La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

7 Julio 2007

A Toda Mecha_Curtas Express (Festival On&Off Ribadeo: do 1 ao 5 de agosto)

Como non me apetece escribir gran cousa, aquí vos deixo unha información que atopei toda. Corto e pego e arranxo só poñendo os espazos. Seguro que algún pode estar interesado. Podedes vir pasar unhas pequenas vacacións pola fermosa Mariña Luguesa, aínda que esto sexa en Ribadeo (Asturias, vamos).


A Toda Mecha _Curtas Express

Proxecto aberto de Produción de Dixital

IDEA MR MISTO FILMS coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia pon en práctica o segundo proxecto de produción dixital e independente de Galicia.
No marco do Festival ON & OFF que organiza MR MISTO FILMS na localidade lucense de Ribadeo, desenvolverase un proxecto de produción orientado á gravación instantánea de curtametraxes.
A toda mecha – Curtas exprés representa un proxecto de produción conxunta no que a organización pretende poñer ó dispor de mozos creadores todos os elementos precisos para a gravación e produción de varias curtas.
Desde o material técnico ata mesmo a intendencia, a organización poñerá todos os medios necesarios para o bo fin dos proxectos seleccionados na súa gravación e produción.
No marco da celebración do III Festival On & Off, preténdese que Ribadeo se converta nun plató xigante
no que producir varias curtas dixitais.

BASES DE PARTICIPACIÓN

1.Obxetivo

Curtas exprés

O obxectivo dos grupos participantes debe ser a creación instantánea de curtametraxes. Búscanse novos
talentos premiando a rapidez e o orixinalidade das obras. De tódolos xeitos, preténdese sacar o
audiovisual á rúa fomentando a participación cidadá, premiando as rodaxes en exteriores

2. Datas e horarios

1, 2, 3 e 4 de agosto

Dende o mércores 1 de agosto ás 00:00 horas, no que se dará a saída á gravación, ata o sábado 4 de
agosto ás 12:00, que rematará o prazo, os grupos participantes deberán guionizar, gravar e montar as
súas curtametraxes nun máximo de 60 horas.

3. Seleción

20 proxectos de curtametraxe

Selecionaránse un máximo de 20 proxectos de curtametraxe.
A duración das pezas debe ser inferior a 5 minutos (sen créditos).
O proceso de seleción levarase a xeito mediante o envío por parte dos participantes dun guión previo.
Este guión deberá estar aberto ós condicionantes que se entregarán o día de inicio do concurso.
Poderán participar creadores individuais non profesionais, con proxectos en galego, sempre e cando non
representen a ningunha empresa audiovisual.

4. Prazos

25 de xullo

O prazo para inscribirse remata o día 25 de xullo, cando se selecionarán os 15 primeiros proxectos. Os 5
restantes daranse a coñecer no momento da inaguración e a saída das gravacións, o mércores 1 de
agosto ás 00:00 horas.

5. Condicións

Horarios e condicionantes

Tódolos participantes deberán gravar e editar as súas obras nun prazo máximo de 60 horas dende o
comezo da actividade.
A organización entregará ós participantes unha serie de condicionantes en sobre pechado para a
gravación das súas respectivas curtametraxes no momento do inicio do concurso, con motivo de incidir
na imparcialidade das gravacións.
Estes condicionantes refírense ós seguintes aspectos: 1 elemento de atrezzo + 1 localización.
Igualmente fárase entrega dunha cinta de vídeo DV onde deberán grabar e editar as súas curtametraxes.

6. Material técnico

Equipo propio/ equipo compartido

Os grupos seleccionados poderán optar por dúas modalidades:
A- Traballar cos seus propios equipos.
A organización porá a disposición dos participantes un centro de produción onde preparar, gardar e
montar os propios equipos de gravación e edición1.
B- Traballar con equipos cedidos pola organización.
A organización porá a disposición dos participantes un centro de produción onde se poderán solicitar e
empregar os medios técnicos2 cedidos pola organización.
O emprego destes equipos estará suxeito a uns horarios compartidos ós que os grupos participantes
deberán amoldarse.

7. Intendencia

Comida e durmida

A intendencia será levada a cargo da organización, poñendo a disposición dos participantes a tradicional
Escola, habilitada a modo de albergue para durmir durante os días que se precisen.
Tódolos grupos disporán tamén dunha comida ó día, que se realizará dentro dos horarios establecidos na
mesma escola, habilitada para elo.
A organización terá unha oficina de produción para a resolución de dúbidas e consultas os días que dure
o Certame, así como persoal de produción para axudar e resolver cuestións das rodaxes.

8. Premios xurado

3000 €

O sábado 4 de agosto celebrarase a gala de entrega de premios do Festival ON Off.
Tódolas curtametraxes creadas poderanse visionar durante esta gala, e o finalizar terá lugar a
deliberación do xurado e a entrega de premios.
Establécese un único premio do xurado de 3000 € á Mellor Curtametraxe A Toda Mecha – Curtas
Expréss. A organización designará un xurado, formado por profesionais do sector que serán os
encargados de nomear á mellor peza audiovisual do Festival On Off.
O fallo do xurado será inapelable.

9. Participación

Ficha de inscrición + guión

Para poder participar os aspirantes deberán facilitar a seguinte información:

Ficha de inscripción
Guión previo da curtametraxe (non debe superar os 5 minutos de duración)
1 Documentos anexos: centro de produción
2 Documentos anexos: material técnico
10. Envíos e información
Direcións de contacto

Toda a información para aseleción deberá remitirse á seguinte direción:
Por correo postal:
Mr Misto Films
ON & OFF 3_ A TODA MECHA, CURTAS EXPRES
Avd Alcalde Electo Carballo
25 A_15189_ Culleredo
A Coruña (Galicia - Spain)

Por correo electrónico:
ASUNTO: A TODA MECHA, CURTAS EXPRES
Cont: info@mrmisto.com – producion@mrmisto.com
Para calquer información ou aclaración
Teléfonos de contacto:
+0034 981 667 665
+0034 986 189 496

11. Normas de participación

A produción das curtametraxes recaerá en todo caso nos grupos participantes.
Os directores e guionistas das obras selecionadas autorizan á organización o emprego de imaxes
gravadas para a súa explotación en calquera canle de distribución e exhibición.
A organización levará os gastos que ocasionen estas explotacións e a súa posterior distribución.
Tódolos participantes polo feito de selo aceptan estas bases así como a resolución da organización de
calquera problema non recollido nestas bases.

O que estea interesado en inscribirse que me avise que lle mando o pdf onde ven o anexo coa ficha de inscrición, ou que o busque na páxina de Mr. Misto Films.

Aquí vos queda unha creación do ano pasado.

Saúde.

Mighelinho

servido por Pontevedra 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

bertito

bertito dijo

interesante la iniciativa de ribadeo, pero el video q nos enseñas, miguelinho, es, como decirlo suavemente, una mierda!!lo mejor la banda sonora no original que usan estos fenomenos.espero q no hayan recibido ningun premio por "eso" que han hecho, porq sino....

9 Julio 2007 | 04:47 PM

Rama

Rama dijo

Estamos orgullosos da merda que fixemos o ano pasado en hora e media; e non, gañar non gañamos nada, pero... e o ben que o pasamos?
Este ano, máis, e esperemos que con mellores resultados, que eses 3000€ cundían.
Graciñas por colgarnos no teu blog, e axudar a difundir a nosa "arte"...

10 Julio 2007 | 09:09 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera