La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

3 Junio 2007

Consideración políticas varias

Vexo por esta blog que o tema político nos move moito....
Iso non é malo. É máis, eu alentaríavos a que comzásemos a participar e non so como votantes...
e se non mirade o novo alcalde de Fene, licenciado en Publicidade e RR.PP coma vós (non o podo dicir de min) http://ivanpuentes.com/
Eu son dos que cren que as cousas poden cambiar. Estou dacordo contigo, marquinhos, en que os ideais e principios hai tempo que deixaron de ir da man da política, mais non creo que desapareceran: están por debaixo dos beneficios persoais.
E dos favores de partido... que se pagan.

Coido que o problema de fondo e a fórmula D'Hont , que favorece aos partidos grandes en contra de novas alternativas (refírome aos partidos como Terra Galega - ao marxe da implicación co PP - que se posicionan como 4º forza política co 1% dos votos pero sen o mesmo porcentaxe de concellales). É certo que no comezo da democracia (ese que non chegamos a vivir) era unha fórmula acertada para evitar a atomización do voto. Pero hoxe en día esta fórmula sustenta un bipartidismo que á larga vainos a pasar factura. Porque non todo é PSOE ou PP, ou porque o nacionalismo non é a única alternativa ao bopartidismo (lembrovos que, para ben ou para mal, o PP é nestes momentos o partido máis nacionalista de España, e dos primeiros de Europa).

Así, é certo que "somos máis -rojos- que nunca", pero o resultado das votacións en concellales non reflicte a realidade en canto a votos vs concellales.

En canto ao que dis, Marcos, sobre o elitismo... non sei que che diga. Por suposto que non estou dacordo con gobernos oligárquicos nin elitistas, pero coido que o sufraxio "universal" ten un problema, é demasiado universal.
Debería ter dereito a votar unha persoa que non sabe ler nin escribir? ou dito doutra maneira: debería ter dereito a voto unha persoa políticamente heterónoma (é dicir, que non ten a capacidade racional para elexir unha opción política, ben sexa porque non entende as que hai ou porque non pode distinguir entre as que hai)?
Debe calquer persoa ter dereito a presentarse nunha candidatura?
Esto último dígoo porque o cura do meu concello adoitaba presentarse por un partido (non fai falla que diga cal é) e utilizaba o sermón dominical como ferramenta de adoutrinamento.

E, para rematar, por favor absterse comentarios políticamente paletos. Tampoco creo na liberdade de expresión total, aínda que non vou a ser eu quen exerza a censura.

Xabi

Tags: politica

servido por Pontevedra 10 comentarios compártelo

10 comentarios · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

o q tu plantexas xabi sobre se todo o mundo ten dereito a votar vai, na miña opinión, un paso máis alá do que eu comentaba hai uns días. q unha persoa non saiba ler nin escribir non debería, ó meu xuízo, ser impedimento pra votar. ler valeríalle (entre outras cousas evidentemente)pra ler o programa.pois vale, pero hoxe q porcentaxe d persoas votan a un partido ou outro en función do programa electoral?todos sabemos q o "único" q varía duns comicios a outros son ós q os partidos tanto lle gustan chamar "indecisos", e poucas veces estes indecisos votan en función dos programas.lamentable o exercicio do dereito ó voto poucas veces é un acto racional.

en relación ó concepto de heterónomas, penso q iso non debe ser tp un impedimento.a maior parte da xente non sabe moi ben cal é a diferencia entre unha opción política ou outra, ou a única diferencia q coñece permítelle facer unha única clasificación:esquerda e dereita, sen entender os miles de matices que hai entre eses dous conceptos (q conste q esta é unha opinión miña).excluir da vida política a unha porcentaxe tan importante da poboación, si q se converte, ó meu modo de ver, nun elitismo.prefiro q a "masa" se equivoque nas furnas e non que unha elite elixa por ela.

a verdade é q o tema de q todo o mundo poida participar ou non é un debate bastante escabroso. porque levando ese razonamento ó extremo, por esa mesma regla de tres non podería participar nadie q non perseguise o ben común, condición q actualmente excluiría a todos os partidos políticos.

4 Junio 2007 | 01:30 AM

ana

ana dijo

Eu estou a favor do sufraxio universal, únicamente limitado pola idade mínima, xa que en caso de limitalo por outras variables o problema sería poñer o límite entre os que poden votar e os que non.
Non saber ler ou escribir, na miña opinión, non podería ser un factor que impedira votar, xa pode haber persoas que se enteren por outros medios (radio, tv) do pulso político da súa comunidade e o mellor a coñezan mellor que outras persoas ás que non lles interesa. Nos países nos que o índice de alfabetización é moi baixo, como en México, para votar empreganse papeletas de cores para os diferentes partidos e os partidos empregan durante a campaña esta cromática para que o votante os poida diferenciar.
Tamen na miña opinión, o dereito de presentar unha candidatura debe ser para todos, sempre e cando se respeten nesa opción política os dereitos universais e a constitución, xa que neso consiste a democracia. Outra cousa é o feito de que un determinado candidato non teña a suficiente capacidade como para facer unha boa labor ó frente do goberno, pero eso xa é culpa da xente que o escolle.

4 Junio 2007 | 02:19 AM

Xabi

Xabi dijo

Qué curioso o que plantexas, Ana, sobre o uso das cores das papeletas políticas. Entón os cidadáns son manipulados inconscientemente polo código visual das cores.
A quen votan? ás cores qu emáis lle gustan?
Iso xustificaría o xiro ao laranxa do PP dnde o 11-M

Marcos, máis ben penso que a maior parte da xente non entende nin sequera a diferenza entre esquerda e dereita. E non falo so de xente maior: tiven un compañeiro de traballo, ben novo el, afiliado ao PP, que non sabía quen era a esquerda e quen a dereita!!!

Tampouco eu estou dacordo en rescindir o sufraxio ata minoría elitista, senón máis ben plantexar o debate para unha posible reforma tanto da fórmula electoral como da reformulación do "zoon politicon" que dicía Platón. Porque a fin de contas, a vida política, como forma de organización da sociedade, debería importarnos a todos e cada un de nós.

4 Junio 2007 | 12:17 PM

Mighelinho

Mighelinho dijo

Buff, é moi complicado esto que comentades. Máis ou menos sei ao que te refires, Xabi. No teu blog e na conversa que mantivemos o outro día, entendín que algúns dos exemplos que me espuxeche non deberían votar.
Ou, polo menos, non parece moi lóxico e, incluso, ético.

Pero establecer esa barreira entre o SI ou o NON, en moitos casos podería ser moi complexa. E eu mesmo, aínda non teño moi claro que teña a experiencia e os coñecementos adecuados e precisos para acudir a votar, sen trabucarme de eleción no meu voto.

Penso que o problema non está en reducir o sufraxio a unha minoría elitista (ao estilo da ágora ateniense), senón en que os que nos gobernan (os de maior cota de poder, non os nosos alcaldes), os que eleximos, son a verdadeira minoría elitista, que na maioría dos casos pouco lles importa os demais e o ben común.

E no caso das cotas de poder menor, sen querer ser presuntuoso ou soberbio, creo que si se debería esixir "algo" para optar a un posto público de concellal ou alcalde. Porque (volvo a dicir, sen querer ser presuntuoso ou crerme superior) vaia algún candidato a concellal que se presentou no meu concello. E aquí si que coincidían todas as listas, tanto de esquerdas como de dereitas.

E si, a culpa é de quen o escolle, pero se cadra estaría mellor o das listas abertas. Explícome. A min pode seducirme moito o cabeza de lista, o que ao final será alcalde, pero non podo estar dacordo co que vai de número 2(motivos persoais aparte), que ao mellor ocupa ese posto porque é un dos que máis cartos mete no partido (pasou co número 1 da lista do PG na Coruña). Paréceme que a fórmula de elexir aos senadores podería ser máis axeitada. O que pasa é que sería moi enredoso dende o punto de vista de cuantificar os votos e, sobre todo, para os votantes. Despois se pasa como no concello ourensán que sacou todos os edís o PP, todos amigos.

Saúde.

