Aquí vos deixo un vídeo dunha persoa que, ultimamente, volve a estar collendo moito protagonismo. Non sei se estará pensando en volver a presentarse nas seguintes xerais.
Eu tiven a "sorte" de asistir en directo a unha intervenciòn de Aznar nun debate nunha televisión italiana. Destrozou a lingua. Dante estaba revolvéndose na súa tumba de Santa Croce (Firenze). Aquí vos queda unha pequeña mostra.
Este tipo é un fenómeno. Ao mellor é que como en Italia ninguén lle di que pode ou non pode deixar de beber, é posible que estivese un pouco perxudicado. Son todo conxeturas miñas.
Por certo, eso mesmo debía pensar o seu fillo maior (que en Italia podía facer o que lle petara)cando o "pillaron" na autovía Firenze-Pisa-Livorno, nun Porschea máis de 70 km/h da velocidadepermitida. O primeiro que lles dixo aoscarabinieri foi que era o fillo do Presidente do Goberno español. De casta le viene al galgo, que dirían para aló do Padornelo.
E aquí tedes algunha parodia que fixeron sobre o italiano de Aznar:
Curso de idiomas con José María Aznar
El Intermedio (La Sexta)
Alguén pensaba que despois do seu acento texano non se podía superar? Errou.
Podía facer como o Miguel Ángel Muñoz. Cando o entrevistaban falaba en castelán e traducíanlle. Se entendía algunha pregunta á perfección, contestaba sen esperar a que lle traducisen e quedaba de puta madre.
Por certo, a que o fala bastante ben é Penélope Cruz. Supoño que a gravación de"No te muevas" (Non te muovere)terá moito que ver.
Saúde.


- '¿sabe hablar castellano?'
- 'soy corresponsale del el diario 'La Reppublica' en España, así que sí'
- 'coño, pero si habla mejor que el Rey'
xDDDD
a todo esto, gran aportación del corresponsal de 'La Reppublica':
- 'está hablando en castellano con acento italiano'
- 'muchísimas gracias Alessandro' (ale majete, ya te puedes ir) xDD
Migueliño, só quería facerche unha precisión. A tumba de Dante non está en Santa Croce. Nen sequera está en Firenze. Nos últimos anos da súa vida, Dante foi deportado de Firenze a outra cidade italiana que non está na Toscana. Virá na Wikipedia, pero agora mesmo non me apetece buscar a cidade exacta. Que pena non poder estar contigo e apostarte 50 euros a que non estaba enterrado alí... ai, que tempos, sniff, sniff.
Sen acritude
(jeje)
Certo, recoñezo o erro. Está en Ravenna. Pero, comunque, andaríamos fifty-fifty, xa que en Santa Croce había un sepulcro preparado para Dante, onde finalmente non foi enterrado. Morreu en Ravenna durante o seu exilio perpetuo (primeiro fora condeado a só dous anos, pero ao non poder pagar unha multa que lle impuxeran, pasou a perpetuo) da cidade Toscana, logo dun conflicto en Güelfos e Gibelinos. Para máis información:
http://it.wikipedia.org/wiki/Basilica_di_Santa_Croce
http://es.wikipedia.org/wiki/Dante_Alighieri
PS: Entón estarase revolvendo na súa tumba de Ravenna.
Saúde.
Non sei que é mellor, se o ridículo espantoso do noso ex, ou a cultura genererale, que diría o mesmo, que introducides neste blog. Gustoume moito a historia italiana.
son eu o único que entende o acento galego de Aznar!?
De feito, sempre dixen que o italiano é moito máis parecido ao galego que ao castelán.
E tenme contado xente que, falando galego en Francia, lles tiñan dito se eran italianos.
Saúde.