La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

25 Julio 2007

Noite máxica santiaguesa

A modo de noite máxica, noite do 23 de xullo, previa o gran día da nosa querida Galiza, visitei Santiago para, ou coa escusa de, ver o espectáculo pirotécnico e/ou audiovisual de diante da Catedral. Dicir que chegamos un pouco tarde, simplemente porque non puidemos saír antes da Vila doc Viaductos. Polo tanto, non puidemos acceder a praza, pero sí, puidemos mirar o espectáculo de xeito, máis o menos decente, e a esencia sí que a observamos.

Despois, demos unha voltiña, ceamos un par de bocatas de "xamón serrano" tomamos un xelado e tomamos tamén a primeira copa da noite. Despois o grupo fomos hasta a festa a dar unha volta que se prolongou bastante polo campo da festa e entre a distintas tómbolas. Un dos meus amigos, despois de case perderse, sacou un peluche en forma de lúa. Non sei se lúa Meiga ou non, pero adiantaba unha boa noite.

O grupo, disolveuse e só quedamos dúas persoas con ganas de festa. A verdade é que hai cousas que non me explico, como se pode ir a Santiago, por unha vez, en varios anos, e volverse para a casa sen tomar unha copa... En fin, os que quedamos, tiñamos gañas de a lo menos palpala noite santiaguesa, nun día tan especial como esa madrugada do 23 o 24. Noite sen dúbida máxica, nunha cidade de por si, máxica.

Camiñando pola rúas de Santiago pódense encontrar esas pegadas da cidade medieval, ese Alonso de Fonseca, enfrontado co mítico, Pedro Alvárez de Soutomaior, Pedro Madruga, todo isto polos temos da revolta irmandiña. Pois por esta cidade é por onde as rúas desprende historia, unha historia moi viva
e que en gran medida, serve para catapultar Galiza cara o futuro e a modernidade.

Bueno, a todo isto, e a pesares de que o noso descoñecemento impedíanos saber a onde nos tiñamos que dirixir, en búsqueda dun local axeitado para tomar un "cubata". É a verdade, é que no segundo intento atopamos un pub, bautizado como Capitolio, que era precisamente o que buscabamos... Un bo ambiente, unha música axeitada e moitas, pero moitas mulleres ó redor.

Ante este magnífica elección ou encontro, dicir que o final caiu máis dunha copa, iso sí, non foi máis alá, porque a responsabilidade tamén ocupaba. A hora de regreso a vila dos viaductos foi arredor das 6 da maña, e as 10 en pranta para ir a atender o público, pero, tranquilos que a moderación propiciou que me levantara en perfecto estado. Iso si, agora teño un sono importante e son as sete da tarde.

Bueno, deixo algunha foto, se ben hai que salientar que non son nada do outro mundo, e sen dúbida son moi inferiores a esa noite máxica que se vive na cidade "das pedra" cada noite especial do 23 ó 24.

P.D. Incrible este vídeo.

servido por Pontevedra 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

Tan moderada non debeu ser cando do confundes a noite dos fogos e a pasas do 23 ao 24, jeje.

Un saúdo.

26 Julio 2007 | 12:31 AM

marquinhos

marquinhos dijo

vexo que non tiraches nin unha triste fichiña...

27 Julio 2007 | 04:00 AM

^Marta B^

^Marta B^ dijo

Ostia, esa da foto non é María Cao?? Mira que facía tempo que non a vía. Está moi guapa.
Dádelle asúdos a esa tola de parte de Marta!!! Xa rematou a carreira?
Se pode ser que me deixe o e-mail por aquí para que lle poida escribir.
Biquiños*

29 Julio 2007 | 07:51 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera