Manises, cans e cadelas
A verdade e que o IV Festival de Cans xa prometía mirando o programa; e non decepcionou. As miñas espectativas quedaron cumpridas con creces.
Alí nos plantamos, no centro neurálxico, na zona VIP do festival: o Bar Moncho. Parecía o paseo galego da fama: Morris, Manquiña, Teté Delgado, Carlos Blanco, Isabel Blanco, Antón Reixa... Quen os viu alí e quen os viu despois...
O local onde se proxectaban os cortos do venres era o baixo do bar, unha especie de almacen - trasteiro onde se instalou un proxector e uns bancos feitos de táboas e caixas de refrescos e cervexa.
Despois da proxección, bocata de tortilla e estrella galicia para ver no CQC a reportaxe de Cans. Máxima espectación no bar!
Primeira sorpresa: Gritos en la noche
Esta foi a película que vimos no baixo do bar. Foi rodada cun presuposto de seis mil euros, moi rentabilizados a xuzgar pola repercusión e a difusión que está tendo. Os protagonistas desta historia son froitos secos customizados. Parece rodada cunha bolsa de revuelto: os manises (cacahuetes) son os protagonistas, as noces convírtense en cans e as pipas son paxaros. Unha película de terror con moitos guiños cómicos e cunha gran influencia do cine expresionista alemán, especialmente do Gabinete do Dr. Caligari. Estas influencias pódense apreciar no deseño dos escenarios e tamén na temática. O final non é o mellor da película, pero en conxunto deixoume unha boa impresión. Encantaríame ver un making of!
Segunda sorpresa: Víctor Coyote e Os Bravos de São Vicente
Impresionante -emocionante... Non sei como describilo. Victor Coyote uniu as guitarras eléctricas cos bombos do grupo portugués. Como sonaba eso! Estabamos coa boca aberta vendo a actuación. Este video é de onte, dun momento da actuación.
Terceira sorpresa: The Ellas
Nunca escoitara o grupo de Tosar. Sorprenderonme porque non confiaba en que foran tan bos. Podedes escoitar e ver algun video aquí. Para min, Tosarde cantantegaña moitos puntos! Houbo quen dixo que era moi prepotente, pero a min no escenario gustoume. Emocioneime con tres acordes que tocaron dunha canción galega e quedeime coa esperanza de que a tocaran ó final, pero non houbo sorte.
Aninha


dani dijo
y al final conseguimos que Manquiña entonase el 'tú tenías mucha rasón ... no te hise caso'!!!!!
28 Mayo 2007 | 03:10 PM