aniversario comunal
O 30 de xunio de 2006 botaba a andar este blog co seu primeiro artigo , que dicía algo así:
"Pontevedra is different
Pois iso, que... CLARO QUE SI, que Pontevedra é diferente, e que vos desexo o mellor a todos!!!!!!! "
...e eu digo; claro que Pontevedra é diferente, ou polo menos a xente que alí coñecín, que fixeron deses case catro anos, os, de momento, mellores da miña vida.
Facer un resume ou unha entrada-homenaxe a todo un ano deste blog é, ademáis dunha responsabilidade maiúscula, unha labor sumamente complicada.
Comezamos coma "Blog de unos rojos de mierda que quieren mantener la camaradería que construyeron a lo largo de unos cuantos años y que se niegan a perderla." e penso que, na maior parte dos momentos, mantivemos eses principios.
Falamos, opinamos, comentamos, rimos e incluso desbarramos de practicamente todos os temas dos que un grupo de amigos poden facelo. Sempre desde o espírito da Comuna, pero cada un co seu estilo particular.
Crisol de aparicións e desaparicións fugaces,intervencións estelares , comentarios máis ou menos afortunados, discusións apaixonadas ou triviales , ocio e negocio , momentos bos e menos bos , propios e estraños ... iso todo, e moito máis, foi a Comuna no seu primeiro ano e desexo que así siga nos que lle quedan de vida.
Non ten moito sentido que eu faga unha clasificación das miñas entradas favoritas, nin sequera facer un ranking entre todos, posto que todos os artigos, sen excepción , son indispensables pra entenderes esta comuna e a xente que a integra.
Con este artigo non pretendo sintetizar o que este primeiro ano se viviu aquí, porque entre outras cousas sei que non sería capaz, pero invítovos a que revisedes as entradas pasadas, canto máis anteriores mellor, e que, coma min, vos embargue a melancolía do que nos ocorría naquelas datas. Din que estar mirando ó pasado continuamente non é a solución a nada, pero unha ollada atrás de vez en cando faise inevitable...
Non sei se somos diferentes ós demais ou iguais a todos, só sei que somos NÓS , e iso xa é moito. Agora sí, máis Fillos da Comuna que nunca.
Un abrazo des-comunal,
marquinhos




aninha dijo
Eu tamén pensara en escribir algo fai uns días porque quería dicir que cumpliramos o obxectivo de seguir sendo unha comuna e manter a relación a pesar de atoparnos espallados.
Ainda que nos queixamos de que ás veces non escribimos moito, creo que lle temos que poñer un contador de visitas á comuna, para comprobar como as visitas seguen sendo constantes. Polo menos no meu caso, sempre que me conecto é unha das cousas que miro, ainda que non comente ou non escriba, pode haber días que entre máis de tres ou catro veces.
Bueno... Felicidades a todos!
21 Julio 2007 | 09:06 PM