Delito contra a coroa
A revista El Jueves de esta semana será retirada dos quioscos por delito contra a corona. O xuiz del Olmo, ordeou que se prohibira a difusión da revista e tamén que fosen destruidos os moldes para evitar que se volvera a imprimir. Esta medida, non é moi habitual, pero está recoñecida na Constitución, que prohibe a censura previa, pero permite que unha vez saian á venta, se poidan "secuestrar" as publicacións.
O debuxante dixo que non o fixera con mala intención e que o xuiz se pasara con esta decisión. Tamén se garda as espaldas afirmando que en ningures se fai ningunha referencia ós principes, que non son eles! porque a Constitución contempla penas de ata dous anos de prisión por este tipo de delitos.
A min personalmente a portada pareceme de mal gusto, pero non me parece moi distinto a outro tipo de caricaturas que poden sair doutros personaxes na portada desta revista. Este tipo de humor, resultame un tanto excesivo, pero non me gusta o feito de que sexa retirada. De novo se abre o debate sobre onde están os límites da liberdade de expresión e como se debe lexislar e actuar ante posibles violacións da Constitución neste aspecto.
Menuda promoción para a revista! Desde esta mañá que saiu a nova ainda non se retirou dos quioscos, así que supoño que se venderán todas antes de que se poidan retirar. A páxina web recibirá tropecientas visitas, a revista chegará a xente que nunca a lera e que ó mellor a volve a comprar...
Como a miña conexión a internet non permite florituras e como non queron que nos secuestren o blog (que por certo xa cumpriu un ano de vida), deixo o enlace en vez de colgar a portada.
Polémica a parte, creo que xa sei como vai comezar a clase de Dereito do ano que ven! Esta portadaxoga contres temas que adora o profesor: censura, injurias e monarquía!


ana dijo
Prometo que cando colguei a entrada non había ainda nada colgado! Foi simultaneo pero o meu chegou despois!
20 Julio 2007 | 07:15 PM