25 de maio 2006
No meu afán por recordar grandes citas que quedarán marcadas na miña memoria para sempre (bueno, a verdade é que non son moi optimista porque ultimamente fállame dabondo), aquí vos traigo outro data inesquecible. O 25 de maio do ano pasado celebrabamos a Cea de Graduación. Parece que foi onte, pero xa pasou un ano. Manda truco!
Aqueles aínda eran tempos bastante ou, porque non dicilo, moi felices. A verdade é que, quen volvera a aqueles 18 anos, ao inicio de todo. Canto cambiaría o conto. Sei que son pesado con este tema, pero é o que sinto.
Un ano no que aconteceron moitas cousas. Se cadra, houbo moitos momentos peores que mellores, pero alégrame que nos manteñamos en bastante contacto. Agardo que para o ano siga todo igual, polo menos.
A seguinte data será o 19 de xuño. O día no que se acabaron os exames de cuarto. Gran lunes aquel.
PD: Non atopo ningunha foto daquel día. Me parece que lle debín de prestar os dvd's a alguén e aínda non mos devolveu. Así que, ao mellor me tedes que facer unha copia nova porque creo que tampouco teño ningunha foto do 19, San Xoán e días posteriores.
Se alguén ten unha foto a mán de como íamos "disfrazados" aquel día, que non dubide en poñela.
Saúde.
Mighelinho


marquinhos dijo
no meu balance houbo moitos máis bos momentos que malos. de feito o único malo foi a despedida.
26 Mayo 2007 | 11:22 PM