeza.
Pero fóra de todo o que para min é negativo das campañas electorais, recoñezo que me tarda moito o domingo. Encántanme as noites de votacións, as noites de baile de números, de alegría para uns e amargura para outros moitos. E máis no caso dunhas municipais e autonómicas (noutras zonas), nas que hai moitísimos resultados.
Din que o sábado é a xornada de reflexión, pero eu xa levo reflexionando máis de dúas semanas sobre o meu voto. E para seguir reflexionando tiven a sorte de poder asistir, o pasado venres, a un debate organizado por La Voz de Galicia,no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Enfrontábanse os catro candidatos que concurren as eleccións do noso pobo (cidade á hora de cobrarnos os impostos). A esfera e o ambiente que se crea no teatroé marabilloso e este acontecemento si que me gustou, realmente. Puiden escoitar aos catro, o que ofrece cada un. Puidenver como atacaban aos adversarios políticos, coa sorte de que había posibilidade de réplica. O único que me disgustou foi algunha xentiña que asistiu, cual palmero real, a "jalear" cada intervención do seu "líder". Perdeuse moito tempo niso,en aplausos absurdos,tempo de ouro para debatir sobre moitos cousas e non só falar de urbanismo. Pero bueno, de todo ten que haber na viña do señor.
Actos deste tipo en campaña si que me parecen interesantes. Os alcaldables de Viveiro xa o fixeran o luns anterior en Telelugo (non o poidera ver porque estaba en Pontevedra). Así realmente poido formarme unha opinión e calibrar mellor a quen votar o vindeiro domingo. Agora estou entre dúas opcións. A almofada decidirá na noite do sábado ao domingo. A almofada ou o que se tercie.
Pero xa que falo de eleccións gustaríame introducir un tema de política, pero sen intencións de entrar en polémicas. Non busco iso. Simplemente que, como estudiantes de Publicidade e Relacións Públicos que somos (que fumos, bueno, eu aínda non, jeje), poderíamos dar opinións sobre os esloganes e campañas de cada partido. Estou dacordo en que os esloganes servirían para calquera partido.
Aquí están os spots. Se alguén ten problemas que avise e cambioos só pola dirección.
Non deixa de ser curioso que os dous partidos se presenten como os partidos do Progreso.
No BNG teñen outra versión.
E finalmente unha versión que atopei de Izquierda Unida. Non atopei a versión galega.
A min as que máis me gustaron foron as dúas últimas. A do BNG pola música e o "xente", fío conducto do spot. Ea de IU por como tratan o tema.
Ademais son cos que a xente se pode sentir máis identificada (cercanía a situacións cotidianas e políticos de segunda ou terceira plana) nunahs municipais. Na miña opinión, é difícil captar a atención dos televidentes en calquer tipo de publicidade. Neste caso aínda o é máis. E abordándoo cun minidiscurso dos líderes de cada partido non me parece a mellor opción. É certo que en todas hai un pequeno discurso, pero na de IU parece máis subliminal, é dicir, a xente non creo que se aburra escoitando, mentres que atende ao que fai o home. Se cadra tamén se pode considerar pouca seria para un partido político.
Daquí a domingo aos partidos políticos aínda lles queda moito traballo (que llo digan a algunha que está enfrascada de cheo na campaña). Á miña cabeza tamén lle queda moito por pensar. Considero moi importante o termo da "festa da democracia", tan manida polos nosos políticos.
Saúde.
Mighelinho

