Volve Mensamanía
Como sei que por aquí pulula algún que outro mensamaníaco, aquí vos queda o aviso para que lle saquedes o maior rendemento.
Dende mañá 1 de xuño ata o 31 de xullo, poderedes ter 100 sms e outros tantos mms "gratis" ao día. O custo da activación é de 9€ (10,44 IVA inc., que ponna letra pequena) e podédelo facer a través de tres vías:
- Mensaxe gratuita ao 136, no que debedes poñer MM ON.
- Chamando, tamén gratuitamente, ao 136.
- Entrando en www.vodafone.es, dentro de Mi Vodafone.
Así que xa sabedes. Por certo, para ir testando a xente que o vai facer e ver se me compensa, quen se vai apuntar desta vez?
Saúde!

