Irán: déjà vu
Xa sei que estades fartos de oir, ver e ler do tema: que se tensión entre líderes políticos, probas militares ou nucleares, ameazas de invasión, etc., e aínda que non quero ser pesimista, cada vez a situación é máis tensa e ten pinta de acabares mal.
Onte á noite vin en Noticias 24h -a eso das tres da madrugada- unhas declaracións que facía George W. Bush nunha reunión anual de antigos combatentes en Reno.
Naquel momento, parecéronseme moito, en fondo e forma, a unhas que el mesmo fixera había xa uns anos -aló polo 2003- e foran anticipo dunha guerra ilegal -como todas, aínda que eu chamaríalle invasión- baseada nunhas armas de destrucción masiva que finalmente non apareceron.
Naquel momento tampouco lle fixen moito caso. Non eran horas e non pensei que volverían cometer o mesmo erro que daquela.
Hoxe, sen embargo, vin en menéame unha ligazón ó artigo de El País que se facía eco destas declaracións e, case de forma automática, empecei a relacionar estas declaracións do presidente dos EE.UU. co que dixera Nicolas Sarkozy o día anterior "ou a bomba iraní ou o bombardeo a Irán" -este, na teoría, era o promotor de achegar posturas entre Europa e o mundo árabe pra evitar futuros enfrontamentos.
Efectivamente, Irán está a gozar dun grande desenvolvemento en materia nuclear, e non só con fins enerxéticos como defendía nun primeiro momento, pero, igual que no caso de Iraq, que dereito ten o goberno dos Estados Unidos ou o de Francia, por exemplo, a invadir ese país?valería coa aprobación no Consello de Seguridade das Nacións Unidas -aprobación que non recibiu a de Irak?por que optan sempre pola invasión?que beneficio económico en forma de recurso natural -petróleo no caso de Iraq- sacaría o invasor neste caso?
Como vedes xórdennos centos de preguntas. Todas moi semellantes as de hai uns anos. Dame a sensación de que se vai repetir o que se viviu en Iraq - xa o vaticinaron algúns expertos hai uns meses-, a pesares das críticas que recibiu no seu momento e os efectos que tivo posteriormente, pero semella que son poucos os que se dan conta de que esta escalada só conduce á guerra. Do que estou case seguro é de que o goberno de España non reaccionará coma da outra vez- non demostrarían moita intelixencia nin ética.
Agardo, aínda que con pouca esperanza, que chegado o momento, alguén propoña o desarme pacífico e este se leve a cabo.
marquinhos


bertito dijo
lo que esperas, markinhos, no creo que se llegue a producir, como pasa siempre, ninguno va a dar la mano a torcer; de todas formas, a mi no me parece mal que iran tenga armas nucleares, porque, acaso usa y francia no las tiene?con que derecho le exigen que no las produzcan cuando ellos ya las tiene?es de locos...en fin...lo de siempre.
30 Agosto 2007 | 02:25 PM