Máis "rojos" que nunca
Sorprendeume entrar na comuna e non encontrar ningun post do miguelinho para comentar os resultados electorais da Galiza en xeral e da súa terra natal en particular. Pareceme raro que non nos deixe aquí a súa valoración destas eleccións!
Eu vou comentar o que me toca máis de cerca:
Parecía imposible, pero en case toda a comarca dos Ancares comezará a gobernar o PSdeG-PSOE. Un cambio radical para o queviñeron sendo os anteriores vinte anos.Tan inesperado foi o cambio que incluso na Voz de Galicia se equivocan ó facer o gráficoe poñen que gañou o PP en Becerreá e en Navia de Suarna, cando ten maioría absoluta o PSOE nos dous concellos.
Ainda que estes gráficos de elaboración propia non son de moitofiar, xa que en Cortegada tamén pon que gañou o PP e ten a maioría absoluta o PSOE (campaña na que colaborei).
En Coles, non puido ser maioría absoluta, pero o candidato socialista (campaña na que tamén colaborei) pactará co BNG para acadar a alcaldía. A verdade e que o merecen porque son un equipo que traballou moi duro preparando toda a campaña cos poucos recursos dos que dispoñen e adicándolle moitas horas.
O outro día nun dos cursos de doutorado, unha rapaza estaba comentando unha campaña dun partido político de Ponteareas,que dicía ter moi pouco orzamento. Eu imaxinaba unha cantidade similar á dos concellos que xa coñecía, pero a rapaza empezou a explicar o plan de medios e aparecían incluso autobuses rotulados coa foto da candidata para informar á xente durante a campaña.
Estas eleccións foron "especiais" para min, porque vivín máis de cerca (e non tan cerca como me gustaría) o día a día dunha campaña electoral.Tamén me serviu a experiencia doutra xente que teño cerca,traballando en campañas de Sanxenxo ou de Ourense.
Destos días/meses saquei tres conclusións:
1. É impresionante a cantidade de diñeiro que se manexa nunha campaña e nunha precampaña, por moi pequeno que sexa o concello. Ainda que non todos son Telmo Martín nin candidatos a alcaldes de Sanxenxo, as cifras son impresionantes e a forma en que se obteñen estas cantidades tamén.
2. Os partidos políticos confían en estratexias non de todo honestas, en moitos casos faise efectivo o dito de que o fin xustifica os medios.
3. Temos un nicho de mercado impresionante para os Licenciados en Publicidade e Relacións Públicas, xa que en moitos partidos non contan con asesores en temas de comunicación, nin con xente preparada para levar a campaña. Incorporando a alguen con formación en comunicación,o resultado final nótase, e son desde o propio partido os primeiros en recoñecelo. Personalmente, creo que a inversión que supón para un partido o contratar a alguen de comunicación, se recupera moi pronto. Aprobeitade a situación e se a alguen lle gusta este campo, que comece a enviar curriculos.
Aninha


Xabi dijo
No meu concello, Castrelo do Val, nas recónditas profundidades do Ourense de Baltar, o BNG sacou un concellal por primeira vez en moitos, moitos anos, case-igualando o número de votantes do PP. O PSOE revalidou a súa maioría de novo, polo que confío en que a relación concello-CC.AA-Estado sexa fructífera coma estes dous últimos anos...
E todo iso nun día no que me tocou estar na mesa electoral.
Bravo polo meu concello!
PSOE: 6 concellales
PP: 2 concellales
BNG 1 concellal
30 Mayo 2007 | 01:44 PM