4 Junio 2007 | 05:05 PM

marquinhos

marquinhos dijo

en canto á reforma da fórmula electoral, non sei cal é a túa proposta; e en canto ao término zoon politikon( se me valeu pra algo unha asignatura do bacharelato de cuxo nome non me acordo) penso q é de Aristóteles, non de Platón, e dela fíxose unha tradución errónea ao traducilo como q o home era un animal político, cando Aristóteles referíase a un animal de polis (as urbes da Antiga Grecia, por exemplo), en definitiva un animal urbano, si se me permite a licencia. hai varios libros sobre o tema da tradución errada, pero o q non vou facer vai ser revisar os apuntes en busca deles, q tanta paciencia non teño.XD

4 Junio 2007 | 05:39 PM

Xabi

Xabi dijo

Craso erro pola miña parte!!! Efectivamente, O zoon politicon era de Aristóteles, non de Platón (este era o elitista do goberno dos sabios). Sigo convencido de que se refería ao animal da polis, pero non entendidas como urbes, senón como Cidades-Estado, a unidade máxima - Estado - e a unidade mínima - concello - reunidas nun so concepto.
Quero dicir con isto que, a pesares dos autores que, como apuntan, tratan unha tradución errada, eu defendo á outra parte de autores que entenden o zoon politicon como un home "urbano" como ti dis, entendida a urbe como a entidade sociopolítica na que o ser humano se relaciona e vive.

En canto á formula electoral... agora que comezamos a ter unha democracia máis ou menos estable, quizáis deberían ir parellos o porcentaxe de voto e o porcentaxe de concellais. É unha posibilidade, non desoio outras porque non as coñezo.

No tocante ás listas abertas... uf! Creo que nunca coñecín ningún concello no que as eleccións municipais fosen así (creo que son os concellos de menos de 250 habitantes). Pero penso (e este é un pensamento liviano) que se xa lle custa a moita xente votar por unha candidatura, como para que escollan aos seus representantes un por un!

Por certo, que outra cousa que non me parece ben é que os partidos envíen as papeletas á casa. Debía ser obrigatorio que os votantes escollesen a súa papeleta e sobre na furna, para evitar moitas cacicadas como vin o 27-M no meu concello.
No único que se cortaron foi en colocarlle as papeletas aos vellos diante de min. Tiven que velo cando saín da mesa a comer un bocata...

Por certo, Migueliño, a qué lle chamarías "algo" para presentarse como concellal?
Estudos? formación política? boa consideración social? carácter intachable?
non entendo a qué te refires.

5 Junio 2007 | 12:01 AM

Mighelinho

Mighelinho dijo

Aquí vos deixo un link do análise das eleccións en Galicia que fixo Suso de Toro.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Escombros/elpepuespgal/200...

Hai un concello galego, Negueira de Múñiz (Lugo), no que hai listas abertas. O PP sacou 0 votos este ano. O seu número 1 está censado en Santiago. O resto non sei onde votaron. É o concello onde había (creo que segue habendo) a comuna de robinsons.

Esixirlles un "algo"?
Se cadra debería dicir esixirlles que non tivesen feito un "algo" negativo. Pero si, un pouco de formación política, de estudos, ou de como funciona a Administración Pública si, penso, que se lles debería de esixir.
De feito, na maioría dos sitios, manda o número un (alcalde) e o resto só din que si a todo. Sobre todo nas vilas pequenas e medianas.

Saúde.

5 Junio 2007 | 12:59 AM

Xabi

Xabi dijo

Pois mira, no caso que ti comentas xa se podería engadir "algo" máis a esixir: que o que se presente a alcalde, ou alcaldable, esté censado no concello onde quere gobernar...
Iso para comezar, claro. XD

5 Junio 2007 | 10:21 AM

Mighelinho

Mighelinho dijo

Pois poderíase empezar por aí, certamente. Aquí, unha veciña miña ía nunha lista dun partido e tampouco está censada en Viveiro. Parece ser que chega con que teñas algunha propiedade no pobo polo que te presentes.

Saúde.

5 Junio 2007 | 02:41 PM

Xabi

Xabi dijo

Ese é o caso da cabeza de lista dun dos partidos que se presentou polo meu concello. A unica propiedade que tiña era unha casa en ruinas dos seus avós. Claro que esta, polo menos, traballaba como farmacéutica no concello.

5 Junio 2007 | 04:35 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera